Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Tras máis de dous meses de folga os trablaadores de Lidl en Narón, presonaranse contra a denuncia interposta pola empresa, que acusa ao comité de negarse a regularizar o convenio.

Hoxe tentarán mediar as nove e media SMAC de Ferrol.
 

Dúas protestas chaman hoxe a nosa atención...a dos productores de carne de vacún en Lugo, que prolongan a presenza na cidade pra esixir prezos que lles cubran gastos; e a dos médicos...a folga indefinida entra no seu noveno día, pero Sanidade buscará hoxe un acordo co sindicato convocante que permita a desconvocatoria.
Este mércores o nome propio é o de don Juan Carlos que volve a Sanxenxo: está previsto que chegue a Vigo ó mediodía, aínda que a diferencia do ano pasado a visita lévase con moito máis secretismo.
E un aviso de tráfico no Salnés.
Pechada, na estrada autonómica PO-300, a ponte de Pontearnelas en Vilanova de Arousa por problemas estruturais.

O tempo: Mantense a influencia do anticiclón e hoxe repuntas as máximas, aínda que á noite van aparecer néboas costeiras.

Os gandeiros que producen as mellores carnes de Galicia, os de Suprema e Ecolóxica iniciaron hoxe en Lugo unha protesta para que lles paguen máis polo kilo en canal. Mesmo esta tarde mantiveron cortada por varios puntos a ronda da MUralla e xa anuncian que mañá volven.

Outro dos asuntos do día foi a resolución do Consello de Ministros para poñer no mercado o parque de vivendas da Sareb e cedalas ás comunidades e concellos. En Galicia son 1.285.

A folga dos médicos cumpre unha semana. O sindicato convocante agarda que na reunión de mañá co SERGAS poidan acadar uns acordos mínimos para desconvocar temporalmente a folga.

A conselleira de infraestructuras pidelle ó Goberno que revise os acordos coa concesionaria da AP-9. Ethel Vázquez considera que os acordos acadados nos últimos anos supuxeron un incremento extraordinario e desmesurado das peaxes.

Os bombeiros forestais critican que co risco actual de incendios a Xunta os teña na casa. Na loita contra o lume din que é imprescindible o labor de prevención.

No porto de Vigo continúa o operativo pra sacar da auga o cadaver dunha balea azul. Tratase dun ejemplar xuvenil duns 10 metros de longo que apareceu flotando na ría.


O tempo. Outro día seco e cálido.

Óscar García Lema, o veciño de Teo de 62 anos que desapareceu o pasado 29 de marzo, podería ser o home cuxo cadáver apareceu aboiando ás marxes do Ulla, a pasada tarde.

A policía investiga as causas, mentres se agarda a confirmación da autopsia, pra determinar a identidade do falecido.
 

Hoxe hai previstas novas concentracións ante distintos hospitais no marco da pola que desde hai unha semana manteñen os medicos, convocada polo sindicato CESM. O SERGAS citounos a unha reunión que se celebrará mañá.

Estmos pendentes dos resultados da autopsia realizada ó corpo atopado onte no Ulla. A principal hipótese é que e trata de Óscar García Lema desaparecido en Teo.

Un aviso de tráfico: desde agora ás oito ata o 30 de xuño, a autovía A-55, en Tui, vai quedar cun único carril en cada sentido. O motivo o corte da calzada, por obras nun noiro, en dirección Portugal. A circulación vaise desviar por un dos carris que van en sentido Vigo.

Deportes. O Celta perde en Balaídos e desperdicia unha oportunidde para achegarse ós postos europeos


Albíscase unha solución para a folga de médicos. O Sergas convocou os representantes en Galicia do CESM para a tarde do mércores. Os facultativos, que hoxe seguiron en folga, din que non teñen moita esperanza neste encontro e mesmo non saben cal vai ser a axenda desa reunión.

E os que empezaron hoxe unha quenda de paros son os funcionarios de xustiza. Tamén son de carácter indefinido e os realizan entre as 10 e a unha pero nesta xornada o seguimento non foi moi alto.
 

Tamén paros parciais dos funcionarios de Xustiza. Reclaman unha suba salarial e unha redefinición das súas funcións. Esta mañá fixeron concentracións diante dos edificios xudiciais.

Detidas sete persoas, cinco en Ourense e dúas en Madrid, acusadas de trata e explotación sexual de mulleres. Captábanas baixo engano en Colombia e Venezuela. A actuación policial logrou a liberación de cinco mulleres.

Nova xornada de atrasos nos trens do Eixo Atlántico. O primeiro tren Vigo- Coruña saíu 50 minutos tarde por unha avaría. Os viaxeiros denuncian que levan meses sufrindo incendencias deste tipo.

A CIG pide a retirada do anteproxecto de lei de Aprendizaxe ao Longo da Vida Adulta. Denuncia que supón da desaparición das clases presenciais o que suporá un rebaixa-la calidade deste ensino e a perda de postos de traballo.

Temos tempo de verán... hoxe en comarcas de Ourense xa se poden rebasar os 30 graos.

O Goberno de Santiago actualiza hoxe a licitación do servizo de transporte urbano. 58 autobuses serán actualizados, tras varios anos de avellentamento. Tamén se extreará un servizo rural.

A Deputación deu luz verde ao proxecto pra renovación da casa da xuventude de Santiago, un proxecto polemico pra oposición que pide o seu derrubamento.

 En Melide os páis e náis dos alumnos do centro Martagona esixenlle a Xunta fondos pra instalar unha cuberta no patio do colexio. Agora os alumnos pasan o inverno pechados nas aulas.

Tras unha fin de seman de práctica normalidade, a folga de médicos volverá hoxe a provocar a suspensión de citas medicas. Hoxe séptimo dí de folga e concentracións ante os hospitais.

Outr protesta afecta de novo á administración de xustiza: os funcionarios van realizar hoxe un paro de catro horas....o mércores teñen previsto parar toda a xornada.

Deportes. O Celta pecha hoxe a xornada en primeira. Recibe ás nove en Balaídos ó Mallorca