As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Hoxe reanúdase o xuizo polo accidente do Alvia... farao coa declaración de varios axentes da policía que interviron tra-lo descarrilamento.
En Vigo, hoxe pasará a disposición xudicial o home que matou unha veciña, aínda se investiga o móvil da acción.
E escoitaremos as reaccións a elección da Coruña como a cidade que Galicia vai presentar como candidata a albergar a sede da Axencia de intelixencia artificial.
As estradas deixannos unha nova víctima mortal. Un home de 29 anos faleceu nun accidente no concello coruñés da Baña.
Deportes. O celta rescata un punto nos últimos minutos contra o Xetafe e mantense un punto por riba dos que marcan o descenso
Preocupación no sector da pesca. A frota sostén que pescan un 50 por cento menos dende que se aprobou o veto a pesca en case un cento de areas protexidas. E así llo transladaron hoxe ó ministerio de pesca nunha para avaliar o impacto da prohibición
A Coruña será a cidade que apoie a Xunta para acoller a Axencia Estatal de Intelixencia Artificial. Así se decidiu trala reunión de hoxe do Nodo galego con representantes autonómicos e das tres universidades galegas.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
A Coruña é a cidade que vai promover a Xunta como sede da Axencia española de Intelixencia Artificia. Competía con Santiago e Ourense. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, adianta que a marxe desde dictame seguirán adiante coa súa proposta.
O concello de Vigo decretou un día de loito en memoria da muller de 56 anos presuntamente asasinada por un veciño do seu edificio. Os feitos tiveron lugar este domingo na rúa Zamora. O home que está detido e está previsto que mañá pase a disposición xudicial.
Este mércores comezan as comparecencias no Parlamento para detallar, polas distintas áreas, os orzamentos de Galicia par 2023. A oposición confirmou que vai presertar unha enmenda á totalidade... o BNG demanda unha política fiscal distinta.
Desde hoxe poderán atopar máis controis de Tráfico en estradas con obras en marcha. Forma parte dunha campaña nacional da DXT pra reduci-los accidentes e, especialmente, os atropelos a operarios.
- O tempo. hoxe con menos vento e chuvia. As temperaturas non varía... seguen altas para esta época do ano.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Homicidio en Vigo. Un home entregouse á policía despois de matar a unha veciña ó darlle varias coiteladas.
Queixas dos veciños de Carral... aseguran que ninguén se puxo en contacto con eles desde que se detectaran dous casos de gripe aviar nunha granxa de visóns e denuncian que as molestias son constantes.
En Sevilla, no municipio de Camas, os veciños despediron ó piloto Santiago Durán que faleceu nuna accidente coa avioneta contra incendios cando se desprazaba de Lugo a Córdoba.
Deportes. o Lugo sae dos postos de descenso tras gañar ó Burgos; o Celta recibe hoxe o Xetafe nun partido importante porque alonxarse dos postos baixos. En baloncesto, o Obradoiro caeu na prórroga
Xosé Manuel García fala co delegado do Goberno en Galicia D. José Miñones
Entrevista co Director de cine de animación e ilustrador Alberto Vázquez.
Realizada por Alejandra López.
A busca da avioneta desaparecida dende este mércores foi localizada nesta tarde no concello zamorano de O PoRTO. Trátase dunha zona complicada a que só s epode acceder por medios aéreos. xunto a aeronave foi atopado o corpo sen vida do piloto, pendente aínda do rescate e da identificación debido a mala climatoloxia
- Cinco artistas de prestixio internacional participan no primeiro festival de muralismo de Castro Caldelas
- Co obxectivo de achegar a arte urbana á cidadanía, convidaron aos escolares de primaria a unha visita guiada
Cinco artistas de prestixio internacional participan no primeiro festival de muralismo de Castro Caldelas. Co obxectivo de achegar a arte urbana á cidadanía, convidaron aos escolares de primaria a facer unha visita guiada.