Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

As traballadoras do servizo de Axuda no Fogar de Carballo esixenlle a empresa adxudicataria FEPAS soldos dignos.

Esta mañá manifestaranse pola da vila pra exixir subas acorde ao IPC.

Os traballadores de Lacera no Hospital Abente y Lago suspenden a folga logo de que a empresa confirmase que se reunirá con eles o 20 de abril.

Mañá de Pleno na Coruña. Os Grupos politicos insisten en pedir explicacións ao Concello sobre o STL, mentres Inés Rey reafirma que o seu goberno fixo as cousas ben.

A UTE formada polas empresas, Endesa e Ferrovial, serán as encargadas do servizo de mantemento e suministro do alumeado das rúas de Santiago.

Aprazadas 400 operacións cirúrxicas nos dous primeiros días da folga de médicos convocada pola delegación galega do sindicato CESM. O paro está tendo o seu maior segumento nos hospitais, sobre todo nos de Ourense e Vigo.
Novidades no accidente de Xove no que morreron catro xoves. O conductor, que segue hospitalizado, deu positivo en alcol. O outro ocupante que sobreviveu ó sinistro está a ser investigado por un presunto delicto de omisión de socorro.

O tempo. Hoxe aínda persistirá certa inestabilidade atmosférica con algúns chuvascos máis probables ó norte e temperaturas baixas.
 

Neste segundo día de folga na sanidade pública, continúan as diferenzas entre as cifras de seguimento que calcula a Confederación Española de Sindicatos Médicos e as que calcula o SERGAS. Ademais, malia que Sanidade asegura que moitas das reivindicacións da CESM están acordadas na mesa sectorial, o sindicato nega que isto sexa así nunha xornada na que se confirmou que o conductor implicado no accidente de Xove deu positivo en alcol e na que os traballadores do servizo de limpeza do Hospital Abente y Lago da Coruña suspenderon temporalmente a súa folga polo despedimento de 5 compañeiras. A vindeira semana reuniranse coa empresa concesionaria pra tentar chegar a un acordo.

Segue roto o diálogo entre o SERGAS e os médicos que manteñen unha folga indefinida en Galicia. É é que a consellaría sinala que a protesta non ten xustificación porque a maior parte das demandas xa están en vías de solución. O caso é que a folga continúa e, segundo o sindicato convocante (a Xunta non actualizou os datos) o seguemento é hoxe maior.
Na primeira xornada xa se supenderon máis de 4 mil actos médicos entre cirurxías, probas e consultas...
Hoxe tamén hai protestas en atención primaria e no clínico de Santiago.

O portavoz das vítimas, Jesús Domínguez, pediu que non se volva desconectar pra evitar unha traxedia semellante no futuro.

Nuns minutos ampliamos este asunto. Antes repasamos outros titulares da provincia, con Alejandra López.

O pai da ministra de Traballo, Suso Díaz, pecha a lista de Podemos, Esquerda Unida e Alianza Verde na Coruña.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, instará maña aos grupos a aprobar a modificación de crédito de 11 millóns de euros, do que dependen varios proxectos na cidade.

A Unidade de Paliativos do Hospital de Oza está a recibir pacientes de medicina interna. O Sindicato CIG denuncia a falta de capacidade e a carga de traballo.

Máis de 4 mil actos médicos, entre cirurxias, probas ou consultas, suspendéronse en Galicia na primeira xornada da folga de médicos, aínda que sanidade rebaixa o seguemento do paro a menos do 15 por cento. A folga continúa e hoxe hai protestas tamén na atención primaria e dos internistas da área sanitaria de Santiago.
No conflicto da mexilla, tóda-las asociacions de productores abandonan a mesa de diálogo coa consellaría.

O tempo.Hoxe quedamos baixo a influencia dunha fronte fría asociada a unha borrasca.

Este martes Galicia estivo chea de folgas e concentracións. Por unha banda, a folga indefinida na sanidade pública. Segundo a Confederación Estatal de Sindicatos Médicos, preto do 60% dos facultativos secundaron esta primeira xornada. Porén, o Sergas asegurou nun comunicado que a folga está a ter un seguimento global do 14%. Todo isto nun martes no que tamén comezou a folga indefinida dos traballadores do servizo de limpeza do Hospital Abente y Lago da Coruña e no que se reanudou o xuízo do Alvia coa declaración de oito feridos e familiares de falecidos.
 

O sindicato CESM cuantifica entre un 70 e un 80 por cento o segumento da folga de médicos convocada na sanidade pública. Aseguran que o paro obrigou a pospoñer varias intervencións cirúrxica. cadrando co primeiro día de folga, que ten carácter indefinido, realizaron concentracións ante os hospitais de Vigo, Ourense e Lugo.
Aseguran que o deterioro da sanidade pública chegou a un nivel inasumble con consecuencias tanto para os profesionais como para os pacientes.

Pablo Picasso viviu na Coruña entre os nove e os trece anos, unha etapa clave no seu desenvolvemento persoal e artístico. Foron catro anos, antes de marchar a Barcelona.