Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Sanidade anuncia novas medidas para cubrir vacantes en atención primaria, como unha bolsa de voluntarios que teríán unha remuneración extra. Pero o feito de que todas estas accións cheguen a uns días da manifestación convocada por Sos sanidade pública fai que aumente a desconfianza no sector.
Orde de prisión para o home acusado de matar o pasado domingo á súa exparella en Baiona. Non pode comunicarse nin achegarse ós seus fillos.
E hoxe coñeceremos as conclusións do xuizo polo dobre crime do Cash Récord cometido en Lugo hai 29 anos.

O tempo. Segue todo igual... ceo despexado, frío con xeadas pola noite e temperatura agradable nas horas centrais do día. No litoral da provincia de Pontevedra vanse rexistrar cerca de 20 graos.
 

Os sindicatos non están conformes coas medidas anunciadas pola Xunta na mesa sectorial pra mellorar a atención sanitaria e anuncian alegacións- Todo a poucos días da manifestación convocada por Sos sanidade pra este domingo en Compostela e á que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acusa, unha vez máis, de estar politizada.

Outro policía implica ó único acusado no xuizo do Cash Récord. Dixo que hai indicios pra atribuirlle non só o atraco e morte de dous empregados do Cash Récord senón tamén outro homicidio en 1997.

Volve ó xulgado o home acusado de matar á súa exparella o domingo en Baiona.
A xuiza ordenara o seu traslado ó hospital Álvaro Cunqueiro onde hoxe foi dado de alta.

Satisfación nos comités de empresa de ENCE pola confirmación dos investimentos en Lourizán. Tras confirmar o Supremo a prórrog da concesión, a pasteira Ence avanzou investimentos de máis de 130 millóns de euros nos vindeiros dez anos.

En Ourense, a oposición denuncia que o alcalde emprega un clube de fútbol pra poder continuar con obras na cidade. Busca manter proxectos financiados cunha modificación de crédito que só se podía empregar ata o 31 de decembro de 2022.
 

Ampliado o periodo de detención do home acusado de matar o domingo a súa exparella en Baiona. Segundo o informe foronse non está en condicións de declarar e a xuiza ordenou o seu traslado ó hospital. A ampla crónica de tribunais deixanos, en Santiago, a condena a prisión permanente revisable o home que asfixiou ó seu sobriño, o final da fase penal do xuizo do Alvia e, na vista oral polo crime do Cash Récord un policía na súa declaración apuntou ó acusado.
E, sobre Ence, a empresa anuncia que retoma os investimentos previstos en Pontevedra.. comisións obreiras pídelle que traslade os proxectos previstos nas Pontes á comarca pontevedresa.

O tempo. Continúa o tempo seco e soleado e as temperaturas sen cambios.
 

Ángel Rodríguez da Costa, o detido como presunto autor de asasinar este domingo á súa exparella en Baiona, non entrará todavía en prisión. A maxistrada que leva o caso acordou prorrogar a sua dentención 3 dias máis para que sexa valorado psiquiatricamente nun centro hospitalario.

E esta tarde, deceas de persoas despiron a vítima, Beatriz Lijó Gesteira. Foi enterrada no cemiterio municipal de Baiona. A autopsia da muller revelou que presnetaba numerosos cortes e pinchazos polo corpo ademais do golpe na cabeza
 

Remata a fase pena do xuizo polo accidente do Alvia. Tra-la declaración de preto de 80 testemuñas e peritos, as víctimas cren que quedou demostrado que había eivas de seguridade.

Sergas oferta otras 400 prazas de difícil cobertura sin oposición. É unha das medidas que se debate na mesa sectorial, segundo adiantou no Parlamento o presidente da Xunta. Propón tamén contratos de 3 anos ós médicos que acaben a súa formación.

Os productores de leite están recibindo ofertas á baixa para a renovación dos novos contratos. Pretenden pagarlles arredor de 10 céntimos menos que este ano. Os gandeiros denuncian que as autoridades non velan polo cumprimento da lei da cadea alimentaria.

Os bateeiros din que é insuficiente a ampliación da superficie permitida para a extracción de cría de mexillón. A Xunta vai abrir 130 quilómetros máis de costa, 12 deles en áreas agora exclusivas para o percebe.
 

O Supremo despexa o futuro da fábrica de celulosas. Corrixe á Audiencia Nacional e di que non lle afecta a lei de costas e que pode continuar no seu actual emprazamento.
Hoxe vai pasar a disposición xudicial o home acusado de matar a súa exparella en Baiona este domingo, e en Santigo, este mércores conclúe a primeira parte do xuizo polo accidente do Alvia... a fase penal, que comezou no mes de outubro.
O tempo. Vai seguir o tempo solleiro e soben algo as temperaturas máximas
Vexamos cal é agora a situación.