Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A única central térmica de carbón en activo de España volveu hoxe á actividade. Malia os plans de peche por parte de Endesa, a central das Pontes volve producir enerxía, mentres o desmantelamento dos grupos agardan a que a crise enerxética mundial lles permita a total desconexión. POlo de agora, volve a actividade cun alivio pras empresas auxiliares das Pontes, os transportistas, e tempo pra posta en marcha dos proxectos que han de compensa-la perda de emprego.

Distintas mobilizaicóns poden alterar hoxe o cumprimento dalgúns servizos: por exemplo o de axuda no fogar onde hai convocada folga... ou nos autobuses urbanos de Vigo, con paros parciais.

Os que si retoman a actividade son os brcos que se dedican a extracción da voandeira, boa parte deles do porto de Cambados.

E, xa non o intenten, no perda o tempo.... en pouco máis dunha hora xa se esgotaron os bonos cultura.

Deportes. O Lugo buscará un resultado positivo en Eibar que lle permitan alonxarse do descenso

Considera que os problemas fronteirizos están nun segundo plano: os gobernos de ámbolos países teñen máis interés en falar de cuestións europeas, como a enerxía.

Paros nos autobuses de Vigo. Os traballadores de Vitrasa retoman mañá as mobilizacións pra que a empresa, que quere baixarlles o salario, negocie un novo convenio.

Cabreo dos mariscadores que faenan a pé na ría de Noia. Van pasar a semana en branco. A confraría acordou que non se saia traballar nin mañá nin o xoves xa que a marea baixa e moi tarde e non se pode retrasar a poxa.

Despois de dúas semanas, os casos activos volven baixar dos dous mil. En cambio, as hospitalizacións seguen aumentando....hai máis de 200 persoas ingresadas con COVID e sanidade comunicou outros tres falecementos.

O tempo. Hoxe con máis claros.

A Xunta descarta recuperar a tarxeta básica. ante as críticas da oposición,sinala que foi unha metida extrordinaria, durante a pandemia, e que agora hai outros mecanismos de axuda.

As nove desta mañá retomaranse en Pontevedra os lavores de busca do padexeiro desaparecido no Lérez o pasado Venres.

E, hoxe actívase o plan de vialidade invernal tanto nas estradas que dependen da Xunta como as que son competencia do Goberno central.

O tempo. Este martes, festivo, Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, con escaso risco de chuvias

A Conselléria de políticas sociais é a segunda que contará con un maior orzamento de cara o vindeiro ano. Un 16 por cento máis ca no ano pasado. Unha decisión ante a cal a Xunta decidiu suprimir a Tarxeta Básica pras familias vulnerables.

Tamén medra considerablemente o investimento da Conselléira do Mar, que contará con máis de 200 millóns pro 2023. Cartos cons que a consellería adiantou que lanzarán axudas pro Sector do mar.

O orzamento que a Xunta destinará o vindeiro ano a políticas sociais é o que máis se icnrementa. Porén, non servirá pra recupera-la tarxeta básica, que permitía ás familias vulnerables ter uns fondos cos que mercar alimentos ou productos de hixiene. A consellaria insiste, fronte ás demandas do sector e a oposición, en que esa ferramenta non é axeitada, e aposta por reforza-la renda de inserción, cunha suba do 8%.

O fiscal xeral do Estado defende un novo modelo procesal no que a instrucción estea a cargo do ministerio público. Entrevistado este domingo nesta emisora, Alvaro García Ortíz lembrou a súa tarefa no xuizo do Prestige e cré que España aínda poderá cobrar os mil millóns que ten pendentes a aseguradora. Este luns seguirá por cuarto día a busca do piragüista desaparecido no Lerez... E, as estradas deixannos dúas víctimas mortais no que levamos de ponte.

Deportes. Malos resultados para Celta e Lugo que están pegados ós postos de descenso.

O tempo.

Hoxeagárdase o paso dunha nova fronte. Será un día de ceos moi nubrados pola mañá con chuvias, que irán remitindo co avance da tarde.

Os sucesivos trens de borrascas de outubro e que mesmo trouxeron anegamentos, como lles contamos neste informativo onte, non abondan para dar por concluida a seca que se remonta ao inverno pasado. Así o aseguran desde Augas de Galicia que suliñan que para recuperar valores normais teñen que vir un outono e inverno chuviosos.

Nas Urxencias do Hospital de Santiago hai polémica despois de que o xoves pasado renunciaran o coordinador e as supervisoras acusando ao persoal do servizo. Éste responde que pretenden descargar neles responsabilidades que non son súas.

No tempo da entrevista o convidado é Fiscal Xeral do Estado.

Álvaro García Ortiz participou na macrocausa do afundimento do Prestige, do que se van cumprir 20 anos. Cre que ainda é posible cobrar da aseguradora do petroleiro os 1.000 millóns de dólares que adebeda

Noite con chuvias moi intensas a deste sábado en particular na provincia de Pontevedra e sur da Coruña. Na cidade do Lérez recolleronse 47 litros por metro cadrado. Rexistraronse en todo caso incidencias menores.

Na política arestora o presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijoo, arroupa en Lugo a Elena Candia como candidata a alcaldía da cidade.

E neste informativo escoitaremos a voz, nunha entrevista repousada, da gañadora do Premio Nacional de Narrativa 2022, Marilar Aleixandre