Nova repunta do número de hospitalizados por coronavirus.bBaixan os contaxios e o número de persoas que padecen a enfermidade.
Detectados outros 16 casos de coronavirus na residencia de maiores Coviastec de Silleda.
--- Concentracións, este mediodía, en 20 localidades galegas, para protestara polo pla forestal da Xunta. (( Piden unha moratoria para a plantación de eucaliptos ))).
--- Hoxe arranca a nova temporada de pesca. 36.000 pescadores comn licenza poder pescar trioita ata o 31 de xull.
--- Deportes. Perde o Celta co Real Madrid: 1- 3. Nova de derrota do Obradoiro. Desta volta, contra o Unicaja en Fontes do Sar. Esta tarde xoga o Lugo
Morren, en accidente de tráfico, tres dos seus veciños, tres membros dunha mesma familia: unha nai, de 38 anos, e os seus dous fillos: unha nena de 13 anos e un neno de 6.
Volve aumentar o número de hospitalizados por coronavirus.
Hoxe hai 258 persoas ingresadas, das que 53 permanecen en coidados intensisivos.
Os barcos de artes menores de Galicia pararán 24 horas o venres día 26.
Protestan pola decisión da Unión Europea de obrigarlles a instalar nos barcs xeolocalizadores e cámaras de video
As adegas máis representativas comezan hoxe unha nova tempada de visitas enoturísticas, aproveitando a ponte de San Xosé e a relaxación das restricións anticovid. No Ribeiro fano ademáis estreando un selo que garante a máxima seguridade para os visitantes e as guías
O norte da provincia de Lugo ten a maior concentración de lobos de España. Son unhas 14 mandas, segundo o seguemento que realiza o proxecto Rebinxe, unha asociación que defende a convivencia do lobo e a gandería. Un dos seus integrantes, que tamén é gandeiro, pide máis axudas por danos, máis medidas de prevención e suavizar o debate actual sobre a protección do lobo
A mobilidade é a protagonista, no arranque da ponte festiva, con libre circulación dentro de Galicia e normas máis flexibles na hostalaría, ainda que coas reunións dentro das casas limitadas só a conviventes. As actividades de encontro coa natureza, entre as favoritas. //. Un 2.600 axentes da Garda Civil e a Policía Nacional controlan, dende hoxe e ata o domingo, o cumplimento das restriccións. Unha parte do operativo céntrase nos accesos a Galicia, xa que se mantén o peche perimetral da comunidade e está prohibido entrar ou sair sen causa xustificada. // A queima de restos agrícolas e forestais queda prohibida dende hoxe para evitar a proliferación de incendios. A prohibición inclúe as queimas previstas con permisos xa concedidos con anterioridade. A consellería de Medio Rural anunciou a medida tras analizar a situación meteorolóxica e os indicatores técnicos do risco. 19-03-2021
Arranque da ponte festiva, con libre circulación dentro de Galicia e normas máis flexibles na hostalaría, ainda que coas reunións dentro das casas limitadas só a conviventes. As actividades de encontro coa natureza, entre as favoritas. // Os casos activos descenden lixeiramente e acadan os 2.575, unha cifra similar á de finais de agosto. O número de hospitalizados continúa a baixa. Houbo 188 novos contaxios e comunicáronse cinco falecementos no último día. // Colectivos de toda Galicia sumanse ao chamamento mundial dos Venres por un Futuro, un movemento xuvenil que reclama accións urxentes fronte a emerxencia climática. // Unhas 14 mandas de lobos teñen o seu hábitat no terzo norte da provincia de Lugo. É a maior concentración da especie en España, segundo o seguemento da asociación Rebinxe. 19-03-2021
Despedimos o inverno con máis nubes sobre todo polo norte e leste de Galicia que deixarán algunhas chuvias que poden ser de neve en cotas por riba dos 1.100 metros. Xornada máis fresca polo vento do norte que sopra con forza no litoral e zonas altas. 19-03-2021
Arranque da ponte festiva, con libre circulación dentro de Galicia e normas máis flexibles na hostalaría, ainda que coas reunións dentro das casas limitadas só a conviventes. As actividades de encontro coa natureza, entre as favoritas. // Os casos activos descenden lixeiramente e acadan os 2.575, unha cifra similar á de finais de agosto. O número de hospitalizados continúa a baixa. Houbo 188 novos contaxios e comunicáronse cinco falecementos no último día. // Colectivos de toda Galicia súmanse ao chamamento mundial dos Venres por un Futuro, un movemento xuvenil que reclama accións urxentes fronte a emerxencia climática. // Unhas 14 mandas de lobos teñen o seu hábitat no terzo norte da provincia de Lugo. É a maior concentración da especie en España, segundo o seguemento da asociación Rebinxe. 19-03-2021
A pandemia está a ter un efecto devastador na demografía galega. Eramos un dos territorios máis envellecidos de Europa, e agora están a nacer a metade dos nenos que antes. Os expertos temen que moitas parellas que decidiron apraza-los seus plans de descendencia acaben descartándoos definitivamente.
