Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Situación indefinida, entre las altas presions dos Azores e as baixas que se moven polo Atlántico norte. Xornada de ceos con nubes altas en xeral. As temperaturas mínimas, sen cambios e as máximas en lixeiro descenso. 23-03-2021

Desoladora imaxe do Camiño, no que tiña que ser o arranque da tempoada alta do Xacobeo. Albergues e establecementos para peregrinos pechados ou completamente desertos, con reservas canceladas, a espera dunha recuperación que terá que chegar máis alá da Semana Santa. //Leve repunta dos casos activos, ainda que os novos contaxios detectados baixan do cento. O Sergas comenza a citar as persoas que recibirán a partir de mañá a primeira dose coa vacina de AstraZeneca, que se amplía ata os 65 anos, //. A dirección de Stellantis anuncia un ERTE aos traballadores da factoría de Vigo ante os problemas de aprovisionamento. // Volver camiñar logo de ter padecido un ictus. Todo un reto que pacientes como Alicia, de Lugo, teñen conseguido superar grazas ás modernas terapias intensivas. 23-03-2021

O comité clínico reúnese esta tarde con miras a revisa-la situación epidemiolóxica. Pode que algún municipio cambie de nivel, pero non se prevén decisións que afecten a toda Galicia. Non vai haber grandes cambios en canto ás restricións nos vindeiros días.

Sobre a mesa terán os datos da xornada, que reflexan unha leve repunta dos casos activos, anque seguen en niveis semellantes ós de agosto. Ferrol, Santiago e Ourense aumentaron lixeiramente a súa incidencia, mentres Lugo segue por baixo dos 50 casos a 14 días, e baixando.

O conselleiro de Sanidade confirmou ademais que a vacinación con Astra Zeneca se vai reanudarar no punto no que se interrompeu a campaña: nos traballadores esenciais.

No parlamento galego, esta mañá foi admitida a trámite a proposición de lei do BNG para promover a igualdade real na ciencia e na investigación entre homes e mulleres. Unha iniciativa que leva o nome da oceonógrafa Ángeles Alvariño

Os ministros de pesca da UE acordaron prorrogar ata xullo os Tacs e cotas nos caladoiros compartidos co Reino Unido. Os armadores esperan que canto antes se chegue a un pacto definitivo porque a negociación por trimestre impide a planificación da actividade.

En Vigo, Stellantis, a antiga Citroên, quere ter aprobar un ERTE antes de Semana Santa. A medida que é consecuencia da falta dun microchip fabricado en China

A CIG teme os peores presaxios para o estaleiro Barreras.

O cruceiro de luxo Evrima marchou a Santander e a día de hoxe o estaleiro non ten máis pedidos.

O tempo. Continúa a influencia das altas presións

Mañá retómase a vacinación con AstraZeneca... os cidadáns de entre 50 e 55 anos son os que continuarána inoculación e aos que se sumaran progresivamente os menores de 65 anos segundo dispòñibilidade

As últimas novidades da pandemia teñen hoxe que ver coa vacinación. O SERGAS comezará xa a chamar de novo para retomar a inmunización con AstraZéneca. Iso será a partir de mañá. Primeiro, co persoal sanitario e dos grupos policiais e de emerxencia que aínda non recibiran a vacina. Logo, coa poboación xeral menor de 65 anos, a medida de que se vaian recibindo viais.

Hoxe hai nova reunión do comité clínico.

Polo demais, aumenta a preocupación entre os traballadores de Alcoa. Vaise esgotando o prazo pra buscar unha saída á venda da factoría de San Cibrao e urxen unha reunión coa Xunta e o Goberno Central.

E no tempo, seguimos de momento, co anticiclón.

