Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

2.300 mortos, É a cifra que deixa o balance da Pandemia a día de Hoxe. Unha pandemia que se cobraba as primeiras vítimas galegas hai xustamente un ano, cando arrancaba o estado de Alarma que fixo recluir a todos nas casas. // // Hoxe entran en vigor o mapa de restricións que deixa a nove concellos en nivel extremo ou alto. A mellora dos datos epidemiolóxicos fai confiar á Hostalaría en que esta mesma semana se permita unha ampliación dos seus horarios. // Intensifícase a polémica pola continuidade da fábrica de celulosa de Ence na ría de Pontevedra. O concello declara persoa non grata ao presidente da compañía e acúsao de instigar protestas violentas dos traballadores.// Os seminarios menores de Lugo e Santiago admitirán alumnas o próximo curso, por primeira vez na historia. Un cambio, din, insipirado nas ideas do Papa Francisco sobre a educación. 15-03-2021

2.300 mortos, É a cifra que deixa o balance da Pandemia a día de Hoxe. Unha pandemia que se cobraba as primeiras vítimas galegas hai xustamente un ano, cando entraba en vigor o estado de Alarma que fixo recluir a todos nas casas. // // Hoxe entran en vigor o mapa de restricións que deixa a nove concellos en nivel extremo ou alto. A mellora dos datos epidemiolóxicos fai confiar á Hostalaría en que esta mesma semana se permita unha ampliación dos seus horarios. // Intensifícase a polémica pola continuidade da fábrica de celulosa de Ence na ría de Pontevedra. O concello declara persoa non grata ao presidente da compañía e acúsao de instigar protestas violentas dos traballadores.// Os seminarios menores de Lugo e Santiago admitirán alumnas o próximo curso, por primeira vez na historia. Un cambio, din, insipirado nas ideas do Papa Francisco sobre a educación. 15-03-2021

As altas presioes estarán situadas ao noroeste, polo que o ceo quedará pouco anubado en xeral, con algunhas nubes altas e neboas matinais no interior. Temperaturas mínimas en descenso e as máximas ascenden lixeiramente. 15-03-2021

Yolanda Díaz perfílase como a futura líder e candidata de Unidas Podemos. Pablo Iglesias anuncia que él deixa o Goberno e xa llo comunicou ó presidente Pedro Sánchez, a quen lle propuxo que a ferrolá sexa a súa sustituta na vicepresidencia segunda do goberno.

Aumenta a presión asistencial, pero continúa a caída dos casos activos de coronavirus. O vicepresidente da Xunta confía en que mañá se poidan tomar medidas de alivio pro sector hostaleiro, coma o retraso do toque de recollida e do peche dos locais.

O concello de Pontevedra declarará persoa non grata a Ignacio Colmenares, presidente de ENCE. Considera que está detrás dos incidentes protagonizados polos traballadores.

O sindicato labrego galego pide que se intensifique o control das prantacións ilegais de eucalipto. Advirten de que o anuncio dunha moratoria está provocando un efecto chamada

O Centro Galego de Artes da Imaxe, o CGAI, que este ano cumpre 30 anos de funcionamento, vaise transformar en Filmóteca de Galicia.

O Tempo, con ceos pouco anubrados... as altas presións están situadas ao noroeste de Galicia. Pra mañá agardamos poucos cambios.

Os concellos de Cariño, Miño e Mugardos recuperan hoxe a mobilidade co resto de Galicia.
 Están en nivel medio de restricións anticovid.
 Outros dous municipios - Sobrado e Arteixo - continúan en nivel alto. Os seus veciños só poden desplazarse ata concellos na súa mesma situación sanitaria.
 Os datos da pandemia deixánnos 5 novas mortes e a estabilización hospitalaria na provincia.
 

