Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A casa Cornide, situada na zona vella da cidade da Coruña, deberá abrir as suas portas catro dias o mes tras ser declarada, este xoves no consello da Xunta, Ben de Interese Cultural. O inmoble pasou a mans privadas dos Franco hai sesenta anos tras ser adquirida nunha subasta moi cuestionada polos historiadores.

Antes de que remate este ano, a Xunta agarda ter xa as competencias sobre o litoral. O anteproxecto de lei inicia agora o seu trámite parlamentario. Os socialistas adiantan que a van apoiar.
O paro subiu no primeiro trimestre, pero menos que do que o fixo en anos anteriores.
E, un roubo chamativo, o dos catro motores da narcolancha que fora abandonada en Muxía en marzo.

O tempo. Perdemos a influencia do anticiclón e prevense chuvias na provincia da Coruña

Aprobado no Consello da Xunta o proxecto da lei do litoral. Agora deberá ser tramitado no parlamento. Dende a Xunta cren que podería estar en vigor este mesmo ano.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, pide ó goberno galego que non non busque a confrontación co goberno do Estado e que aborde as competencias sobre o litoral como un asunto de país con altura de miras. Ademais, cualificou como unha barbaridade que o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, circulara cun coche oficial a 215 quilómetros por hora na autovía A-52.

Uns feitos sobre os que tamén se pronunciaron o resto dos principais partidos. Todo nunha xornada na que o paro subiu en Galicia un 2'8 por cento no primeiro trimestre do ano

A taxa de paro galega queda algo por baixo do 11 por cento segundo os datos da enquisa de poboación activa do primeiro trimestre. Iso malia que nestes primeiros meses do ano se produciu un aumento do 2,8%. Un dato menor que o do conxunto do estado pra un periodo no que o habitual é que medren os parados. COmisións e UGT insisten en que os datos amosan as bondades da reforma laboral, pola vía da redución da temporalidade, pero a CIG segue vendo sinais de que a precariedade segue aí, baixo novas formas

- O consello da Xunta aprobou hoxe o anteproxecto de lei de ordenación do litoral.

Segundo o xefe do executivo autonómico, a norma, á que se opón o Goberno Central, pretende reforzar a seguridade xurídica na costa.

- Os socialistas anuncia o seu apoio se no trámite parlamentario se corrixen algunhas eivas.

O secretario xeral, Valentín González Formoso, pídelle a Xunta que non use este tema pra confrontr co goberno central.

- Adolfo Domínguez sae dos números vermellos

Despois de reducir en 51 as tendas da cadea, consegue pechar en positivo o exercizo fiscal, cun beneficio case simbólico, de 200 mil euros.

- Preocupación entre as familias de Salceda de Caselas ante a falta de pediatras.

Cunha poboación de 1.500 nenos só hai unha facultativa que está de baixa e a substituta foi contratada pra media xornada

Desconvocada a folga de autobuses...patronal e sindicatos desbloquearon a negociación e avanzaron nos incrementos salarias, aínda que, de momento, mantense a convocatoria de folga indefinida a partir do 8 de maio.
Manuel Baltar enfrontase a un posible contra a seguridade vial. O caso polo exceso de velocidade, polo que, de momento, ten unha sanción administrativa, está agora no xulgado de Puebla de Sanabria. El só dixo a través dunha nota que lamenta o sucedido.

O tempo.
Hoxe o ceo estará máis despexado e as temperaturas máximas soben. No sur pasarán dos 25 graos; en Ourense xa rondarán os 30.

Despois de oito horas de reunión, sindicatos e patronal do tranporte de viaxeiros conseguiron achegar posturas e quedou desconvocada a folga prevista para mañá e pasado. Hai acordo pra subir os soldos dos condutores de autobús en 2021 e 2022. Seguirán negociando o 2 de maio.

Polo demais, o PP evita por agora tomar medidas contra o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, interceptado a máis de 200 por hora na A-52.

Conducía a 215 kilómetros por hora por unha autoestrada en dirección Madrid. O presidente da deputación e o PP Ourensán, Manuel Baltar, enfróntase a un xuizo por un delito contra a seguridade vial, e a oposición é unánime: debe dimitir ou ser cesado. Pola gravidade da súa actuación, o mal exemplo que representa pros cidadáns, e polo incumprimento do código ético da súa formación. Cuestionan ademáis o uso do coche oficial cando na súa axenda non constaban actos oficiais na seguinte xornada.

Segundo día de busca do mariñeiro, residente en Arteixo, que desapareceu este martes no mar ao caer mentres faenaba do barco galego Novo Xoel, con base en Camariñas. O suceso ocorreu en Cantabria, a cinco millas do lugar de San vicente de la Barquera.

Nuns minutos ampliamos este asunto. Antes repasamos outros titulares da provincia, con Pablo Montero

SINTONÍA TITULARES

- .. Sen acordo entre as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar e a concesionaria SERVISAR . A empresa segue negándose a retirar a súa proposta de cambio de condicións laborais. E as traballadoras ameazan con ir á folga pra primeiros de maio se a empresa non muda a sua postura.

- . A CNT demanda ao concello de Muros por douscentos mil euros porque di que
é a débeda acumulada polas horas extraordinarias do servizo de emerxencias do concello nos tres anos anteriores ao 2023.


- . Comisións obreiras asina o preacordo do convenio do comercio vario da provincia da Coruña, que regula as condicións laborais de máis de 20 mil persoas. Entre outras cousas supón un aumento de salario do 11, 5 por cento e a incorporación do sector moble.