Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Mañá constitúense as novas corporacións municipais, excepto as dunha ducia de concellos con diversas incidencias no escrutinio. A primeira a de Sober... o pleno está convocado pra esta próxima medianoite.
Nunha vintena de concellos aínda non saben quen vai ser o alcalde. Entreles está o de Ourense... agora mesmo todo parece indicar que será elexido alcalde o candidato da lista máis votada: neste caso Gonzalo Pérez Jácome continuaría co bastó de mando.
Sobre Ourense, Alfonso Rueda desvelou que Baltar non só renuncia á presidencia da Deputación senón que tampouco continusrá á fronte do PP na provincia despois do próximo congreso.


O tempo. Continúa a influencia do anticiclón, pero a entrada de aire frío nas capas altas traerá de novo algo de inestabilidade

Cando faltan pouco máis de 24 horas para que se constitúan as novas corporacións locais, a actividade nas xuntas electorais é frenética. Deben resolver sobre os diferentes recursos presentados para que se poidan constituír os concellos. De momento xa sabemos que as corporacions de nove municipios do Barbanza non poderán facelo ata o 7 de xullo. Algo que atrasará tamén a posta en marcha da nova Deputación da Coruña.

Outro recurso de Democracia Ourensana ante a Xunta Electoral podería adiar a sesión constitutiva do concello de Ourense. E en Castro Caldelas xa está confirmado que haberá que repetir as eleccións.

Outra novidade que nos deixa a tarde é que Manuel Baltar tampouco repetirá como líder do PP ourensán despois do congreso provincial. Dicíao o presidente Rueda tras un consello da Xunta no que participaban xa os novos conselleiros e no que se aprobaba a maior oferta de prazas de FP da historia de Galicia

  • A Unión Europea aproba o regulamento que implicará a instalación de cámaras de vixilancia nos barcos
  • O sector pesqueiro galego recibe con desconfianza esta obriga ao entender que afecta á privacidade

O presidente da Xunta considera que os cambios no executivo galego están escribindo as primeiras liñas do novo goberno central. Así se expresaba na despedida de Francisco Conde e Rosa Quintana, e a toma de posesi´no de Elena Rivo en Emprego, ALfonso Villares en Mar e María Jesús Lorenzana en economía

Pra todos eles tivo palabras de agradecemento... Os novos conselleiros comprometíanse a continuar o labor dos precedesores, e traballar por unha galicia mellor

- Como unha excelente noticia cualificou o alcalde de Ourense a renuncia de Manuel Baltar.

Un paso atrás que non resolve a incognita de quen asumirá a presidencia da Deputación ourensá.

- Folga dos bombeiros dos consorcios provinciais.

Piden mellores condicions laborais e máis medios. Hai parques que están atendidos por so tres efectivos.

-Desaloxado un edificio no centro de Vigo por risco de colapso.

Os residentes levan meses denunciando a aparición de fendas nos seus pisos dende que comezou a construirse un novo edificio de vivendas ó carón.

- En Santiago, empeza festival O Son do Camiño.

Haberá restriccións de tráfico na zona do Monte do Gozo. Habilitase transporte urbano desde a cidade

Manobra do Partido Popular para manter a presidencia da Deputación de Ourense e intentar tamén que Manuel Cabezas poida converterse o sábado no alcalde da capital. Manuel Baltar renuncia a intentar a reelección, pero non semella que a decisión alterara as posicións políticas.
O primeiro é a elección de alcalde e, se PP, PSOE e BNG non se poñen dacordo, Gonzalo Pérez Jácome manterá o bastón de mando.
A renuncia de Baltar ensombreceu a remodelación do goberno da Xunta. ás nove e media tomn posesión os novos conselleiros e os que cambian ou asumen novas competencias.

Deportes: cambio radical no deportivo: vaise todo o consello de administración e destituido o adestrador.

O tempo. Continuamos na influencia das altas presións e as temperaturas máximas van seguir subindo

O día ten un intenso sabor político.

Primeiro, pola renuncia de Manuel Baltar a seguir na Deputación de Ourense. Unha decisión que pon fin a unha saga de tres décadas na institución provincial.

Segundo, polo regueiro de despedidas que se producía hoxe no Parlamento. Algunhas motivadas polas eleccións xerais e outras pola próxima constitución das corporacións locais.

Tamén porque fomos coñecendo os nomes das listas do PP ó 23 de xullo. Alberto Núñez Feijóo contará con boa parte dos seus colaboradores na súa última etapa en Galicia

A provincia de Ourense pon fin a unha era. Despois de 36 anos, José Manuel Baltar deixará a deputación de Ourense, que preside dende 2012, cando recibiu o mando de seu pai. Baltar vén de comunicar que na non recollerá a acta de concelleiro en Esgos e polo tanto renuncia a ser deputado provincial.

Abrese así a posibilidde de pactos como o que esta mañá o candidato do PP na capital ourensán lle ofreceu ó PSOE e ó BNG.

Novidade importante dunha xornada na que a convocatoria de eleccións xerais activa a marcha a Madrid dalgúns dos máis antigos compañeiros de camiño de Alberto Núñez Feijóo na Xunta de Galicia. Francisco Conde e Rosa Quintana deixan o goberno galego. Aquí quedarán novas caras no consello da Xunta

A socialista Inés Rey volverá a ser a alcaldesa da Coruña. Esta mañá socialistas e BNG chegaron a un acordo pra súa investidura o próximo sábado. Non inclúe a entrada dos concelleiros do Bloque no equipo de goberno