Xosé Manuel García entrevista o Presidente da Deputación de Lugo, D. José Tomé.
Entrevista a la escritora Rocío Leira realizada por Víctor Alvariño.
Trala neve das pasadas xornadas, comeza o desxeo e a crecida dos ríos.
Hoxe a situación estivo complicada na provincia de Ourense, sobre todo, porque a chuvia e a suba de temperatura fixo que a neve se desfixera moi rápido. Malia todo, os ríos da conca hidrográfica MIño - Sil xa están en descenso tras acadar o seu máximo
Primeiro a choiva e a neve, e agora os anegamentos. Máis de dez ríos teñen activo o plan especial por risco de inundación: hai risco alto no Miño ó seu paso pola Peroxa aínda que non hai perigo para as vivendas. Tamén vai por encima do seu caudal o Arnoia en Baños de Molgas e o Támega, que obrigou a cortar unha das estradas que une Monterrei e Verín. Hai algunhas vivendas incomunicadas, aínda que son segundas residencias e non tiñan xente nese momento.
Outros dos ríos en situación de alerta son o Ladra, en Begonte, o Sil, no Barco; o Ouro, en Foz; o Mendo, en Betanzos; ou o Xallas, en Santa Comba, entroutros
- Queixas en Verín pola falta de pediatras case tres anos depois da gran protesta contra o peche do paridoiro do Hospital comarcal.
Hoxe en Verín os veciños entregaron no concello algo máis de 3.400 sinaturas pra demandar a contratación de máis pediatras no centro de saúde.
- A plataforma SOS sanidade pública censura a falta de medidas da Xunta para atallar o deteriro da sanidade pública.
Fai un chamamento á participar nunha manifestación en Santiago o 12 de febreiro e ata entón vai continuar coa recollida de sinaturas levar as súas demandas ó Parlamento.
- A CIG agoira que o 2023 vai ser un ano de conflitividade laboral.
O sindicato chama á mobilización pra sacar adiante unha negociación colectiva que garanta unha actualización salarial.
- Distintas plataformas contrarias aos macroproxectos eólicos concentráronse este mediodía diante de San Caetano.
Estes colectivos falan dun ataque ó territorio e aseguran que acudirán á vía penal para esixir responsabilidades
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
A Xunta defende a incorporación de médicos no último ano de formación ante a calta de facultativos. A portvoz do BNG parécelle unha ocorrencia. Ana Pontón participou este xoves nunha mnifestación na Mariña en defensa da sanidade pública.
E dobre noticia en Stellantis: por un lado soubemos que vai ter máis tempo para presentarse á convocatoria de axudas pra o vehículo eléctrico; por outro, o acordo coa maioría sindical pra repetir este ano un ERTE como o do ano pasado e ofrecer cen baixas voluntarias.
Deportes. o Celta xoga hoxe en Mallorca no inicio dunha nova xornada de Liga.
O tempo. Hoxe Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, cunha fronte rozando a nosa comunidade que deixará chuvias febles no norte. O que xa se notou foi un ascenso nas temperaturas.
A defensa pola sanidade pública volve esta tarde á rúa. Esta vez na Mariña onde a falta de facultativos está a derivar nun caos sanitario.
Tamén damos conta dos primeiros casos en Galicia da variante Kraken do Coronavirus.
E contámoslles cómo foi a última xornada, desta semana, do xuizo do Alvia
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
O conselleiro de sanidade convoca para dentro dunha semana os concellos da área de Pontevedra-O Salnés. Faino despois de que alcaldes de representantes do BNG e do PSOE se reuniran para esixir solucións crise en atención primaria. Parécelles ben a reunión pero piden que nela estea o presidente da Xunta.
Os problemas non se limitan a Ponteveddra e hoxe hai unha manifestación na mariña: o problem tamén a falta de médicos.
Cando aínda non se recuperaron tóda-las zonas anegadas polas chuvias do luns e o martes, hoxe agárdanos outro día de precipitacións que serán máis persistentes a partir do mediodía. Iso sí a cota de neve xa subiu ós mil metros e a chuvia axudou a desface-la.
Parece que o temporal que está a azoutar Galicia vai a menos. Ainda así foi unha xornada onde a neve foi a protagonista. As saraibas nalgunhas localidades causaron algúns accidentes nas estradas, sen gravidade, e hai vilas incomunicadas. As nevaradas tamén deixaron 48 centros sen clase nas provincias de Lugo e Ourense.