Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba
O concello de Neda estará, a partir do venres, no nivel alto de restricións anticovid. Detectaronse 15 contaxios en duas semanas.
Un nivel no que continúan arteixo e Sobrado.
Na provincia, non hai ningún concelllo co nivel máximo de restricións
Repuntan os casos activos de coronavirus. Hai 14 enfermos máis.
A ferrolá Yolanda díaz será vicepresidenta terceira do goberno de España, cargo que compatibiliazará co de ministra de de traballo.
O pleno municipal de Santiago vota hoxe os orzamentos de 2021, vencellados a unha moción de confianza.
Deportes. A audiencia da Coruña ordena que se investigue os policías que detiveron ó capitan do Deportivo Alex Bergantiños o pasado mes de agosto.

Temos por diante outro día que no meteorolóxico nos seguirá lembrando que se achega a primavera. Tampouco o comité clínico perde de vista que quedan apenas un par de días pra ponte de San Xosé. Por iso volverá reunirse esta mañá, pra adoptar medidas máis concretas, especialmente no tocante á hostalaría. Na xuntanza deste martes só se deseñou o novo mapa de restriccións, que rexerá a partir do venres: daquela quedarán só tres concellos co nivel máximo: Vilardevós, Paradela e Maside. No nivel alto, outros sete.

Chamamento a tranquilidade dos especialistas, sobre a vacina de AstraZeneca, que recibiron ata agora cerca de 100.000 persoas en Galicia. A Xunta di que ten previsto administrarlles a segunda dose se as autoridades europeas non indican o contrario. // A Audiendia da Coruña acusa de detención ilegal aos dous axentes de policía que arrestaron ao capitán do Deportivo Alex Bergantiños o pasado 5 de agosto. // O director de cine Oliver Laxe colleu a cámara de novo nos Ancares para apoiar á cooperativa A Carqueixa. Laxe dirixiu unha serie de vídeos promocionais do que chama gandería heroica no que os gandeiros desta cooperativa e a súas vacas son os protagonistas.// Afundación, a obra social de Abanca, expón en Vigo "A vida lenta". Un percorrido audiovisual pola memoria do rural galego do século vinte, que convida a reflexionar sobre o futuro das nosas aldeas. 16-03-2021

Pendentes do que decidan agora as autoridades sanitarias. Así están as cerca de 100.000 persoas que recibiron xa en Galicia a primeira dose da vacina de Astrazeneca, entre profesores, traballadores sociosanitarios, e poboación en xeral de entre 50 e 55 anos. // Os casos activos repuntan, por primeira vez dende finais de xaneiro, co pico da terceira vaga, logo de 122 novos contaxios. A presión hospitalaria continúa á baixa, con 65 doentes nas UCI. // Só uns 100 camiñantes obtieron a Compostela no que vai de Xacobeo 2021. Os impedimentos para desprazarse entre concellos e comunidades afogan as peregrinacións nos camiños de Santiago, como mínimo ata despois da Semana Santa. //.As principais institucións da Cultura colaboran para celebrar o centenario de Emilia Pardo Bazán. Aspectos como o europeismo e o feminismo destacan na obra da escritora coruñesa. 16-03-2021

Influencia das altas presións qu deixan o ceo pouco anubado ou despexado en xeral, con nuves de estancamento ao norte. As temperaturas ascenderán lixeiramente. 16-03-2021

Pendentes do que decidan agora as autoridades sanitarias. Así están as cerca de 100.000 persoas que recibiron xa en Galicia a primeira dose da vacina de Astrazeneca, entre profesores, traballadores sociosanitarios, e poboación en xeral de entre 50 e 55 anos. // Os casos activos repuntan, por primeira vez dende finais de xaneiro, co pico da terceira vaga, logo de 122 novos contaxios. A presión hospitalaria continúa á baixa, con 65 doentes nas UCI. // Só uns 100 camiñantes obtieron a Compostela no que vai de Xacobeo 2021. Os impedimentos para desprazarse entre concellos e comunidades afogan as peregrinacións nos camiños de Santiago, como mínimo ata despois da Semana Santa. //.As principais institucións da Cultura colaboran para celebrar o centenario de Emilia Pardo Bazán. Aspectos como o europeismo e o feminismo destacan na obra da escritora coruñesa. 16-03-2021

Galicia garante a administtración da segunda dose de Astrazéneca ós que xa iniciaron a pauta. Lembran que os casos de trombose detectados afectan só a 1 de cada millón de vacinados e piden tranquilidade.

