Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A actualidade galega pasa hoxe polo eido ferroviario.

Na procura dunha mobilidade máis ecolóxica a Unión Europea ven de seleccionar un proxecto piloto de pra unir por tren A Coruña e Lisboa. Precisamente esta tarde reuniuse na capital portuguesa a Rede de Cooperación Transfronteiriza que trata este tema.

Mentres, no xuízo do Alvia, a actual directora de Seguridade de Adif, Esther Mateo, recalca que o motivo do descarrilamento en 2013, foi a desatención do maquinista por unha chamada do interventor de Renfe que non cumpría co procedemento habitual.

A aprobación dun importante número de parques eólicos segue no foco da polémica. O bloque nacionalista galego demanda a creación dunha comisión que investigue qué está a pasar coas compensacións que se esixen ás eléctricas canda a aprobación dos seus proxectos. Denuncian que millóns de euros en ivnestimentos nas comarcas dos que non se sabe nada. A Xunta considera que os nacionalistas están entrando en posicións negacionistas das enerxías renovables.

Tras 24 horas de deliberación, o xurado popular declara a Santiago Cepeda culpable do asasinato do seu sobriño de 3 anos, no 2020 en Compostela. Considera que actuou intencionadamente e sendo consciente dos seus actos. Algo que choca coa tese da defensa e da propia familia que alegaban dano neurolóxico e pedían o internamento nun centro psiquiátrico.

Toca agardar á sentenza pero tanto a acusación popular como a fiscalía solicitan prisión permanente revisable.

1. O alcalde de Santiago nega tratos de favor á Desproi pero recoñece erros na contratación
desta empresa con débedas coa corporación local

2. Os propietarios de tres vivendas de Xuxán recuperarán a súa titularidade tras chegar a un acordo co concello que permite completar a urbanización do barrio

3. Os percebeiros de Aguiño esixen á Xunta vixilancia tras ver bateeiros extraendo mexilla en zonas que non lles corresponden

4. Nos deportes, o mercado de fichaxes péchase coa incorporación ó Deportivo do dianteiro Arturo Rodríguez Pérez-Reverte e a cesión de Víctor Narro ó Atlético Baleares

Tamén en portada aviso á veciñanza de Arteixo. Desde ás dez ata ás doce permanecerá cortado o suministro de auga por traballos de mellora na avenida alcalde Manuel Platas, Pérez Lugín, Benito Viceto e Aurelio Rivalta

O sector pesqueiro sinala ue non teñen alternativas ós motores de gasoil e piden un aprazamento das normas que impón o proceso de descarbonización. As confrarías de pescadores piden maior control dos labores de recollida de mexilla.. en Aguiño denuncian que lles arrasaron unha zona importnte de percebe.

Sanidade, o sindicato médico Omega mantñen as asembleas pra decidir posibles mobilizacions, sen descartar a folga. A reunión co SERGAS rematou se acordo.

Deportes. O Celta incorpora ó suizo Seferovic, cedido polo Benfica, tra-lo traspaso de Denis Suárez e o Lugo cambia outra vez de adestrador e vende ó seu goleador

O sindicato médico OMEGA e o Sergas non chegaron a ningún acordo tras reunirse esta tarde pra abordar a situación dos sanitarios galegos e evvitar unha posible folga no sector.

O maquinista do Alvia tivo tempo suficiente pra reacionar antes de que ocorrera o accidente da curva da Grandeira. Así o asegurou Antonio Puyol, o perito contratado por ADIF, que declarou a petición da Avogacía do Estado

Nova xornada de declaracións de peritos no xuizo polo accidente do Alvia. Hoxe coa presenza dun experto cuestionado polas defensas pola súa participación na construción da liña. Proposto a instancias da abogacía do estado, que defende os intereses de adif, volveu poñer o foco na responsabilidade do maquinista. Cunha tese novidosa: di que Francisco Garzón tivo tempo, dende o final da chamada, pra reducir as consecuencias do accidente, pero non chegou a reaccionar e frear pra facelo.

Os traballadores de Alcoa votan desde hoxe para decidir se acepta retrasar un retraso na reapertura da fábrica de aluminio. Os sindictos están divididos.

Sanidade, o SERGS citou a representantes do sindicato médico Omega, que estes días debate en asembleas a posible convocatoria dunha folga, a unha reunión pra abordar as súas demandas.

E, este luns déixanos dúas persos mortas en Ourense: un veciño do BArco faleceu nun incendio na súa casa e un conductor morreu tras un accidente co camión-formigoneira que conducía en Manzaneda.

Un aviso de tráfico, entre a unha e a unha e media da tarde vaise producir un corte breve na autoestrada AG-55, entre entre os quilómetros 4,500 e 5,500 para efectuar voaduras nas obrs de construcción do ferrocarril ó porto exterior da Coruña

O sindicato médico Omega decide esta semana se os facultativos van a folga ante a situación sanitaria. Esta tarde mantivo a primeira das 6 reunións que terá esta semana cos representantes dos médicos galegos.

ALCOA proponlle ós traballadores adiar a volta a actividade da fábrica da Mariña ata o segundo cuatrimestre de 2024 e non a comezos dese ano, como estaba previsto. Ugt e CC.OO xa votaron a favor da proposta, os traballadores farano mañá.