Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Chamamento da Xunta a reducir o consumo de auga sobre todo nas provincias da Coruña e Lugo

No norte delas está declarada a situación de seca prolongada... Minimizar o rego ou non encher piscinas son algunhas das peticións

Falecen dous mozos de 18 anos nun accidente de tráfico en Chantada tras cruzarse cun xabaril na estrada

Os bombeiros tiveron que excarcerar ós dous ocupantes. O condutor do turismo conseguiu saír ileso

Os traballadores da prisión de Monterroso alertan do aumento de agresións por parte dos reclusos

Piden a Institucións Penitenciarias que deixe de remitirlles presos agresivos de segundo e primeiro grao porque o centro non está preparado pra eses perfís

O Carballiño busca facer a tapa de polbo máis grande do mundo

580 quilos deste cefalópodo e 45 litros de aceite de oliva están xa preparados para que medio cento de pulpeiras comecen o traballo esta tarde

No tempo, activo o aviso laranxa por calor no interior de Ourense.... pero moita calor en xeral hoxe en todas as provincias.

Esta vez non escapamos da calor e así os termómetros estarán hoxe por riba de 30 graos en prácticamente toda Galicia...O peor na conca ourensana do Miño... alí rondarán os 40 graos.
Lóxicamente con esta situación o risco de incendios aumenta e xa e moi alto en boa parte do interior de Galicia. E as chuvias son mínimas: así o norte, entre a Coruña e Ribadeo entra en situación de seca prolongada e lembremos que xa hai tres zonas, a da Coruña, Bergantiños e Baiona en preaalerta por escaseza de auga.

Prohibido o baño en dúas praias das Rías Baixas pola presenza de bacteria E.Coli en niveis máis elevados dos recomendados. Son os areais de de Rodeira, en Cangas, e o de Arealonga, en Redondela. Hai que agardar agora ós resultados das mostras tomadas hoxe

A escaseza de polbo provoca que só o 20 por cento do que se consome sexa galego e están aumentando os prezos. Nas Rías Baixas as capturas son un 70 por cento inferiores ás habituais nesta época... en zonas como Ferrol a maior parte do polbo que se colle é de pouco máis dun kilo

Enfrontamento entre o PP e a oposición a conta do modelo de financiamento autonómico: os populares piden a BNG e PSOE que apoien a Rueda. Pero ambas formacións acusan á Rueda de buscar só a confrontación con Pedro Sánchez. Os nacionalistas defenden máis soberanía fiscal pra Galicia

Mortadelo, Filemón ou Batman toman a Coruña: comeza o salón do cómic 'Viñetas desde o Atlántico': por diante sete días de actividades. Ás seis inauguración dos 40 expositores de banda deseñada e obradoiro infantil 'Viñetas Lab'... Pola noite fusión de música e ilustracións no Teatro Colón

En dez días botará a andar a nova lexislatura coa constitución do Congreso conforme ós resultados das eleccións xerais. A partir de aí empezará a tarefa de buscar unha maioría para a investitudra. O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, desde Cambados, onde participou na festa do albariño, di que traballa para un acordo amplo e constitucional.
E, este luns dous sucesos lévanos a Lugo... ingresa en prisión o autor dun homicio en Samos, aínda que alega que actuou en defensa propia e un atropelo durante unha proba ciclista nos Ancares.

Comezamos a semana con sol e temperaturas altas, que aínda subirán máis mañá... hoxe a medatade sur xa quedará por riba dos 30 graos e no norte entre 25 e 30.
 

O lider nacional do PP, Alberto Núñez Feijoo, visita a estas horas a Festa do Albariño en Cambados, onde vén de reiterar a súa intención dun goberno en solitario, cun acordo amplo.
 

Isto, o Partido popular, desde o PSOE, a alcaldesa da Coruña, coa que conversamos no noso tempo da entrevista, posiciónase a favor dunha nova investidura do actual presidente en funcións Pedro Sánchez.
 

Ademáis, preocupación da familia do coruñés Diego Bello, asasinado hai tres anos en Filipinas... Mañá celébrase unha vista xudicial pra determinar se se permite a posta en liberdade, baixo fianza, dos tres acusados

O sector do mar acusa á Cámara oficial Mineira de Galicia de mentir para ocultar o impacto ambiental da mina de San Finx, en Lousame

Primeiro domingo de agosto con numerosas festas gastronómicas, entre elas, a do pemento de Oímbra, en Ourense. Achegarémonos ata alí.

Día de loito oficial en Samos, en Lugo. Está previsto que mañá domingo pase a disposición xudicial o home acusado de asasinar a un veciño e agredir á súa muller.

