Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O PIB galego quedou o ano pasado por debaixo da española. O Foro Económico de Galicia alerta de que se agranda a fenda que nos separa do conxunto do Estado.

Baixa o consumo de productos elaborados do mar. Como consecuencia a patronal da conserva, que hoxe fixo balance da actividade en 2022, prevé tamén unha caída do emprego.

Arbitraria e caprichosa. Así cualifica o presidente andaluz, a designación da Coruña como sede da Axencia española de intelixencia arfificial. O popular Moreno Bonilla anuncia que o vindeiro martes aprobarán un acordo no que instarán ó goberno español a convocar un novo proceso.

A Garda Civil investiga a veciño de Lugo, de 78 anos, como suposto autor do incendio forestal de Baleira. Acúsao de imprudencia grave ó realizar unha queima sen autorización e eleva a 1.650 hectáreas a superficie afectada.

O tempo. Baixaron as temperaturas... chuvias non moi significativas e limitadas á vertente atlántica.

Los incendios no dan tregua en el norte de España. Los que más preocupan a esta hora son los de Asturias. Hay 116 focos activos en 35 concejos, la mayoría de ellos son provocados, y las llamas han llegado hasta Oviedo, la capital de la comunidad. A esta hora sigue cortada la autovía del cantábrico, la A-8, también varias carreteras secundarias. Hay 170 desalojados de sus casas.

FOTO: Vista al amanecer del incendio en el monte Naranco de Oviedo. EFE/J. L. Cereijido

Se teñen que coller hoxe un autobús teñan en conta que hai convocadas dúas folgas: no transporte de viaxeiros por estrada en toda Galicia e nos urbanos de Vigo. Nos dous casos polas diferencias entre os empresarios e os sindicatos na negociación dos convenios colectivos. O transporte escolar está cuberto polos servizos mínimos.

Sobre os incendios... nestes momentos non hai ningún activo, aínda que os servizos de extinción se manteñan atentos por se o vento reaviva algún. Nestes días arderon 1.700 hactáreas en media cucia de lumes

Medio Rural sinala a unha neglixencia durante unha queima agrícola como a orixe do incendio que dende o martes arrasou 1.400 hectáreas en Baleira, Lugo. Lume que arestora dan por estabilizado, ainda que a Cionselléria está pendente por se reavivan as lapas ante a alerta amarela por ventos.

Mentres arde o monte a asociación profesional de bombeiros forestais esixe a estabilización de máis do 50% de forestáis que traballan con contratos temporáis.

Nova protesta dos internistas do hospital do Barbanza: só están cubertos 5 das novas prazas previstas. Como medida provisional, a xerencia ordenou trasladar a Santiago aos doentes que non poidan ser atendidos no hospital de Ribeira.

O PP do Salnés apoia as reivindicacións dos bateeiros fronte á consellaría do mar. Nun acto celebrado en Vilanova pediron a retirada do decreto que parcela os espazos pra extracción de mexilla e percebe.

Unha exposición en Santiago pretende chamar a atención sobre a falta dunha vivenda. Dende a Rede Galega contra a pobreza interpelan ás administracións públicas e os partidos políticos para que poñan este grave problema como prioridade na axenda pública.

O debuxante Miguel Anxo Prado deixa a dirección do Salón de Cómic pola falta de apoio institucional. Considera que o orzamento que o concello destina a este evento, conxelado desde hai anos, é insuficiente para seguir mantendo un certame diferenciado.

O tempo. Cambia o tempo.... primeiro vento e contra a noite chegarán as chuvias e van baixar as temperaturas.

Galicia tampouco se salva dos incendios. Nas últimas horas declaráronse 6, só dous continúan activos o de Alfoz e o máis importante, o de Baleira que xa estendeu á Fonsabrada e a Ribeira de Piquín.

O vento complica os labores de extinción. Onte á tarde impediu que actuasen os medios aéreos. O lume ameazou varias aldeas e algúns veciños tiveron que deixar as súas casas.

Agárdase que a chuvia que se anuncia permita o control este incendio que xa leva queimadas 700 hectáraeas, o máis grande no que levamos de ano en Galicia

O Consello Galego de Colexios Médicos impugnará nos tribunais o plan XIDE. O sistema que deixa en mans dos administrativos o tipo de atención que deben recibir os pacientes cando solicitan unha cita.

Os facultativos xa denunciaran hai meses que este sistema, implantado xa en moitos centros de saúde, non resolve os problemas de saturación da atención primaria e que supón un risco pra doentes e persoal non sanitario.