Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Refórzase o anticiclón esta fin de semana con sol e suba lixeira de temperaturas con forte contraste entre o día e a noite. Exemplo, Ourense, con 4 graos o domingo pola noite e 26 graos que se esperan para o día. Ou Lugo, que pasará dos 0 de mínima aos 23 de máxima. 26-03-2021

Contra o novo regulamento europeo de control da pesca. E o seguemento masivo da protesta convocada pola Federación de confrarías para rexeitar unha normativa que obliga a levar nos barcos mecanismos de rexistro de capturas e xeolocalización. // No seu despacho de San Caetano, Núñez Feijóo departíu durante máis de duas horas coa portavoz do BNG, Ana Pontón, e logo fixo o propio co socialista Gonzalo Caballero. //.As restriccións de mobilidade na Semana Santa favorecen as reservas de casas de turismo rural e destinos fóra das cidades como a Mariña de Lugo. // Peregrinos e turistas internacionais axudan mediante Crowdfunding a un hostaleiro de Santiago. Tras un ano de perdas polos peches e as restricións, tenta salvar así o seu bar no casco histórico. Xa conseguiu máis de dous mil euros, dos quince mil que precisa. 26-03-2021

Alberto Núñez Feijó reuniuse xa coa líder da oposición, a nacionalista Ana Pontón. A lider do BNG presentoulle ó presidente da Xunta catro bloques nos que actuar: sanidade, recuperación económica, infraestructuras e autogoberno. Continúa agora reunido co lider socialista.

A frota de baixura secunda hoxe unha xornada de folga contra a instalación de cámaras no barcos.
Embarcacións de tódolas confrarias sairon á bocana dos portos facendo soar as súa bucinas.

Uns dez mil traballadores do sector da automoción vanse ver afectados pola falta dun microchip para os coches. Ó ERTE para 3.800 operarios que propón Stellantis hai que engadir os das empresas auxiliares.

O exconselleiro de Industria, Fernando Blanco, satisfeito co Consello Xeral do Poder Xudicial. Recoñécelle que ten dereito a ser indemnizado polas irregularidades e retrasos das operacións xudicias instruídas pola xuiza Pilar de Lara.

No tempo....hoxe unha fronte fría a Galicia vai deixar chuvias pouco significativas

O consorcio de Santiago acaba de rematar a rehabilitación da coñecida como "ala sur" do conxunto de Santo Domingo de Bonaval, o que permitirá engadir 1.600 metros cadrados á superficie actual. Estes novos espazos van permitir completar o percorrido pola historia de Galicia e reordenar os contidos das salas xa existentes nesta cabeceira simbólica dos museos antropolóxicos de Galicia.

Esta mesma fin de semana poderían comezar  os cribados de  Covid 19  no  aeroporto de  Alvedro. Aena aprobou a cesión de  espazos  e o programa de colaboración coa Xunta para realizar os test  de  antíxenos no aeródromo coruñés. os cribados extenderánse tamén   ás estacións de tren

Galicia segue resistíndose á cuarta vaga. Cunha incidencia acumulada de 73 casos por cada cen mil habitantes, a comunidade mantén a raia a presión asistencial nos hospitais e loita por non pasar dos 200 contaxios diarios. Con todo, a ponte do 19 de marzo, xa se notou, e hai lixeiras repuntas. Un exemplo en dous concellos moi turísticos, como Sanxenxo e Baiona, que dende hoxe non poden abrir a hostalaría no interior. Só nas terrazas e ó 50 por cento. Así será tamén durante a Semana Santa, segundo un novo mapa de limitacións covid que comeza a rexer dende hoxe.

Polo demais, ERE en Adolfo Domínguez para 300 persoas e ERTE en Stellantis, en Vigo, con máis de 3.700 traballadores afectados.

