Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González
Vai cambiando o tempo de cara ós festivos da Semana Santa. O que non cambian de momento son as restriccións. A partir do venres seguiremos nunha situación moi parecida. O comité clínico decidiu que continúe a libre mobilidade por toda Galicia, coa única excepción do concello ourensán de Beade. Haberá ademais 11 concellos onde a hostalaría só pode abrir no exterior. Entre eles, Baiona e Sanxenxo.
Por outra banda, xa sabemos que Galicia terá o vindeiro mes o seu propio certificado de vacinación, e que o Goberno decidiu recorrer ante o Constitucional a Lei de Saúde de Galicia.
E temos que falar tamén dun tráxico suceso en Viveiro. Morreu un pescador deportivo. O seu fillo, que estaba con el, tivo que ser ingresado no hospital.
Un certificado galego de vacinación, de ter superado a Covid ou de dar negativo nas probas estará dispoñible en formato dixital ou en papel, na primeira quincena de abril, e terá valor meramente informativo. Así o acaba de anunciar o conselleiro de Sanidade. O comité clínico mantén as restricións que xa están vixentes para a Semana Santa e di que as vacinacións continuarán durante os festivos. // O Consello de Ministros presenta recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de saúde de Galicia, por establecer medidas como o illamento no domicilio ou a posibildade de obligr a vacinar aos cidadans. // A alcaldesa da Coruña e a de Avilés fan unha fronte común para defender o futuro das plantas de Alu Ibérica nas súas repectivas cidades. // A pandemia vista polos cidadáns e plasmada por eles en fotografías. Ese é o contido dunha exposición que se pode no peirao de trasatlánticos da Coruña. 30-03-2021
- A fórmula foi implantada a raíz das dificultades causadas pola pandemia
- Agora está recollida na nova lei Educativa para os tres primeiros cursos da ESO
A fórmula, implantada a raíz das dificultades causadas pola pandemia, está recollida na nova lei Educativa para os tres primeiros cursos da ESO.
Con menos de 70 casos por 100.000 habitantes, a incidencia acumulada sitúase en Galicia na metade da media do conxunto de España, mentras outras comunidades detectan xa inicios dunha cuarta vaga. / /En Vigo un veleiro propiedade dun millonario ruso compite en atraer as miradas co iate, ainda máior, do presidente dos Emiratos Arabes Unidos. // O Instituto de Rianxo, pioneiro no modelo de fusionar asignaturas para mellorar a comprensión e a aprendizaxe de materias do ámbito científico. A fórmula, implantada a raíz das dificultades causadas pola pandemia, está recollida na nova lei Educativa para os tres primeiros cursos da ESO. // Fogares máis confortables para as aves que habitan no Campus de Pontevedra, recoñecido internacionalmente polo seu compromiso co medio ambiente. As caixas niño son construidas polos alumnos da Escola de Forestais. 30-03-2021
Seguimos con nubes de tipo medio e alto e con posibilidade de chuvascos treboentos á tarde,máis probables en zonas do interior. As temperaturas soben. As máximas volverán repetir valores por riba dos 25 graos tanto no interior coma na costa. 30-03-2021
Con menos de 70 casos por 100.000 habitantes, a incidencia acumulada sitúase en Galicia na metade da media do conxunto de España, mentras outras comunidades detectan xa inicios dunha cuarta vaga. // En Vigo un veleiro propiedade dun millonario ruso compite en atraer as miradas co iate, ainda máior, do presidente dos Emiratos Arabes Unidos. // O Instituto de Rianxo, pioneiro no modelo de fusionar asignaturas para mellorar a comprensión e a aprendizaxe de materias do ámbito científico. A fórmula, implantada a raíz das dificultades causadas pola pandemia, está recollida na nova lei Educativa para os tres primeiros cursos da ESO. // Fogares máis confortables para as aves que habitan no Campus de Pontevedra, recoñecido internacionalmente polo seu compromiso co medio ambiente. As caixas niño son construidas polos alumnos da Escola de Forestais. 30-03-2021
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González
José Miñones, ata onte alcalde de Ames, será o novo delegado do goberno, en sustitución de Javier Losada.
Aumenta lixeiramente a presión hospitalaria na area sanitaria de Coruña Cee por causa do coronavirus. En Ferrol mantense estable en tanto que en Santiago descende lixeiramente.
Os traballadores da planta de reciclaxe da Coruña convocan movilizacións por cuestións laborais e para denunciar o deterioro das instalacións. Denuncian que non se recicla a materia organica e pouca máis da metade dos plasticos, vidro ou envases.
A mañá déixanos un aumento da nubosidade, pero de momento as temperaturas resisten. E tamén Galicia resiste por agora o avance da pandemia. Malia que na última xornada houbo lixeiras repuntas nos contaxios e na presión hospitalaria, a incidencia aínda se mantén á baixa.
Esta mañá volve reunirse o comité clínico. A partir da unha e media comparecerá o conselleiro de Sandiade. Pero desta volta non se agardan cambios nas restriccións. Se acaso algunha variación no mapa por concellos.
Será nun día no que tamén estaremos atentos ó Consello de Ministros. Aprobará o relevo na Delegación do Goberno en Galicia. José Miñones sustitúe a Javier Losada.
- Enrique Santiago sustituirá a Ione Belarra como nuevo secretario de Estado para la Agenda 2030
- Viviu a guerra civil, dúas guerras mundiais, a gripe de 1918 e agora a covid
- Presenta un envexable estado de saúde, protexida por 87 sobriños
Lulú Vázquez presenta un envexable estado de saúde. Viviu a guerra civil, dúas guerras mundiais e dúas pandemias.
A alta incidencia causada por un gromo entre membros dunha mesma familia coloca ao concello de Beade como o único de Galicia con peche perimetral, no arranque da Semana Santa. A metade dos concellos non rexistran ningún novo contaxio nos últimos catorce días. // Galicia terá novo delegado do goberno. Será o ata agora alcalde de Ames, José Miñones, en sustitución de Javier Losada. O Nomeamento farase oficial, probablemente no consello de Ministros de Mañá. // O 9 % dos establecementos de hostalería que están abertos incumpre as medidas contra a covid. A maioría das infracións débense a superar a cabida permitida, según os resultados da campaña de inspección levada a cabo pola Xunta. // Nos aeroportos de Santiago e Vigo poderánse facer test de antiantixenos a partir de hoxe aos viaxeiros. A necesidade de presentar xustificantes retrasa os procesos de embarque. 29-03-2021