En Foz, están pendentes hoxe do resultado das novas análises practicadas á auga, de momento seguen sen poder consumir a auga da billa, pola presenza da TRIHALOMETANOS.

Ata as nove e cuarto ampliamos estas e outras novas de Galicia deste sábado 5 de agosto.
 


Restrinxido o consumo de auga da billa en Foz para beber ou cociñar pola presenza de substancias nocivas.

En principio só son perigosas en grandes cantidades... Xa se están a esgotar as reservas de auga embotellada na vila.

Casas armadoras galegas estudan emprender accións legais contra National Geographic pola reportaxe sobre o porto de Vigo.

Este medio sitúao coma o maior porto de pesca ilegal de Europa, con barcos que mesturan peixe legal con outro de procedencia ilícita.

Novos recursos para loitar contra a violencia de xénero no eido rural.

Convenio de colaboración entre a Xunta e as federacións rurais pra que as mulleres saiban a onde acudir no caso de sufrir violencia machista ou escoiten experiencias similares.

O Hospital de Verín terá antes de fin de ano un novo edificio de urxencias e un punto de atención continuada.

Suporá un 10 por cento de aumento da superficie e terá salas de espera adaptadas por tipo de doente.

No tempo, por diante unha tarde de sol e con temperaturas bastante elevadas nas Rías Baixas.

O Supremo xa ten a demanda do sector pesqueiro contra os plans de ordenación do espazo marítimo para a futura instalación de parque eólicos. Queren que o proceso de inicie de novo pero escoitando os que viven dende sempre do mar.

E imos escoitar as críticas ó acordo do SERGAS cos médicos para que os facultativos que traballan na pública e na privada tamén poida cobrar o plus de exclusividade.

O concello de Betanzos levanta as restriccións para o consumo de auga da traída e agora é o de Foz o que recomenda non bebe-la... Atende así a recomendación de Sanidade despois de que se detectaran valores altos de trihalometanos.

O tempo. Pouco a pouco recuperamos a influencia do anticiclón, pero polo norte, sobre todo na primeira metde do día aínda haberá abundantes nubes.

O supremo xa ten na súa mesa o recurso do sector pèsqueiro galego, cantábrico e canario contra os plans do goberno central pra eólica mariña. O sector entende que priorizan a produción de enerxía sobre a pesca, algo que mesmo incumple a constitución. Ademáis, non se recolleron na súa elaboracion os estudos que acreditan os posibles danos a ecosistemas e pesquerías. Agora agardan que o Supremo resolva antes de que se aproben as concesións pra construir parques eólicos mariños.
 

Xa están no cárcere os tripulantes do pesqueiro que pretendía introducir un cargamento de cocaína en Galicia e do que se recuperaron 500 quilos. Agora está pendente a decisión xudicial sobre as outras trece persoas arrestadas en terra.
No ámbito político, o financiamento autonómico reaparace antes incluso de que se abran as negociacións para a formación de novo goberno. A Xunta rexeita que se poida perdoar a débeda de forma unilateral.. O BNG pensa que, se se fai, Galicia tería que recibir unha compensación, aínda que o deputado electo, Néstor Rego, considera un erro que goberno galego recorrira ó financiamento privado e renunciara ó que ofrecía Facenda.

O xoves será unha xornada de transición cara ás altas presións, pero aínda pode chover algo no norte e as temperaturas non van ser altas.
Vexamos cal é agora a situación nas principais cidades.

O presidente da Xunta critica que o financiamento autonómico sexa moeda de cambio nas negociacións pra formar goberno.

Rueda opoñerase a que se condone débeda a algunha comunidade se non se compensa a Galicia na mesma porcentaxe. O BNG reclama compensacións semellantes e un mellor financiamento.

O conflicto dos parques de bombeiros do consorcio entre Xunta e deputacións pode achegarse ó seu final.

As institucións asinaron un protocolo de colaboración. E ainda que os traballadores non o asinaro, sí acordaron un calendario de negociación.

A siderúrxica Megasa agarda recuperar a normalidade este mes, tralo incidence con refugallos radiactivos de xuño.

Xa se suspendeu o ERTE que afectou ós traballadores de aceiría. Agardan a que o Consello de Seguridade Nuclear dea por rematado o episodio.

Arrinca en Cambados a Festa do Alvariño, con moi boas previsións pra vindeira campaña.

Poderían chegar ós 46 millóns de kilos de uva de gran calidade, e superar os datos do ano 2021, o maior da historia da marca de calidade.

NO tempo, agardamos máis claros pola tarde tralo paso dunha fronte nesta xornada.