- 1.900 aldeas deshabitadas en Galicia. Algunhas están ben conservadas aínda que non viva nelas ninguén de xeito permanente
- Visitamos unha sen ningún habitante empadroado e outra que se repoboou despois de máis dunha década de abandono
En Galicia hai case 1.900 aldeas deshabitadas. Algunhas están en ruínas, pero outras moitas non, aínda que non viva nelas ninguén de xeito permanente. Na provincia de Ourense visitamos unha sen ningún habitante empadroado, pero moi ben conservada, e outra que se repoboou despois de máis dunha década de abandono.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
O desenvolvemento do sector eólico será obxecto de debate esta mañá no Parlamento. Primeiro a Cámara debe produnciarse sobre a cración dunha comisión que investigue o proceso de tramitación que o BNG considera pouco transparente. Tamén está prevista a comparecencia do conselleiro Francisco Conde.
O nome propio de hoxe é o de Francisco Pillado.... faleceu este luns víctima do Amianto. Ata o último día mantivo a loita xudicial contra Navantia pola exposición de centos de traballadores a este mineral canceríxeno.
O tempo.
Hoxe predominará a inestabilidade atmosférica, polo que agardamos unha xornada de ceos nubrados con chuvascos máis probables na segunda metade do día.
Adiada ata o mércores a reunión dos cerqueiros galegos coa consellería do Mar prevista pra hoxe para coordinar os fondos que percibirán os buques e os mariñeiros que se acollan á parada voluntaria do xurelo.
E a Consellería de Pesca mantivo unha reunión este luns coa organización de produtores de pesca de Burela e uns expertos en dereito comunitario pra fortalecer tecnicamente os argumentos de defensa da frota galega ante o veto á pesca de fondo en augas europeas.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
A confraría de Noia aínda non ten resposta da Xunta á demanda dun paro biolóxico ante a elevada mortade dos moluscos. Hoxe non puideron retomar a actividade e cren que tamén se verá afectada a campaña marisqueira de setembro.
O PSdeG denuncia que o Partido Popular ten en marcha unha estratexia de demolición do público. Abarca sanidade, educación ou dependecia. O obxectivo é favorecer o negocio privado.
A Fundación Amigos de Galicia ten a intención de persoarse como acusación no caso dos presuntos abusos sexuais a unha menor en Monforte. Foron detidos un octoxenario e a nai da menor. Os dous quedaron en liberdade con cargos.
Seguen as celebracións do entroido. En Laza celébrase o luns borralleiro e en Verin a batalla de fariña. Na Pobra de Brollón o protagonista é o Oso de Salcedo. Unha figura desta zona de montaña que baixa o pobo a cobra-lo seu tributo.
O tempo. máis nubes e pola noite hai risco de chuvias, sobre todo canto máis ó sur. As temperaturas hoxe aínda altas.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Empezamos unha semana clave para o sector pesqueiro...A Comisión europea vai dar a coñecñer o plan que pode supoñer un novo recorte nas zonas de actividade dos arrastreiros.
A confraría de Noia apraza a reapertura da campaña marisqueira pola elevada mortandade dos moluscos como consecuencia dos grandes aportes de auga doce deste inverno.
Un buque portavehículos, no que se declarou un incendio na cuberta este domingo, ataópase fondeando nas Illas Cíes. Permanecerá inactivo ata comprobar a total extinción do incendio.
Deportes. A mugardesa Belén Toimil gaña o terceiro campionato de España consecutivo en lanzamento de peso.
O tempo. A partir de hoxe a entrada de aire frío en capas altas da atmosfera dará lugar a un aumento da inestabilidade e pra vindiera noite xa se agardan chuvias. A partir do mércores agardase un descenso acusado das temperaturas.
As eleccións de maio, máis cerca. Os partidos quentan motores na precampaña. Esta mañá, na Coruña, acto municipalista organizado polo PSdeG coa presenza da portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez.
Recollemos hoxe ademais a denuncia dos colexios médicos, que se opoñen ó plan do SERGAS para que a filtración de pacientes se faga a través de persoal non sanitario.
En Lobios, na provincia de Ourense, xa está apagado o lume que queimou 2,4 hectáreas. A maioría, no Parque Natural do Xurés.
Na entrevista, falaremos coa experta en melanoma Marisol Soengas
Entrevista coa Presidenta de ASEICA (Asociación Española de Investigación Contra o Cancro), Marisol Soengas.
Realizada por Xosé Manuel García.
Nova homenaxe ós falecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo. Os actos de lembranza trasladáronse este mediodía a Pontevedra.
En Monforte, detido un octoxenario e a nai dunha menor en relación a un suposto caso de abusos sexuais á nena
Entrevista con Alex Sampaio e Mónica García, director e actriz da compañía de teatro Redrum, co gallo da presentación da obra Hamelin.
Realizada por Andrea Oca.