Enlaces accesibilidad

Lulú Vázquez, a avoa de Galicia, celebra 111 anos na súa casa de Pontevedra

  • Viviu a guerra civil, dúas guerras mundiais, a gripe de 1918 e agora a covid
  • Presenta un envexable estado de saúde, protexida por 87 sobriños

Por
A avoa de Galicia fai 111 anos na súa casa de Pontevedra

Lulú recibira unha homenaxe da policía local de Pontevedra e os seus familiares para felicitatala, hai xusto un ano,  en pleno confimanento.

“Yo no contaba con eso, una sorpresa”, dicía daquela.

Su tele, sus libros, lee siempre por la noche. Hasta hace nada calcetaba que era una maravilla y se arreglaba su ropa

Non ten fillos, pero está moi arroupada cos seus 87 sobriñosSorpréndeos a súa vitalidade e memoria. "Su tele, sus libros, lee siempre por la noche. Hasta hace nada calcetaba que era una maravilla y se arreglaba su ropa”, conta a sobriña Luz Vázquez.

Tres guerra e dúas pandemias

A tía Lulú, como a coñecen, sabe de guerras e de pandemias. Sobreviviu á gripe española de 1918, a dúas guerras mundiais, a unha civil e agora ao coronavirus.

“Cuando lo de la gripe yo era muy joven, una niña, tendría unos siete años”, contaba Lulú.

Logo dun ano sen case sair da casa, extraña as saídas. Di Luz, “Ella salía todas las mañanas a tomar el sol con sus amigas. Sus amigas también se van… quedando y ahora no le apetece mucho salir. Si viene el buen tiempo, a lo mejor está en la Herrería cualquier día”.

Non pode facer festa na casa, pero Lulú espertou hoxe con mil chamadas, porque soprar 111 candeas é algo que moi poucos poden facer.