Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Escasea o peixe como consecuencia do amarre de boa parte da frota pola carestía do combustible e das mobilizacións no sector do transporte

Se hai unhas semanas preocupaba o desabastecemento de produtos de primeira necesidade coma o cereal, o elevado prezo do combustible provoca agora o paro de moitos transportistas. As consecuencias nótanse nas lonxas, moitas suspenderon as poxas, hai piquetes en estradas coma a A8, e no campo os produtores están preocupados temen non poder vendelo leite se non hai quen llo recolla

Os efectos da folga de transportistas comezan a notarse...nos portos, de onde non sae cereal.... nas lonxas, suspendéronse algunhas poxas... e sen mercados de gando. Esta mañá xa non chegou ningún camión con animais a Amio.

Hoxe hai unha reunión no ministerio, pero a platraforma convocante dos paros sempre dixo que non se sentía representada polas grandes asociacións.

A pesca retrasa o amarre xeral pero hai moitos barcos que xa non sae e é que, ademais, agora a folga de transportes áinda lles complica máis a situaci´çon.

O tempo. Cuberto, pero subiron as temperaturas mínimas; as máximas en cambio van bixar.

Preto de 40 camións e outros vehículos concentráronse esta tarde diande da sede da Xunta en Santiago, para protestar pola suba dos prezos dos combustibles... Esta foi unha das últimas movilizacións dos transportistas no segundo día de folga do sector, que deixou algúns piquetes ao longo das vilas galegas. E sobre o gasoil tamén rematou en Madird a reunión do sector pesqueiro e o Ministerio de Agricultura para buscar solucións aos paróns das frotas españolas e Galegas.

Todo nun día no que se cumpriu un més dende o afundimento en Terranova do pesqueiro Villa de Pitanxo. Os familiares recordan que todavía quedan 12 corpos por recuperar, dos 21 mariñeiros falecidos. Non queren valora-las declaracións do patrón, Juan Padín, que reitera, nun medio de comunicación, que o naufraxio se produxo por unha parada do motor.

A Audiencia Nacional investiga se houbo ou non resposabilidade penal no naufraxio, e algunhas familias están tamén decididas a acodir á vía xudicial.