A Xunta presenta tamén os 354 proxectos cos que aspira a captar 20 mil millóns dos fondos europeos de recuperación. Un asunto que o xefe do executivo galego levará as reunións bilaterais desta mañá cos líderes da oposición

Enclaves turísticos da costa como Sanxenxo e Baiona, deberán a afrontar a Semana Santa con maiores restricións, debido ao empeoramento da evolucion de contaxios dende a Ponte de San Xosé. En Santiago algúns hoteis abren coa esperanza de atraer a clientela galega. // Os viaxeiros procedentes do resto de España que visitaron Galicia durante o ano pasado foron 5´4 millóns, o que significa unha reducción do 46 por cento respecto ao ano anterior. // De cara á Semana Santa, a Xunta pídelle de novo ao Goberno central que autorice a facer probas da detección da covid aos pasaxeiros que cheguen aos aeroportos e estacións de tren. // Os lobos, presuntamente, acabaron con sete ovellas en Friol,na provincia de Lugo. Os seus propietarios que non son profesionais da gandeiría, empregaban o rabaño para manter limpa unha extensa finca e lamentan a perda de catro reses adultas e tres años. 25-03-2021

Enclaves turísticos da costa como Sanxenxo e Baiona afrontan a Semana Santa con maiores restricións, ao multiplicarse alí os contaxios rexistrados dende a ponte de San Xosé. // Baixan a 2.400 os casos activos, ainda que repuntan lixeiramente os novos contaxios, 162, nas últimas horas. A presión hospitalaria segue á baixa, e rexistráronse catro mortes máis. //.Demanda conxunta contra 11 entidades financeiras para reclamar a devolución de comisións de apertura de préstamos hipotecarios. A Asociación Galega de Consumidores considera que foron cobradas indebidamente. // Un sistema de cores e letras para identificar cómo de saudables son os alimentos. O semáforo nutricional Nutri Score comenza a ser usado por algunhas marcas, a espera da sua regulación obrigatoria polo goberno, ainda que moitos consumidores o descoñecen. 25-03-2021

Durante as primeiras horas un frente frío poco activo llegará deixará un auemnto de nubes con posibilidade dalgunha chuvia illada, mais probable ao norte e noroeste. As temperaturas sen cambios significtivos. 25-03-2021

Enclaves turísticos da costa como Sanxenxo e Baiona afrontan a Semana Santa con maiores restricións, ao multiplicarse alí os contaxios rexistrados dende a ponte de San Xosé. // Baixan a 2.400 os casos activos, ainda que repuntan lixeiramente os novos contaxios, 162, nas últimas horas. A presión hospitalaria segue á baixa, e rexistráronse catro mortes máis. //.Demanda conxunta contra 11 entidades financeiras para reclamar a devolución de comisións de apertura de préstamos hipotecarios. A Asociación Galega de Consumidores considera que foron cobradas indebidamente. // Un sistema de cores e letras para identificar cómo de saudables son os alimentos. O semáforo nutricional Nutri Score comenza a ser usado por algunhas marcas, a espera da sua regulación obrigatoria polo goberno, ainda que moitos consumidores o descoñecen. 25-03-2021

A pandemia entrou en GAlicia nun punto de estabilidade. Os novos casos teñen unha baixada moi lixeira nun día de repunta dos contaxios, e os hospitais continúan baleirando camas.

O baixo ritmo de vacinación e a posibilidade dunha cuarta vaga xeran incerteza na economía. Galicia resiste mellor que o conxunto do Estado o envite da crise, pero o PIB galego cae case un 9%.

Consello da Xunta monográfico sobre os fondos europeos "Next Generation". Analizaron 354 proxectos pra optar a eses fondos europeos. A Xunta apoiará ás pequenas empresas pra que poidan optar

Adolfo Domínguez quere prescindir de 300 traballadores en toda España. Descoñécese aínda o impacto que o ERE terá nos servizos centrais de Ourense.

Nova concentración da Ciga, en paralelo cos sindicatos nacionalistas de Cataluña e Euskadi. Reclaman a derrogación íntegra da reforma laboral

A Igrexa do mosteiro de Santo Estebo segue desvelando segredos agochados durante séculos. As obras de restauración sacaron á luz varias pinturas murais dos séculos 15 e 16.

No tempo, máis nubes e posibilidade dalgún orballo illado e ocasional no extremo norte.

Mañá entran en vigor os reaxustes adoptados polo Comité Clínico o pasado martes...
Os concellos coruñeses de Ortigueira, Abegondo e Neda, estarán dende este venres en nivel alto de restriccións.  En nivel medio quedan Boimorto, Bergondo, Culleredo, Ponteceso, Arteixo, A Coruña, A Laracha, Betanzos, Camariñas, Laxe e Valdoviño.
No resto dos concellos estarán fixadas as condicións do nivel medio baixo