Primeira repunta de casos activos de coronavirus dende finais de xaneiro. Os contaxiados son só 3 máis, e a maioría das áreas manteñen a estabilidade ou o descenso de casos

O vicepresidente da Xunta cre que os datos pode permitir un alivio das restriccións no comité desta tarde.

AS residencias de Domus VI volven ó centro da polémica. A Federación REDe cre que vulneraron a lei de proteción de datos, cun suposto acordo cunha funeraria, que lles pagaba comisións por cada usuario que optase polos seus servizos. Mentres, os traballadores galegos do sector denuncian que o convenio está paralizado.

o Sergas márcase como obxectivo universalizar as consultas por videochamada, sempre que a presencia física non sexa imprescindible.

A dársena do porto de Malpica non é segura. Un informe da Comisión Permanente de investigacións de Accidentes advirte de que a reforma do 2006 reduciu a súa seguridade, e pode ter responsabilidade parcial na morte do patrón do Silvosa, en 2018.

O tempo... Seguimos coas altas presións... A xornada continuará cos ceos pouco nubrados ou despexados, e mañá seguiremos nunha situación semellante.

Suspendida, cautelarmente, a administración da vacina de AstraZéneca.
A Xunta adopta esta medida tralo acordo alcanzado no Consello Inter-territorial de saúde.
Estará suspendida, en principio, durante 15 días.
A vacina de AstraZéneca asociouse a aparición de trombos.
A consellería de educación chama a tranquilidade e lembra que, en Galicia, non se produciu ningún caso de reacción adversa grave.
Nova repunta dos contaxios por coronavirus. Detectaronse 69, 20 mais nun só día.
O alcalde de Santiago intentará sacar adiante os orzamentos de 2021 utilizando os 5 millóns de euros de remanente.
O Campus Industrial de Ferrol é o primeiro de España especializado no naval.
No tempo da entrevista, esta mañá falamos da seguridade da dársena do porto de Malpica.

Galicia tamén suspende cautelarmente a administración da vacina de AstraZéneca. Faino por prudencia e de acordo coas indicacións do Ministerio de Sanidade. O presidente da Xunta está convencido de que antes ou despois volveremos con esta vacina.

Polo demais, hoxe, nova reunión do comité clínico, coa vista posta outra vez na hostalaría. Na reunión de onte á tarde entre a Xunta e o sector abordouse a posibilidade de ampliar horarios ata ás oito e media do serán.

E todo isto, nun clima de movementos políticos a nivel nacional que poden levar á ferrolá Yolanda Díaz á vicepresidencia do goberno.

Recollemos recordos e impresións na rúa, un ano despois do estado de Alarma que obligou a todos a quedar nas casas. Foi xusto cando a Pandemia se cobraba as primeras vítimas mortais en Galicia. // Hoxe comeza a administración da segunda dose da vacina para aos maiores de 80 anos. Esta semana chegarán unhas 45.000 doses de Pfizer para continuar coa súa inmunización. Tamén segue a administrarse a vacina de Astra Zeneca aos colectivos esenciais menores de 55 anos // Os equipos galegos non lograron pasar do empate nesta xornada. O Celta empatou a 0 en Balaídos fronte o Athletic. e o Lugo sumou tamén un empate fronte o Girona. Os celestes afastanse das prazas europeas..// O fotoxornalista ourensán Brais Lorenzo é o autor da foto premiada coa que captou a celebración do 98 aniversario dunha usuaria da residencia de maiores de Celanova tras superar a covid. 15-03-2021