Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Desde primeira hora desta tarde estamos moi pendentes da desaparición dun piragüista en augas do Río Lerez ao seu paso por Pontevedra. Ata o de agora os efectivos que están traballando alí non deron co seu corpo.

E no debate político instalase a reclamación dunha mellora da rede ferroviaria de cercanías en toda Galicia. Os orzamentos do Estado nos que aparece un investimento moi cativo está a ser o detonante desta esixencia.

Seguen as investigacións da policía xudicial e os peritos no instituto ourensán no que este mércores falecía un rapaz de 3ºda ESO. Os bombeiros revisaron as instalacións, e elaboraron un informe que descarta, en principio, que hobera danos estructruais nas instalacións. Cren que algunha forza tivo que presiona-lo tabique de dous metros de alto que caeu sobre o cativo. Tampouco tiñan constancia de denucnias previas sobre o mal estado dos vestiarios.

O xuizo do Alvia retomarase o día 8 de novembro. Este xoves escoitamos a declaración máis longa ata o de agora...a do xefe de maquinistas de Ourense que reiterou que avisou antes do accidente da perigosidade da curva da Grandeira e propuxo mellorar a sinlización.

Nos próximos minutos escoitaremos ós familiares dos mariñeiros falecidos no naufraxio do Pitanxo: daban por feito que estaba decidido baixar o pecio para buscr explicacións ó fundimento e agora o Delegado do Goberno dixo que depende do que diga a comisión que investiga os accidente marítimos

Boas novas pras familias dos falecidos do villa de pitanxo que recibiron esta tarde o apoio unánime da Eurocamara ás suas peticións. Alí no parlamento europeo, as familias pediron que se baixara ao pecio e tamén, máis transparencia na información.

Hoxe reanudouse o xuizo polo descarrilamento do Alvia . Foi o turno dos primeiros policías que acudiron ó lugar do sinistro xusto despois do descarrilamento.

O xuizo durará ata decembro ante o alto volume de declaracións.

Duelo en el instituto de Ourense en el que el miércolesmurió un niño de 13 años al caerle encima un muro del vestuario. Se ha guardado un minuto de silencio en la Plaza Mayor de Ourense por el alumno fallecido. Han acudido los profesores y compañeros de Manuel.

La jueza ha solicitado un informe técnico sobre el estado del muro para aclarar las causas del accidente. Desde la Xunta aseguran que el equipo directivo del centrono había apreciado defectos en la pared. Sin embargo, la versión de algunos alumnos es otra. El tabique, dicen, estaba en mal estado. Foto: EFE/ Brais Lorenzo

Conmoción en Ourense, trala morte dun rapaz de 3º da ESO, aplastado polo muro dos vestiarios. E moitas preguntas, porque rapaces e familias apuntan que xa se denunciara o deterioro das instalacións deportivas, pero o centro e a Xunta aseguran que non tiñan coñecemento de deficiencias. O xulgado xa ordenou informes periciais e tomas de declaración pra tratar de esclarecelo, mentres un equipo de psicólgos atende ós compañeiros pra axudalos a asumi-lo sucedido.