Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O sector do metal reanuda hoxe as negociacións sobre o seu convenio colectivo- Fano tras desconvocar as dúas xornadas de folga previstas para esta semana pero iso sí, avisan que de non chegar a un acordo, iniciarán unha folga a semana que vén de carácter indefinido.


Na política veremos qué actos nos agardan pra esta sexta xornada de campaña.
 

Pasada a resaca o debate entre os dous principais candidatos á presidencia do Goberno, a campaña continúa sen sobresaltos en Galicia con moita menos presencia nas rúas ca nas pasadas eleccións municipais. E aquí, alomenos de momento, o calor non é unha disculpa.
Aínda que hoxe imos ir recuperando a influencia do anticiclón, pero pola mañá aínda teremos nubes baixas e algún orballo no terzo norte.

Despois de anos de denuncias polo seu deterioro e abandono, o panteón de galegos ilustres está a piques de vivir unha mundanza. Os tres partidos políticos secundan unha proposta pra converter o lugar de repouso de Rosalía de Castro, Castelao e outros referentes da nosa cultura nun espazo de xestión pública.
Dende o Museo do Pobo galego saúdan a iniciativa, e agardan que se acometa unha restauración integral.

O debate entre os candidatos do PP e o PSOE marca boa parte da campaña pras eleccións. Uns comicios nos que 97 invidentes contarán con votos adaptados ás súas necesidades.

Carme Dasilva,  candidata del BNG, ha confesado en Las Mañanas de RNE que el debate entre Sánchez y Feijóo fue “clarificador” en el sentido de que dejó claro que “el bipartidismo ofrece a Galicia ruido, pero ninguna alternativa. ” Asegura que si a alguien conocen muy bien en Galicia es a Feijóo y que “después de tantos años de gobierno, dejó a Galicia con menos sanidad, educación, sin residencias, etc.” y que por ello, “vamos a servir siempre como muro de contención para que esa derecha o extrema derecha no gobierne.”

A falta facultativos nos hospitais volve ser noticia. Na provincia da Coruña, na Ribeira , os pacientes queixánse da falta de pediatras. En Corrubedo faltan médicos de familia e en Ourense, no hospital de Valdeorras, As carencias de especialistas no servizo de hematoloxía comprometeN a atención sanitaria aos doentes.

Na política repasaremos cómo foi o quinto día de campaña e escoitaremos as primeiras reaccións en Galicia do cara a cara entre Sánchez e Feijoo

Continúa a campaña electoral. Hoxe cos ecos do debate entre os candidatos á presidencia do goberno Pedro Sánchez e Núñez Feijóo. En Galicia, hoxe os líderes do PP e PSdeG vanse a ourense.. sumar presenta as súas propostas en materia de benestar animal e o BNG sobre feminismo

Os centros máis afectados polas carencias de èrsoal sanitario vense aínda máis afectados coa chegada do verán. A falta crónica de especialistas en Valdeorras está agora obrigando ós doentes a peregrinar ata a capital provincial pra seren vistos por un hematólogo, ante a falta dos dous especialistas. No Barbanza o que faltan son pediatras. Os que acudiran ó PAC de Ribeira nas últimas horas foron derivados ó hospiotal do barbanza onde sufrioron longas esperas pola falta deste persoal.

Primeira fin de semana de campaña na que o PP celebrou o seu acto central na praza de touros de Pontevedra, na vispera do único cara a cara televisivo entre Pedro Sánchez e Núñez Feijóo. Unha campaña marcada pola igualdade entre os bloques de esquerda e dereita.

Pero este domingo veu marcado tamén pola noticia do pasamento de Luis Suárez. O coruñés foi o único futbolista español que conseguiu o bal´0n de ouro

hoxe 9 de xullo as miradas están postas na política, especialmente en Pontevedra onde Alberto Núñez Feijóo celebra hoxe o miting central de campaña.

Pero novas tamén en Milán onde morreu o xogador coruñes e seleccionador nacional Luís Suarez aos 88 anos

Mobilización esta mañá en Lousame contra a reapertura da mina de San Finx. Protestan ecoloxistas e tamén mariscadores porque recuperar a actividade suporía baleirar augas contaminads na ría de Muros.

Tamén en augas de Panamá estase a buscar un pescador de Porto do Son que ía nun barco de Ribeira e que desapareceu a noite pasada, posiblemente tras caer ao mar

Xa estamos en campaña pras eleccións xerais do 23 de xullo, e escoitamos en breve as súas mensaxes... Pero aínda quedan cambios por pechar nos concellos tralas eleccións do 28M. Hoxe, día de plenos pra constituir 12 corporacións, 10 da Coruña e dúas de Ourense, que viron aplazada a súa formación por mor de recursos ante as xuntas electorais. Só dous concellos deixaron a sesión plenaria pra tarde, pero non se agardan sorpresas. O BNG e o PP sumarán 4 rexedores cada un, o PSOE unha alcaldía, e os outros tres irán pra formacións locais independentes.
Queda un concello por constiutir, o de castrocaldelas, que non ten data pra repetir elecións.

Primeiro día da campaña electoral pras eleccións do día 23. Os partidos realizaron a pasada media noite a tradicional pegada de carteis. O PP e PSOE escolleron Ferrol e Vigo, únicas cidades onde gobernan con maioría absoluta, e o BNG, Santiago, cidade que goberna desde hai un mes. Yolanda Díaz foi a primeira candidata a presidencia do goberno en visitar galicia en campaña.

Pero este venres, sobre todo, destacamos unha tráxica noticia: a morte nun neno no Porriño tras pasar varias horas abandonado nun coche