Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O sistema de freado automático, ERTMS, vai ser o protagonista hoxe no xuizo do Alvia. Por qué non estaba activo e qué cambiaría se sí estivese en funcionamento.

Nova convocatoria de folga no transporte está convocada por unha plataforma de autónomos e pemes... non apoian as grandes asociacións do sector, que si se manifestan en contra dos desvíos previstos en Pedrafita con meteoroloxía adversa.

E, empezaremos en Pontevedra onde soubemos que a nave que ardeu en Pontesampaio non tiña licenza nin medidas de seguridade.

Deportes. Ó Lugo o punto que sumou onte ante o Cartaxena non lle serve paara sair dos postos de descenso

Os transportistas galegos covocaron unha nova forlga indefinida o vindeiro 14 de novembro ante a escalada de prezos. Un novo intento de paraliza-lo sector, tralo realizado a pasada primavera.

Paro nas estradas que se suma ao que hoxe secundaron os traballadores de Renfe e que deixou máis de 10 liñas sen funcionar. O vindeiro venres anuncian unha nova folga se non son atendidas as súas demandas.

O lume da pasada noite en Pontesampaio, en Pontevedra, deixa á descuberta unha actividade sen licenza e sen medidas de seguridade. A nave era un polvorín, e as consecuencias puideron ser aínda máis graves. Chegaron a prepara-lo confinamento de de toda a poboación da localidade. Mentres o concello abre un expediente sancionador, un traballador permanece ingresado en etado moi grave na unidade de queimados da Coruña, e outro traballador e un bombeiro tiveron que ser atendidos.

Para un mes o transporte por barcaza entre Santiso e Vila de Cruces por mantemento con queixas de ambos concellos por unha interrupción tan longa

O PSDEGA convocará unha asemblea urxente en Sada pra trasladarlle ós concelleiros socialistas o rexeitamento do partido á moción de censura contra o alcalde

Incendio no vagón dun tren que circulaba entre Santiago e Ourense a pasada tarde, non houbo feridos

En Pontevedra quedou controlado o incendio que se declarou nunha nave de sementes e que orixionou unha gran fumareda. Tres persoas resultaron feridas, unha grave.
Seguen as queixas pola falta de médicos nos centros de urxencias..chegan de novo da área saitaria de Pontevedra...E este domingo deixanos dúas manifetacións: unha en demanda de maiores salarios e inditex; a outra en defensa da pluralidde na Crtvg

Deportes. O Lugo buscará hoxe tres puntos fronte ó Cartagena para fuxir dos puntos do descenso ó que caeu o Celta, en primeira, tras perder o sábado.

O tempo. Hoxe co paso dunha fronte fría activa asociada a unha borrasca situada ao noroeste de Irlanda. O peor pola tarde con vento e chuvias.

Caldas, Sanxenxo, Cambados ou o Grove. Son os últimos concellos afectados pola falta de recursos en primaria. Un exemplo esta fin de semana. Parte do tempo os pacs quedaron sen médico. Os veciños chegaban cunha urxencia e non tiñan quen os atendese.

Todo nun día con novas manifestacións nas rúas de Santiago, marcha en defensa da CRTVG baixo ó lema por una radiotelevisión pública galega ó servizo do pobo. E na Coruña, protesta das dependentas das tendas de Inditex pola desigualdade salarial con respecto ó resto do persoal do xigante téxtil.

De contado máis detalles, tamén o noso tempo de entrevista. Conversaremos coa eurodeputada do BNG, Ana Miranda.

E precaución no litoral, hai temporal, aviso laranxa da Aemet por fenómenos costeiros. 

A palabra que resume a impresión galega do cumio hispano-luso é decepcionante. Utilízana tanto o presidente da Xunta como a líder do BNG. Rueda cre que o goberno desatende os intereses de Galicia, que falta á súa palabra. Pontón comparte impresións pero ademais critica tamén ó executivo galego e acusa a Rueda de ter pouco peso político.

Todo nun día de manifestacións. Colectivos en defensa dos dereitos trans únense desde Compostela á petición para pedir a inmediata aprobación da lei estatal. Mentres, na Coruña, centos de persoas camiñan cara a Casa Cornide para esixir que este ben, aínda dos Franco, pase a mans da cidadanía.

E nos deportes, pendentes esta tarde do Celta porque Carlos Carbalhal debuta como adestrador no encontro fronte ó Osasuna en Balaídos.

Rematou en Viana do Castelo o cumio Hispano-Luso. Pedro Sánchez recordou o seu compromiso de reforzar as conexións ferroviárias entre os dous países, pero non se concretaron datas pro tren de alta velocidade entre Galicia e Porto.

En Sada o partido Popular, o PSDG e Alternativa dos Veciños veñen de presentar unha moción de censura contra o alcalde Benito Portela. As direccións provinciáis dos partidos desbáncanse desta decisión.