Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba
"Sen coidados non hai vida".
É o berro que as feministas corearon, este oito de marzo, polas rúas de cidades e vilas da nosa provincia.
Este ano, o día internacional da muller foi aproveitado, unha vez máis, para reclamar que se valoren os traballos non remunerados.

Nin sequera a pandemia puido co feminismo galego, que este Día da Muller cumpriu o guión previsto e saíu á rúa para lembrar que aínda non hai igualdade real. Houbo máscaras, houbo distancia social, pero as reivindicacións intactas.

Xa a última hora, tra-la entrega das Medallas Pardo Bazán na Coruña, o presidente da Xunta deixaba un dos anuncios da xornada: o Estado e o goberno galego estudan agora recorrer a sentenza do pazo de Meirás.

Polo demais, hoxe, nova reunión do comité clínico de expertos sanitarios. Non se agardan grandes novidades, neste martes, 9 de marzo, no que o frío segue acompañando, pero con menos vento.

Mulleres na rúa, nunhas Celebracións do 8M condicionadas polas medidas sanitarias. As reivindicacións céntranse en máis igualdade no coidado do fogar, ademáis da loita contra a fenda salarial e a violencia machista. //. O Festival O Marisquiño celebrarase, finalmente, en agosto deste ano en Vigo. A empresa organizadora anuncia a decisión logo de manter nos últimos días reunións coas institucións patrocinadoras .// A Xunta investirá en total 10 millóns de euros para a rehabilitación de 19 inmobles en Ferrol. este ano comezará a rehabilitación doutros 13 edificios. Un total de 38 novas vivendas protexidas e 4 locais comerciais para darlle vida o barrio vello da cidade.// Nas Pontes, os camións do transporte de carbón da central térmica continúan co bloqueo indefinido. Rodearon as instalacións e pecharon os accesos. Protestan contra o cese de actividade na central que os deixa sen actividade. 08-03-2021

Mulleres na rúa, e como protagonistas de actos institucionais. Son as Celebracións do 8M, condicionadas polas medidas sanitarias. As reivindicacións céntranse na loita contra a fenda salarial e a violencia machista.

//Lixeira repunta das hospitalizacións. Son 17 máis que o día anterior, ata 319. Hai 79 pacientes nas UCI. A incidencia da pandemia continúa a liña descendente, xa que os novos contaxios baixan a 88. //As Areas da Coruña e Pontevedra estrean hoxe novas medidas de desescalada, sen peche perimetral e con acceso ao interior dos establecementos de hostalaría, co 30 por cento da cabida. // Ana Peleteiro consegue a medalla de prata de Triple Salto no campionato europeo de Atletismo. Pese as molestas físicas iniciais, a atleta de Ribeira Quedou no último intento a un centímetro do ouro da portuguesa Patricia Mamona. 08-03-2021

Predominio das Altas presións con ventos do nordeste que manterán o aire frío. No tercio norte, intervalos de nubes baixas e posibilidade dalgún chubasco ocasional. Temperaturas en descenso e xeadas no interior. 08-03-2021

Mulleres na rúa, e como protagonistas de actos institucionais. Son as Celebracións do 8M, condicionadas polas medidas sanitarias. As reivindicacións céntranse na loita contra a fenda salarial e a violencia machista.

//Lixeira repunta das hospitalizacións, Son 17 máis que o día anterior, ata 319. Hai 79 pacientes nas UCI. A incidencia da pandemia continúa a liña descendente, xa que os novos contaxios baixan a 88. // As Areas da Coruña e Pontevedra estrean hoxe novas medidas de desescalada, sen peche perimetral e con acceso ao interior dos establecementos de hostalaría, co 30 por cento da cabida. // Ana Peleteiro consegue a medalla de prata de Triple Salto no campionato europeo de Atletismo. Pese as molestas físicas iniciais, a atleta de Ribeira Quedou no último intento a un centímetro do ouro da portuguesa Patricia Mamona. 08-03-2021

Estamos a vivir este 8 de marzo un día internacional das mulleres moi diferente ó doutros anos. Actos pequenos debullados por todo o territorio galego, en lugar das grandes mobilizacións. Actos institucionais que en moitos casos se celebraron só de xeito virtual.

O que non cambian son a loita e as reivindicacións, nun ano no que a pandemia deixou á vista que a conciliación e os coidados son cousa de mulleres, e que as crises económicas adoitan deixar nelas a pegada máis forte

A área sanitaria da Coruña/CEE recupera hoxe a mobilidade.
 Na provincia, só seis concellos manteñen o nivel alto de restricións e, polo tanto, teñen reducida a  mobilidade.
 Son Arteixo, Miño, Ponteceso e Sobrado na área sanitaria da Coruña/Cee e Cariño e Mugardos na de Ferrol.
 A semana arranca con 6 novos mortos por coronavirus na provincia

O anticiclón continúa de momento en Galicia neste 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Unha xornada reivindicativa que nesta ocasión virá marcada tamén pola pandemia. A plataforma Galegas 8M, varios sindicatos e o BNG apoian as mobilizacións na rúa, que se farán respetando as medidas sanitarias.
O PSdeG aposta por actos máis simbólicos e reducidos, mentres dende o PP aseguran que deben primar os criterios de saúde pública.

En todo caso, un 8M distinto, como todo nesta pandemia, que de momento se mantén dobregando a curva. Dende esta pasada medianoite, ademais, un novo paso na desescalada. Agora xa coas áreas da Coruña e Pontevedra abertas e case toda Galicia en nivel medio de restriccións. Entre outras cousas, significa que o 95 por cento dos galegos pode circular dende hoxe por case toda a comunidade.

Xa hai menos de 4 mil enfermos de coronavirus en Galicia. Seguen a ser moitos, pero é das mellores cifras dos últimos meses. Dende setembro os casos activos non baixaban de aí. O outro indicador positivo da xornada, o dos novos contaxios, que despois das repuntas dos últimos días, volve descender. Confírmase tamén a diminución da presión hospitalaria.

E todo isto na fin de semana previa ó 8-M, cos partidos divididos sobre a conveniencia, ou non, de celebrar mobilizacións na rúa.

Xa no espazo da entrevista hoxe falaremos co músico Rodrigo Romaní, que vén de recibir o Premio Laxeiro