Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A folga de médicos en Galicia está a piques de cumprir unha semana. Dende o sindicato convocante CESM aseguran que están dispostos a seguir mentres non se acabe cunhas condicións de traballo precarias que repercuten tamén na atención ós pacientes. Hoxe domingo repítese a estampa do sábado, cuns servizos mínimos que chegan para cubrir, na práctica, case a totalidade das gardas.

Polo demais, ambiente pre-electoral, co presidente da Xunta en México, a portavoz do BNG en Suíza e o PSdeG na convención do Partido Socialista en Valencia.
 

Centos de percebeiros pediron esta mañá ás portas da Xunta en Santiago respecto pros chamados "santuarios" do percebe, fronte á extracción da mexilla. Unha concentración que ten lugar só días despois de que outra protesta, neste caso dos bateeiros, acabase con carga policial.

Desta volta houbo tranquilidade. A mesma que esta mañá atopamos nos centros sanitarios, malia a folga de médicos. Segundo CESM, o sindicato convocante, as gardas estaban cubertas ó cento por cento.

Xa sobre a nova lei de Vivenda, a Xunta vén de solicitar ó Goberno unha conferencia sectorial con tódalas autonomías para abordar o contido do proxeto de lei.

Acabamos de saber ademais que un home morreu esta mañá mentres cortaba leña en Chandrexa de Queixa, en Ourense. As forzas de seguridade traballan para aclarar o sucedido.
 

Nesta cuarta xornada da folga indefinida de médicos, os médicos trasladaron a súa protesta ás portas do hospital da Coruña. Alí mostraron o seu malestar polas declaracións do conselleiro de Sanidade, que se negaa negociar fóra da mesa sectorial. No eido laboral, os sindicatos e a dirección do centro hospitalario Povisa en Vigo chegaron a un acordo pra un novo convenio, mentres que o comité de empresa de Hiperxel en Pontevedra ameaza cunha folga o vindeiro martes, se non se soluciona a situación dos 200 traballadores da empresa.
 

O sergas rebaixa hoxe ó 13 por cento o seguemento da folga de médicos. Unha porcentaxe que o sindicato convocante eleva a máis do 60 por cento. Dun xeito ou outro, o caso é que nos tres primeiros días a folga xa obrigou a suspender 700 cirurxías e varios milleiros de consultas médicas.
Sanidade insiste en que os acordos se deben tomar na mesa sectorial na que o CESM non está representado, pero aclara que se incorporaron propostas deste sindicato. Os médicos sinalan que non acertarán acordons que eles non negocien.

A Coruña persoarase como "parte demandada" contra o recurso presentado po Juntos Granada pra que o Goberno repita o proceso polo que ecidiu a cidade herculina como sede da AESIA.


O Concello da Coruña investigará ás concesionarias do servizo de Limpeza pra determinar se a folga do 2022 se debeu a un pacto entre as empresas e o Sindicato de Traballadores STL.

En liberdade con cargosOs dous mexilloeiros detidos este xoves nas portestas dos bateeiros as portas da Xunta. Están acusados de atentado contra a autoridade e altercados públicos.

Navantia decide hoxe en Madrid cos traballadores se se prorroga o convenio actula ou se pola contra se actualiza.

A crise pola escaseza de mexilla acaba cunha carga policial tras unha protesta dos mexilloneiros en Santiago. A consellaría chama ó diálogo, pero de momento, o sector só veu como desde esta semana tiña menos espazo para traballar.
A outra nova destacada das últimas horas é o principio de acordo para a venda de Nueva Pescanova a unha empresa de Canadaa.
E, en Vilalba, os bombeiros aínda arrefrían unha nave de reciclaxe que ardeu por completo. Iso sí evitaron que o lume se estendese a outras instalacións

O tempo. Hoxe Galicia quedará na influencia das baixas presións situadas ao norte da Comunidade. Teremos o ceo cuberto pero con temperaturas algo máis altas, sobre todo as mínimas.
 

Centos de bateeiros concentráronse hoxe fronte ás instalacións da Xunta en San Caetano en Santiago . Unha concentración que rematou con cargas policiais, dous detidos en liberdade con cargos, e varios feridos, entre manifestantes e axentes. Todo nunha xornada na que os médicos continuaron coa súa folga. Segundo a Xunta, o seguimento foi dun 15%, pero o sindicato convocante, a CESM, asegura que foi dun 62%.

Detencións e varios feridos, un deles hospitalizado, durante unha manifestación dos bateerios ás portas da sede da Xunta en Santiago.
A decisión da consellaría do Mar de pechar varias zonas nas que ata agora tiñan permiso pra recoller mexilla encendeu máis os ánimos e uniu a un sector ata agora dividio.

Na concentración participaron varios centos de productores de mexillón que pediron a dimisión da conselleira do Mar, Rosa Quintana.
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, apoia a petición e pidelle ó presidente que se poña á fronte do conflicto.