Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Hoxe comeza unha fin de semana na que a mobilidade estará permitida en case toda Galicia, a excepción de 6 concellos que permanecen en nivel máximo. Outros 11, en nivel alto. O lusn baixarán a 9 os concellos con restricións.

Preocupa a área sanitaria da Coruña, cunha incidencia superior á media. Buscan asintomáticos cun cribado masivo, que se estenderá ó aeroporto e a estación de tren nos vindeiros días,

Esta fin de semana levarase a cabo a vacinación de 19 mil galegos en distintos puntos das 7 áreas sanitarias. Usarase Astrazeneca, A Xunta segue as recomendacións da axencia do medicamento, anque mantén vixiados ós que recibiron a inmunización dos lotes sospeitosos de causar efectos secundarios relevantes.

Os taballadores de ENCE levan hoxe as súas protestas a Madrid, onde están a ser recibidos neste momento por un representante do Ministerio de Transición. En Galicia, debate político entre PP e BNG ó respecto

Pasaron a disposición xudicial en Vigo o presidente do Colexio de Enfermaría de Pontevedra, a súa muller e a súa filla. Están acusados de branqueo de capitais, falsidade  documental e administración desleal.


O tempo. hoxe con máis frío, mañá chega unha nova fronte a Galicia que deixará ceos cubertos con chuvias. O domingo, recuperamos a influencia das altas presións.

Comeza esta mañá  na cidade da Coruña un cribado masivo para detectar casos de coronavirus.
 Máis de 150.000 persoas, con idades comprendidas entre os 18 e os 60 anos, pasarán, nos próximos días, polo pavillón de deportes de Riazor. Desta volta, trátase dun test de saliva.
 A situación epidemiolóxica da cidade  preocupa as autoridades sanitarias

Ensaio de vacinación masiva: Máis de 800 persoas foron inmunizadas nunha tarde na cidade da cultura. Mañá repetirase a operación en 14 puntos distintos das das sete áreas sanitarias pra vacinar a outras 19 mil persoas de entre 50 e 55 anos.
A xunta agarda que o ritmo aumente xa que en abril agarda recibir cerca de 600 mil doses.
Este venres destacamos tamén a detención do presidente do colexio de enfermaría de Pontevedra, a súa muller e unha filla. Están investigados por posibles irregularidades contables.
E de novo protagonismo para ENCE. Traballadores da pasteira teñen previsto manifestarse hoxe en madrid.
Nunha xornada na que recuperamos a influenbcia do anticiclón, pero aínda con algún chuvasco nestas primeiras horas.
 

250.000 galegos recibirán a vacina de AstraZeneca, a que está a causar os efectos secundarios máis agudos. Das case 290.000 doses de vacinas da covid administradas en Galicia, máis do 80 por cento son de Pfizer, a máis efectiva.

A Sala Eisenman da Cidade da Cultura, en Santiago, é o espazo escollido para o primeira experiencia de vacinación masiva de Galicia. Mil persoas de entre 50 e 55 anos reciben alí esta tarde a a primeira dose da vacina de Astra Zeneca, que, aclaran os expertos, non ten máis efectos secundarios que as outras. // Hoxe son pouco máis de 3.000 as persoas con contaxio activo e seguen 77 pacientes nas UCI. Seis concellos, entre eles o de Pontecesures, entrarán a partir de mañá en máximas restriccións pola alta incidencia. // Traballadores de Ence péchanse no concello de Pontevedra, logo de que un representante do goberno central lles confirmase que unha nova lei obrigará a factoría a abandonar a Ría antes de 2033. // Galicia manterá o peche perímetral na ponte de San Xosé e na Semana Santa, segúndo o plan pactado entre o Ministerio de Sanidade e as Comunidades autónomas. O sector turístico conta con comenzar a recuperarse a partir do verán. 11-03-2021

Chega unha fronte fría asociada a un borrasca profunda situada ao norte de Gran Bretaña que deixa chuvias que comezaron polo oeste e se irán extendendo cara o interior co avance da tarde. No mar toda a costa está en alerta laranxa por ondas de 5 a 7 metros. As temperaturas mínimas subiron e as máximas quedarán sen cambios. 11-03-2021

A Sala Eisenman da Cidade da Cultura, en Santiago, é o espazo escollido para o primeira experiencia de vacinación masiva de Galicia. Mil persoas de entre 50 e 55 anos reciben alí esta tarde a a primeira dose da vacina de Astra Zeneca, que, aclaran os expertos, non ten máis efectos secundarios que as outras. // Hoxe son pouco máis de 3.000 as persoas con contaxio activo e seguen 77 pacientes nas UCI. Seis concellos, entre eles o de Pontecesures, entrarán a partir de mañá en máximas restriccións pola alta incidencia. // Traballadores de Ence péchanse no concello de Pontevedra, logo de que un representante do goberno central lles confirmase que unha nova lei obrigará a factoría a abandonar a Ría antes de 2033. // Galicia manterá o peche perímetral na ponte de San Xosé e na Semana Santa, segúndo o plan pactado entre o Ministerio de Sanidade e as Comunidades autónomas. O sector turístico conta con comenzar a recuperarse a partir do verán. 11-03-2021

A empresa iberatlantic, con sede en Vigo, está en negociacións co Fondo Ruso de Inversión Directa e a biofarmacéutica Zendal, no Porriño de cara á posible produción da vacina SPUTNIK V.

Continúa a mellora-la situación sanitaria, cos casos activos en niveis do verán, pero nos hospitais está costando baixa-la terceira vaga. Especialmente na área sanitaria da Coruña.

A vacinación masiva ponse a proba esta tarde na cidade da cultura de Santiago, e se estenderá o sábado ó resto da comunidade.

En Pontevedra, nova xornada de protestsas protagonizada polos trtaballadores de ENCE.
Na Coruña, protesta dos mariscadores da ría do Burgo. Reclaman axudas mentres se realiza a dragaxe

Ana Pontón critica o contido da reunión entre o ministro de Transportes e o presidente da Xunta. Considera que non se avanzou nada.

Dictada apertura de xuizo oral á muller que hai dous anos matou a súa filla de sete anos no concello lugués de Cospeito. O pai da menor protesta polo xeito en que se pechou a instrucción


No tempo, volveron as chuvias: Comezaron polo oeste e vanse ir estendendo a toda Galicia

Satisfacción entre os sindicatos polo seguemento da folga xeral vivida onte en Ferrolterra, Eume e Ortegal
Pecharon as súas portas polígonos industriais e pequenas e grandes empresas.
A manifestación polas rúas de Ferrol foi multitudinaria.
Participaron unhas 10.000 persoas.
Foi unha xornada da protesta contra o goberno central e contra a Xunta polo desmantelamento industrial das tres comarcas

Bos días. Nun xoves no que cambia o tempo. Volven as chuvias... a cambio as temperaturas que temos arestora son moito máis altas...

Unha xornada na que Sanidade pon aproba un novo sistema de vacinación masiva. Xa non se limitará ós espazos habituais. Hoxe xa se vai facer unha proba piloto na cidade da Cultura.
E xa saben a próxima media noite entra en vigor os últimos cambios aprobados polo comité clínico, con seis concellos no máximo nivel de restriccións.
Hoxe destacamos tamén a boa sintonía entre a Xunta e o ministerio de transportes e as novas sobre ENCE: o Goberno confirma que ten 12 anos para buscar unha nova ubicación.