As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Noveno día de folga... o acordo do goberno con parte da partronal non permite poñer fin ó paro. E máis, algunhas asociacións que se mantiñan á marxe súmanse agora as mobilizacións.
Onte os camións marcharon sobre as cidades e provocaron atascos de tráfico. A presión sobre o sector primario rebaixouse. Así a recollida de leite case é normal e mesmo se recuperou a actividade nalgunha lonxas.
Este marte contámoslles tamén que a xustiza decretou o ingreso en prisión do veciño de Barro acusado de provocar un accidente de tráfico no que morreu unha moza de 29 anos.
O tempo. volven as chuvias, empezarán na metade sur, pero as temperaturas varían pouco.
- Piden tamén xubilación aos 60 anos e o recoñecemento dalgunhas enfermidades como laborais
- Á protesta tamén se sumaron gandeiros porque a folga impídelles que lles recollan o leite
Centos de camións percorren as rúas nas principais cidades pedindo rebaixas no prezo do combustible, entre outras medidas.
- Este movimiento ha tenido un "abrumador" seguimiento en puertos de Andalucía y del noroeste del Cantábrico
- Casi 9.000 barcos del sector pesquero español están convocados a este paro, que se extenderá hasta este miércoles
Un juez ha decretado prisión comunicada y sin fianza para un hombre acusado del homicidio de una joven en la localidad de Barro, Pontevedra. Ocurrió el pasado viernes. En un principio parecía un accidente de tráfico, pero enseguida los investigadores sospecharon que podía tratarse de un crimen. A las puertas del juzgado de Caldas de Reis familiares y amigos pedían justicia para Jessica y recibían con insultos a José Eirin, detenido por el presunto homicidio de la joven de 29 años. El juez acaba de decretar su ingreso en prisión comunicada y sin fianza. En este cruce, un altar improvisado con velas Y flores recuerda a Jessica. Su vehículo estaba parado en esta señal de stop cuando recibió un fuerte impacto fronto lateral del coche que conducía el detenido. La mujer quedó herida de gravedad y murió horas después en el hospital.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Oitavo día de paro dos transportistas, hoxe con caravanas nas que ducias de camións irromperon nas principais cidades galegas. Son conscientes de que este paro patronal agrava os problemas doutros sectores pero aseguran que é a súa única forma de reclamar solucións ás subas do gasoil. Ou cando menos que os escoiten, porque hoxe o colectivo convocante volveu a non ter representación na reunión coa ministra do ramo. Mentres, o campo denuncia que son reféns dunha guerra entre pobres, e piden fórmulas que garantan a alimentación dos animais e a saída do seu produto.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Nada cambia. Segue o bloqueo dos transportistas e hoxe súmase o sector pesqueiro... polos prezos do combustible, pero agora tamén porque non poden sacar o peixe dos portos. Impacto tamén no sector gandeiro... este luns nova concentración angte a Delegación do goberno.
E, desde hoxe os estudantes xa non teñen que levar máscara nos espazos ó aire libre dos centros educativos. Así se acordou Sanidade tra-la alta taxa de vacinación entre os máis novos, que supera o 73 pora cento.
O tempo. pola noite volven as chuvias, pero as temperaturas son suaves.
Un berro de auxilio máis lanza hoxe o sector agrario galego. Gandeiros e agricultores sumáronse á convocatoria doutros colectivos do Estado para pedir a intervención inmediata do Goberno ante os seus problemas agravados agora pola crise en Ucraína e os paros no transporte.
Uns paros que obrigan o SERGAS a prepararse ante un posible desabastecementos de produtos.
E este martes comeza en Santiago o primeiro encontro do viño galego. A partir das dúas menos vinte falamos co enólogo e viticultor Xosé Lois Sebio, que impartirá unha conferencia no marco destas xornadas. Avaliamos con el a situación do viño en Galicia.
Entrevista co actor de cine Jorge Coira e co actor Luis Tosar, co gallo da estrea onte venres da película "Código Emperador".
Entrevista realizada por Andrea Oca.