Galicia volverá vacinar contra a covid con doses de Astrazéneca. Falta por concretar a data.
Os expertos que asesoran ó goberno de España e a Comisión de Saúde Pública reunense esta ponte festiva para decidir se se exime a algún colectivo desta vacina ante a aparición de trombos.
Detectados dous gromos en dous barcos amarrados un en Burela e o outro no porto exterior da Coruña. 14 son tripulantes dun persqueiro burelés e 18 pertencen a un buque de bandeira liberiana que tivo que arribar ó porto coruñés. Tres mariñeiros están ingresados, un na UCI.
O ministerio de Transportes non acepta o cesamento dos membros da comisión de investigación de accidentes ferroviarios. Era unha demanda da asociación de víctimas do accidente do Alvia.
Concentración da plataforma de Traballadores Públicos Temporais de Galicia. Denuncian o abuso da contratación temporal nas administracións públicas de españolas, e reclaman a sua estabilización.
No tempo, continuamos baixo a influencia anticiclónica, anque chega unha fronte pouco activa
Os cruceiros espallados por toda Galicia supoñen un tesouro etnográfico, non sempre ben valorado nin sequera por nós mesmos... O Consello da Cultura Galega proponnos que coñezamos mellor estes elementos, tan característicos do noso territorio e da nosa idiosincrasia. Cada mes vai publicar unha ruta de cruceiros: un percorrido por unha área xeográfica concreta reparando nalgunhas das cruces que cativaron a Castelao e outros intelectuais. Unha reportaxe de Manuel Gutiérrez da Silva.
A hostalaría abre, desde hoxe, ata as nove da noite en toda a provincia. Pechaba as seis da tarde.
Desde hoxe, todos os concellos recuperan a mobilidade entre sí e cos de toda Galicia. Agás co lucense de Paradela e cos ourensán de Maside e Vilardebós.
Prohíbense as reunións de non conviventes nos domicilios.
Baixa a presión hospitalaria pola covid, pero repuntan os contaxios
No inicio dunha loga fin de semana que empeza con este día de San Xosé, atípico, por outra parte. Celébrase o día do pai pero están prohibidas as reunións nas casas de persoas que non son conviventes. Iso sí, pode haber algo máis de actividade nos bares que desde hoxe poden abarir ata as nove da noite en case tódo-los concellos.
Galicia aínda non decidiu cando reanudará a vacinación coas doses de AstraZéneca, pero será a vinderia semana.
Polo demais, a fin de semana será soleada, aínda que hoxe nos roa polo norte unha fronte que pode deixar algunha precipitación e máis frío
Bares e restaurantes gáñanlle tres horas á tarde. Desde mañá abren ata as nove da noite en toda Galicia, agás nos tres concellos que pasarán en risco extremo: Vilardevós, Paradela e Maside.