As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
O presidente da Xunta considera unha boa noticia que a Navieira Maersk pense en Galicia pra instalación dunha fábrica de metanol verde. A dirección da empresa danesa xa se puxo en contacto co executivo galego para aborda-los seu plans.
ENCE iniciou, en periodo de probas, a toma de augas residuais. Os traballadores xa están reincorporados despois despois do ERE obrigado polo escaso caudal do Lérez
Viana do Castelo acolle hoxe un cumio entre España e Portugal. Na axenda figura un encontro titulares de Traballo pra acordar unha guía de traballo transfronteirizo, unha demanda de sindicatos, empresas e do goberno galego.
O aumento dos virus respiratorios en nenos están a provocar o colapso nas urxencias hospitalarias. O hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo atendeu nunha sola xornada a 300 menores o triplo do habitual.
O tempo. Hoxe destaca a baixada das temperaturas, pero non se agardan chuvias.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Co apoio da patronal galega, da universidade da Coruña, sector das TIC, a candidatura da Coruña para acoller a Axencia Estatal de Intelixencia Artificial bota a andar. A alcaldesa e o presidente presentárona oficialmente como un proxecto autonómico e con todas os requisitos para vencer a Granada, Zaragoza ou Alicante. Haberá que esperar a febreiro.
De momento no acto da pasada tarde en Palexco, mensaxe ó resto de cidades galegas: hai que remar xuntas.
Cada día coñécense novos proxectos, a maioría relacionados coas enerxías renovables...o último o da navieira danesa Maerks que anuncia a súa intención de construir unha planta de producción de metanol verde en Galicia... haberá que ver cantos chegan a ser unha realidade.
Seis barcos da Guarda poderán volver a augas de Madagascar... o convenio coa Unión Europea levaba 4 anos suspendido.
E, seguimos pendentes da investigación da garda civil pra esclarecer o tirotero de Maceda. O autor dos disparos segue en paradoiro descoñecido e a víctima recupérase no hospital de ourense.
Ainda non se deu co paradoiro do home de 30 anos que disparou a un veciño de Maceda, en Ourense, a pasada madrugada. O ferido recupérase na unidade de reanimación do Hospital Ourensán, ainda que non se teme pola súa vida.
Os datos do paro en Galicia baixaron un 0,27 por cento no pasado mes. Unha baixada catro veces menor que a media española. dende a CIG advirten de que detras do descenso están os chamados contratos fixos-discontinuos.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
O paro baixou en outubro. A finais de mes había 389 persoas menos demandantes de emrego en Galicia. Un descenso dun 0,27 por cento, case catro veces menor que a medida española.
Galicia é unha das dúas ubicacións elexidas pola naviera Maerks pro seu ambicioso proxecto de alimentar a tódolos seus buques con enerxías limpas.
A compañía máis importante do mundo no transporte de mercadorías en contedores producirá metanol verde pra súa frota entre Galicia e Andalucía.
A patronal do automóvil prevé pechar este 2022 cunha caída das vendas que estima en case un dez por cento. Faconauto asegura que Galicia ten o parque móbil máis vello, cunha media de 14 anos.
A CIG quere que as agresións a todo o persoal sanitario se consideren como atentado contra á autoridade. O sindicato denuncia que a noite do martes un paciente e dúas persoas máis lle deron unha malleira a un técnico de emerxencias no PAC de Cangas.
O tempo. pasou a borrasca e pola tarde xa van quedar os ceos máis abertos.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Noite movida en Maceda onde a Garda civil busca un home que disparou e feriu de gravidade a un veciño.
E hoxe son noticia Alcoa e Endesa... A primeira porque a dirección sinala que non vai ter todo listo para, como estaba previsto, reanudar a actividade en 2024. A central térmica das Pontes volve a producir con carbón.
Deportes. O Lugo caeu no desconto en Eibar e segue cos mesmos puntos que o Oviedo que está en descenso. No Celta, o portugués Carlos Carvalhal xa dirixiu o primeiro adestramento tras substituir a Educardo Coudet.
O tempo.
Tra-lo paso, moi preto de Galicia, dunha borrasca durante a mañá, iremos gañando influencia anticiclónica.
As temperaturas van, cada vez, axustándose máis ós valores do outtono.
Vexamos como empeza este xoves nas principais cidades
A central térmica das Pontes retomou dende hoxe a producción enerxética con carbón. Unha actividade que estará suxeita as necesidades do páis ante a crise, mentres continúan os plans de Endesa de desmantelar os grupos.
O comité de empresa de Alcoa esixe á empresa que cumpra coas inversións comprometidas pra reactivar a planta, logo de que a multinacional anunciase que non poderá mercar un dos fornos de cocción antes do 2024, pola inflación.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo