Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

20 localidades galegas albergan este día accións en reivindicaciós en celebración do Día Mundial Contra contra o Cancro. Unha enfermidade que cada ano se diagnostica en GALCIA 20 mil persoas.

....

No político as formacións galegas dan un paso máis na carreira pra elección do 28 de maio e presentan as que serán as liñas a seguir.

((No tempo da entrevista, recibimos ó músico Roi Casal que ven a presentar o seu novo traballo "xunto a ti". ))

O próximo dia 7 de febreiro o tribunal supremo decide sobre as sentenzas da audiencia nacional que declara a nulidade da prorroga de Ence. Esta mañá os traballadores da pasteira reclamaron que se teña en conta o seu futuro e se dicte unha resolución favorable á pasteira.

Permanencia que tamén defenderon esta tarde a CEOE e a Xunta. Antonio Garamendi e Francisco Conde aseguran que a súa presencia en Galicia é clave na industria do país

Faltan uns días pra que se cumpra o aniversario do afundimento do Villa de Pitanxo en Terranova, que deixou tras de sí 21 víctimas mortais. E por fin as familias comezan a ver cumprida unha das súas demandas: a de que o goberno español descenda ata o pecio pra recabar datos que completen a investigación. Haberá que agardar aínda ata o verán, pero os traballos que acaban de iniciar a súa licitación deberían botar luz sobre as investigacións abertas pola audiencia nacional e o ministerio de transportes

- Licitado o estudo informativo da saída sur ferroviaria de Vigo

Porén, o Eixo avisa de que só se inician os trámites da metade, do treito, entre a estación de Urzáiz e o Porriño, e non do tramo Porriño e Tui. temen que non se poida cumprir co prazo de 2030

- Máis de 3 mil xuizos, comparecencias e declaracións xudiciais suspendidas pola folga dos Letrados

Os antigos secretarios xudiciais seguen adiante co seu paro indefinido, con participacións que superan o 75 por cento.

- O Tribunal de Xustiza Europeo da carpetazo ó caso contra as denominadas Tax-lease do naval

Un sistema de bonificacións fiscais pra os investimentos en estaleiros que varios países consideraron axudas de estado. o conflicto legal axudou a rematar con moitos estaleiros galegos

- Unha praga ameaza os viñedos do sur das provincias de Pontevedra e Ourense

Hai 9 concellos afectados pola flavescencia dourada, nos que será obrigatorio corta-las viñas con síntomas. E se está afectado máis do 20% da superficie, terán que arrincar todo o viñedo

Novidades no caso Pichel en Santiago. O alcalde adiantou que barallan remitir á fiscalía o asunto a vindeira semana. O obxectivo: dirimir se houbo ou non posibles responsabilidades penais na contratación da empresa Desproi.

Empresa ligada ó edil dimitido, José Manuel Pichel, e que tiña débedas previas co concello, antes da contratación da nave. A decisión definitiva será tomada a semana que vén.

O fin da campaña de Nadal está detrás do aumento do paro no mes de xaneiro. En Galicia subiu en 2.826 persoas, 2 puntos máis co mes anterior. Máis de 145.000 persoas están sen traballo, un 70% pertencen ao sector servizos.

Nuns minutos veciños e asociacións feministas concentraranse diante dos xulgados de Lugo contra o acordo xudicial que rebaixou a condena a cada un dos acusados de agredir sexualmente durante anos dunha menor da súa familia en Baleira.

O desemprego aumentou o mes pasado en Galicia un 2 por cento. Agor hai 145 mil persoas demandantes de traballo en Galicia.

O Hospital do Barbaza ten sen cubrir varias prazas de médico en urxencias.

A coordinadora do servizo viuse obrigada a dobrar turno para atender os pacientes.

Concentración ante os xulgados de Lugo.

Protesta pra denuncia-la dilación xudicial nun caso que acabou cunha rebaixa sustancial de condena pros acusados de agredir sexualmente a unha nena en Baleira.

Os bombeiros recomenda instalar sensores de fume para alertar dos incendios nas vivendas.

No que vai de 2023 na provincia des Ourense morreron tres persoas en seis incendios nas casas.

O tempo. outro día solleiro e con temperaturas agradables a estas horas do mediodía.

Non é unha sorpresa pero chega no peor momento, a só catro meses das eleccións municipais. A dimisión da concelleira de economía e facenda de Ferrol obriga ó alcalde a reestruturar o seu goberno. Mayte Deus non quixo entrar en polémicas na súa despedida pero a causa pode estar nas tensións que mantiña co rexedor. Esta mañá Ángel Mato ten actos na cidade, está convocada a prensa, veremos que di ó respecto.

1. O concello da Coruña abordará neste primeiro semestre do ano o regulamento das vivendas turísticas

2. Quenda no xuízo do Alvia para un membro do sindicato de maquinistas que desmonta as liñas de defensa de Adif

3. O BNG de Santiago acusa á Sánchez Bugallo de ocultismo sobre as irregularidades na contratación da empresa Desproi

4. Os veciños de Cariño continúan sen poder consumir auga da traída polos altos niveis de níquel

O BNG quere que o Parlamento investige a tramitación de ducias de proxectos eólicos, porque consider que a Xunta se convertiu nunha xestoría o servizo das empresas eólicas.

O impulso ás conexións ferroviarias entre Galicia e Portugal é unha das prioridades da rede de Cooperación Transfronteiriza que este mércores se contituiu Lisboa.

No xuizo do Alvia, hoxe declara un perito proposto polo sindicato de maquinistas e, en Lugo concentración pola rebaixa de pena ós familiares dunha nena agredida sexualmente durante anos en Baleira