Estamos a luns, volveu o anticiclón, inciamos semana, e facémolo pensando case, case, no descanso que está por vir. A ponte do 19 de marzo... Como quedará daquela o mapa da pandemia e como estarán para daquela as restriccións. Mañá volve reunirse o comité clínico.

De momento, hoxe, sumamos un novo alivio, unha nova mellora que agora afecta a oito concellos máis, que recuperan a mobilidade co resto de Galicia e xa poden abrir a hostalaría tamén no interior. Unha situación da que agora disfrutamos en case toda a comunidade: só quedan 5 concellos co nivel máximo de restriccións e outros catro en nivel alto.

A Xunta baralla ampliar o horario da hostalaría, agora limitado ás seis da tarde. Esta tarde, nova reunión co sector.

Nesta entrevista, descubrimo-las instantáneas que esta escritora alemá afincada en Galicia presenta en "Flashes". Vivencias persoais lembradas dende o humor dunha muller que atopou na escritura a súa salvación.

Novo cribado masivo na Coruña, en busca de positivos. Están citadas máis de 150.000 persoas. E a cidade onde máis preocupa a incidencia acumulada, que sigue a descender no conxunto de Galicia. O casos activos xa están por debaixo dos 3.000.. // A mellora epidemiolóxica permite tamén avanzar na desescalada da Hostalaría. Os clientes empezan a familiarizarse co emprego dos códigos QR, que dende hoxe son obrigatorios en tódolos establecementos de Galicia. // A vacina de Astrazéneca, a que se está a empregar na vacinación de persoas entre 50 e 55 anos, vai seguir administrándose en Galicia. Así o confirmou hoxe o Conselleiro de Sanidade, logo de que outras comunidades anunciaran a paralización de lotes.// Os traballadores de Ence concentráronse en Madrid diante do ministerio de Transición Ecolóxica. A ministra promete unha xuntana con eles para abordar o futuro da factoría en Lourizán. 12-03-2021

Os clientes empezan a familiarizarse co emprego dos códigos QR, que dende hoxe son obrigatorios en tódolos establecementos de Hostalaría de Galicia. Con eles preténdese falicitar o rastrexo en caso de positivos. // A situación sanitaria mellora, cos casos activos por debaixo de 3.000, e catro pacientes menos nas UCI. A situación máis preocupante e na Coruña, onde máis de 150.000 persoas son citadas a partircipar nun cribado. // A Universidade de Vigo facilita de xeito gratuito produtos de hixiene feminina a alumnas, profesoras e persoal non docente. É a primeira de España. // Hoxe celébrase o día mundial do glaucoma, unha enfermidade que en Galicia afecta a unhas 60.000 persoas. Os expertos destacan que, ainda que non ten cura, no 80 por cento dos casos pode evitarse a cegueira total cun diagnóstico precoz . 12-03-2021

A chegada de aire frío deixou algúns chuvascos illados que tenden a remitir pola tarde. O sábado agardamos a chegada doutra fronte con chuvias. No mar a situación tende a mellorar. Está en alerta a costa da Coruña e Lugo ata esta noite por ondas de ata cinco metros. 12-03-2021

Os clientes empezan a familiarizarse co emprego dos códigos QR, que dende hoxe son obrigatorios en tódolos establecementos de Hostalaría de Galicia. Con eles preténdese falicitar o rastrexo en caso de positivos. // A situación sanitaria mellora, cos casos activos por debaixo de 3.000, e catro pacientes menos nas UCI. A situación máis preocupante e na Coruña, onde máis de 150.000 persoas son citadas a partircipar nun cribado. // A Universidade de Vigo facilita de xeito gratuito produtos de hixiene feminina a alumnas, profesoras e persoal non docente. É a primeira de España. // Hoxe celébrase o día mundial do glaucoma, unha enfermidade que en Galicia afecta a unhas 60.000 persoas. Os expertos destacan que, ainda que non ten cura, no 80 por cento dos casos pode evitarse a cegueira total cun diagnóstico precoz .12-03-2021