Reencontro presencial, de estudantes e profesores universitarios, logo de varias semanas de docencia exclusivamente telemática. Os cerca de 60.000 alumnos das tres universidades están chamados a un cribado masivo que durará ata o xoves. // Os grupos políticos amosaron hoxe a sua preocupación polo avance da desescalada e a repercusión na economía. Os dirixentes do BNG e dos socialistas galegos piden unha xuntanza con Feijóo para falar tamén do plan de vacinación e as axudas á hostalaría. // o presidente da Xunta advertiu da díficil situación económica que provocará a crise do coronavirus nos próximos meses. Tamén indicou que a terceira onda da pandemia está a punto de superarse, pero aínda non se pode baixar a garda. // A fundacion Amancio Ortega fixo a entrega da escola infantil de Bembrive ao Concello de Vigo, que se fará cargo da súa xestión. O centro, cun orzamento de tres millóns e medio de euros, ten capacidade para 82 prazas de nenos de ata tres anos. 01-03-2021
Reencontro presencial de alumnos e profesores universitarios, logo de varias semanas de docencia exclusivamente telemática. Os cerca de 60.000 alumnos das tres universidades están chamados a un cribado masivo que durará ata o xoves. // Despois das advertencias das autoridades durante a fin de semana, hoxe comenzan as inspeccións de locais de hostalaría, sobre o cumplimento das normas sanitarias para a reapertura. // A incidencia baixa a niveis de outubro, no inicio da segunda vaga, logo de detectarse pouco máis de cen novos contaxios nas últimas horas. Máis lento é o alivio da presión hospitalaria e contabilízanse outros 11 falecementos. //Nova protesta dos alcaldes galegos e portugueses polo peche da Fronteira. Reclaman a apertura de máis pasos, e compensacións económicas para unha zona na que a maioría dos negocios teñen teñen clientes nas dúas beiras. 01-03-2021

A inestabilidade aumentará ao longo do día polo que os ceos presentarán alternacia de nubes e craros, cn chubascos na maior parte do territorio. As temperaturas, sen cambios. 01-03-2021
Estabilízanse os datos da pandemia. Os novos casos detectados son a metade que onte e sitúanse en niveis dos días previos ás festas de Nadal. Os casos activos baixan a niveis de finais de decembro. A desescalada chega ás universidades, que retoman as clases presenciais con cribados ós estudantes. Onde aínda non se fai notar a melloría é na fronteira... os alcaldes reclaman compensacións pros afectados. O Concello de Pontevedra envía un requerimento a ENCE para que aclare as condicións de seguridade das súas instalacións. Nova polémica no Concello de Ourense co alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, como protagonista indirecto.
A primeira fin de semana da desescalada saldouse con sancións por incumprimentos das normas . A Coruña segue a ser a área sanitaria con máis incidencia por Covid-19 . Esta fin de semana rexistráronse 4 falecmentos
A mañá comeza fría e non se descarta un aumento da inestabilidade. Parece unha metáfora do que pode pasar coa pandemia en Galicia se non respetamos as normas.
Os datos da covid dannos motivos para a esperanza, pero as autoridades xa advirten de que non podemos relaxarnos. Non se poden repetir tampouco escenas como as desta fin de semana, onde a xente saiu en tromba á rúa e ás terrazas tras un mes con restriccións máximas.
A Xunta asegura que se non cumprimos, haberá marcha atrás. O comité clínico reúnese dúas veces por semana.
Xosé Manuel García entrevista a Manuel Baltar. Analizamos co presidente da Deputación de Ourense cuestións de actualidade, coma a crise política que se está a viver no concello de Ourense, o veto ó portavoz socialista Rafael Rodríguez Villarino ou a fichaxe de concelleiros de Ciudadanos
Logo de oitenta anos servindo de residencia veraniega do ditador Franco e os seus herdeiros, o Pazo de Meirás é xa patrimonio público. Pero, como chegou a residencia de Emilia Pardo Bazán a se converter nun símbolo da ditatura e, máis tarde, da loita antifranquista? Todas as claves na entrevista de Cristina Pérez ao historiador Manuel Pérez Lorenzo...
- Os contaxios nos centros seguen baixando e case todos os residentes están vacinados
- Os responsables pídenlles prudencia e que sigan cumprindo as restricións
Os contaxios nos centros de maiores seguen baixando e case todos os usuarios e traballadores están vacinados. Pese a iso, os responsables alertan de que hai que seguir cumprindo as restricións.
Os usuarios das residencias de maiores poderon sair a pasear, por vez primeira coa tranquilidade de considerarse inmunizados logo de recibir a segunda dose da vacina. E outra consecuencia do levantamento das restrición, xunto coa volta da hostalaría e a suspresión de moitos peches perimetriais. // Os hostaleiros deberán rexistar os locais nunha páxina da Xunta é sera obrigatorio contar con código QR visible para que os clientes o poidan leer e, de xeito voluntario, rexistrarse para un mellor rastrexo de contactos, en caso de coincidir con algún outro cliente que dea positivo.// Nas áreas en nivel intermedio, Pontevedra, A Coruña e Ferrol, o bo tempo está a animar a moitos a disfrutar das terrazas, que só poden abrir ao 50 por cento, e ata as seis da tarde. // Un estudo da Universidade de Vigo estima que, só na primeira onda da pandemia, o impacto económico do peche da frontera con Portugal foi duns 92 millóns de euros. 26-02-2021
Esperado reencontro de clientes cos seus locais de hostalaría favoritos, nunha reapertura, que veu acompañada dun tempo moi favorable. O levantamento das restriccións de mobilidade aumentan as espectativas para a fin de semana. // Tamén os usuarios das residencias de maiores puideron sair a pasear, por vez primeira coa tranquilidade de considerarse inmunizados logo de recibir a segunda dose da vacina. // Os casos activos rexistran a cifra máis baixa dende o 4 de xaneiro, con 272 novos contaxios. A ocupación nas UCi, con 117 pacientes, está xa por debaixo do 20 por cento, e contabilízanse oito falecementos. // As casas de Turismo Rural confían na desescalada para recuperarse logo de meses sen actividade. DAn por perdida a Semana Santa pero esperan un verán mellor, como o do ano pasado. 26-02-2021