Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira e Carlos Cerecedo.
As exportacións continúan as ser determinantes para a evolución positiva da economía galega que volve a niveis de crecemento anteriores á pandemia. Hai un segundo factor tamén importante, o consumo, aínda que centrdo no turismo e hostelaría, porque se reduce o gasto en alimentación. A sombra agora é o aumento dos xuros.
Último día de mes e de traballo para moitos que, precisamente hoxe, se van de vacacións. Non os políticos porque nunha semana empeza a campaña electoral, a oficial, para as eleccións xerais do día 23 de xullo.
Pois na despedida de xuño recuperamos a influencia anticiclónica e soben de novo as temperaturas.
A Xunta vai manter os descontos nos autobuses interurbanos e no transporte marítimo de ría, entre Vigo e os municipios de Cangas e Moaña, ata que remate o ano. Acordouno o Consello da Xunta de hoxe, que ademáis anunciou unha nova oferta de emprego público de case 200 prazas.
Hoxe coñecimos tamén que a economía galega foi ben no primeiro trimestre do ano, cun crecemento próximo ao 3 por cento, grazas ao tirón das exportacións.
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira e Carlos Cerecedo.
Finalmente o servizo galegode saúde adiantará algunhas das intervencións adiadas en Ourense pola avaría dun TAC intraoperatorio. O aparello estropeouse en xaneiro, e logo de varios meses tratando de arranxalo, o sergas decidiu licitar a compra dun novo. Mentres, acumuláronse varios centos de doentes que nalgúns casos advertían de que os seus problemas non admitían máis demora. Unha quincena serán derivados a outros hospitais pra axiliza-las intervencións, ainda que agora os novos ciruxáns están a muda-las súas propostas pra arranxa-los problemas.
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira e Carlos Cerecedo.
Na Coruña acaba de comezar... en prácticamente o resto das grandes cidades galegas, asociacións LGTBI sairán a partires das oito ás rúas. É o seu día, o día do Orgullo de ser e sentir como fan, o día que reivindican a súa liberdade como persoas. E piden o apio de todos e todas.
Nunca a xustiza galega tivera tal atranco... uns 400 mil galegos e galegas están pendentes dun procedemento. Hoxe falaron procuradores e abogados, pra expor a situación e pra propoñer medidas que xa tiveron éxito, por exemplo, en Portugal. Logo o vemos.
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira e Carlos Cerecedo.
A falta de persoal, de salas, e as folgas de distintos sectores nos íltimos tempos levaron ó atranco xudicial a medrar un 31% en Galicia nos últimos seis anos. Na actualidade son 400 mil os galegos que están pendentes da resolución dalgún procedemento.
Procuradores e abogados propoñen a adopción en España do modelo portugués pra desconxestiona-los xulgados que otorga aos procuradores competencias na tramitación. Un colapso que levou hoxe ós avogados a concentrarse ante ante os principais xulgados pra reclamar solucións urxentes ante a parílse da xustiza.
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira e Carlos Cerecedo