51 contaxios rexistrados nunha residencia de Silleda. É o maior gromo detectado ata agora, logo de ter rematado a vacinación de tódolos usuarios dos centros de maiores. O caso pon a proba a eficacia da vacina. Segundo os responsables sanitarios, os afectados non sufrirán doenzas graves grazas a ser inmunizados. // O MInisterio de Sanidade propuxo ás Comunidades que amplíen o límite de idade ata os 65 anos para a vacina de AstraZeneca, logo dos últimos datos que avalan a sua seguridade e eficacia. // O Concello de Pontevedra declarou «persoa non grata» ao presidente de Ence Ignacio de Colmenares. Os dous grupos que forman o goberno local, BNG e PSOE, considerano responsable da radicalización das últimas protestas dos traballadores, aos que lle atribúen intentos de agresión. 22-03-2021

A eficacia da vacina, a proba, a conta do gromo nunha residencia en Silleda. Con 56 casos rexistrados, é o maior dende que se completou a vacinación de tódolos usuarios. Os afectados están asintomáticos e, segundo os responsables sanitarios, non sofrirán doenzas graves grazas a que foron inmunizados. // Os casos activos manteñen o ritmo lento de descenso, e sitúanse en 2.481. Hai 49 pacientes nas UCI, a cifra máis baixa dende outubro. // Peiteadores e esteticistas súmanse en varias cidades ás protestas para reclamar a redución do IVE do 21 ao 10 por cento, como corresponde aos servizos esenciais. Din que o sector atravesa un momento crítico. // Aprazado en Pontevedra o macroproceso aos 21 acusados de transportar 1.700 quilos de cocaína a bordo do Titan 3. O presunto lider, de orixe brasileira, segue en paradoiro descoñecido. 22-03-2021

A eficacia da vacina, a proba, a conta do gromo nunha residencia en Silleda. Con 56 casos rexistrados, é o maior dende que se completou a vacinación de tódolos usuarios. Os afectados están asintomáticos e, segundo os responsables sanitarios, non sofrirán doenzas graves grazas a que foron inmunizados. // Os casos activos manteñen o ritmo lento de descenso, e sitúanse en 2.481. Hai 49 pacientes nas UCI, a cifra máis baixa dende outubro. // Peiteadores e esteticistas súmanse en varias cidades ás protestas para reclamar a redución do IVE do 21 ao 10 por cento, como corresponde aos servizos esenciais. Din que o sector atravesa un momento crítico. // Aprazado en Pontevedra o macroproceso aos 21 acusados de transportar 1.700 quilos de cocaína a bordo do Titan 3. O presunto lider, de orixe brasileira, segue en paradoiro descoñecido. 22-03-2021

Dominio das altas presions centradas ao noroeste de Francia, espéranse ceos despexados con intervalos de nubes baixas e algunhas nubes altas que non impedirán o paso do sol. As temperaturas en ascenso. 22-03-2021

A boa evolución dos datos, que seguen á baixa, non permite baixa-la garda. Especialmente ante as repuntas detectadas en lugares coma a área sanitaria de Santiago.

O goberno galego pide prudencia á hora de reduci-las restriccións na Semana Santa, coa mira posta, máis ben, en que o verán permita recupera-la actividade.

As autoridades advirten tamén dalgúns malos comportamentos detectados durante esta ponte de San Xosé, anque recoñecen que a maioría dos cidadáns cumpren as normas.

Un brote nunha residencia de Silleda reúne 50 dos 55 positivos en centros sociosanitarios. Tardou en detectarse porque están todos asintomaticos.

A corporación de Pontevedra declara persoa non grata ó presidente de ENCE. BNG e o PSOE acusan a Ignacio Colmenares de instigar ós traballadores ó uso da violencia.

Segue sen concretarse o formato da reunión que manterá este venres Feijoo cos líderes da oposición. O líder socialista, Gonzalo Caballero prefire un encontro conxunto.

Aprazado o xuizo con 21 acusados en relación cun alixo de 1.700 quilos de cocaínda. O motivo, a baixa médica de dúas letradas da defensa.

Continuamos baixo o dominio das altas presións... ceos despexados e temperaturas en ascenso.

Comeza unha nova semana na que os traballadores da Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Clínico de Santiago volven a realizar unha nova mobilización, en demanda de melloras labois...

O ADIF, o administardor de Infraestructuras Ferroviarias, buscará recursos para conectar por tren o porto exterior da Coruña, en Punta Langosteira.

En Brión, os pais de alumnos do colexio de Pedrouzos pídenlle á Xunta que contrate coidadores pró comedor.

En Narón, a dirección da empresa de habilitación naval, Gabadi, e os sindicatos negocian o ERE de despedimento para 36 traballadores indefinidos.