A Plataforma en defensa da pesca e os ecosistemas mariños analizou esta mañá na Coruña o plan de ordenación de espazos marítimos. O sector considérao un ataque ambientál e socioeconómico e anuncia movilizacións.
6 empresas aspiran a facerse coa explotación destes parques previstos nas nosas costas. Tamén na industria galega do metal agardan á construción dos eólcos.
As confrarías de pescadores de Galicia e Asturias consideran que o plan de ordenación do espazo marítimo é un ataque ó sector, e que non mide as consecuencias ambientais e socioeconómicas. Piden a súa retirada, a dimisión da ministra, e iniciarán mobilizacións. criticas tamén do BNG, que considera que é un paso máis no expolio enerxético á nosa comunidade.
Dende as empresas promotoras saúdan un plan que permirtirá cumprir os obxectivos de despregue da tecnoloxía pra 2030. Algún pide ó ministerio que se esixa diálogo e retorno ó territorio na regulación. E o sector metal agarda que a construción dos parques deixe pegada en Galicia.
Tras semanas de queixas dos hostaleiros, comeza entre críticas a recollida de residuos ás portas dos bares e restaurantes do casco histórico de Compostela. Tanto os empresarios coma os traballadores da limpeza cren que vai traer máis problemas que solucións: advirten do deterioro duns camións que non están preparados e do impacto negativo que terá noutras zonas da capital, que notarán un empeoramento na recollida do lixo.
1 O alcalde de Santiago xustifica no pleno a súa xestión ante a crítica unánime da oposición que o acusa de inacción
2. Presentado en Miño o proxecto pra recuperar o espazo dunar da praia Grande que retirará árbores invasores e creará unha senda
3. Marea Atlántica denuncia a eliminación de zonas verdes, dunha lagoa e un aparcamento no proxecto da cidade das TIC
4. Unión de Carballo, Brión e Arteixo pra impulsar o turismo termal e recuperar espazos en desuso
O sector pesqueiro avisa..non permitirá que a eólica mariña limite máis a súa actividade. Lamenta que non se contara con eles para delimitar os poligonos nos que se van poder instalar os muiños... Galicia é a rexión marítima máis afectada.
No ámbito enerxético destaca tamén o acordo entre duas firmas rivais. Enagás merca a rede de gaseoductos a Regosa... E, segue sen resolverse o problema orixinado pola falta de mexilla... Os bateeiros din que está en perigo a campaña do vindediro ano
O Consello de Ministros aprobou hoxe o primeiro dos plans de ordenación do espazo marítimo en España. Identifica as zonas aptas para ubicar parques eólicos no litoral do país.
Un texto do que están pendentes dende o sector eólico e pesqueiro... Só en Galicia, o plan contempla cinco zonas aptas pra instalación de eólica mariña.
Despois de meses de espera, o consello de ministros aproba hoxe o anteproxecto do Plan de Ordenación de espazos marítimos. Un texto que delimitará as zonas que se consideran axeitadas pra instalar parques de enerxía eólica mariña, dos que xa coñecemos ata 8 proxectos nas costas galegas. O sector pesqueiro presentou alegacións ós primeiros borradores, e opoñerase a que os parques previstos poidan instalarse en zonas onde se pesca.
Repetición do xuizo e de argumentos. Na Audiencia provinciala de Lugo vai continuar ó longo de toda a semana a vista oral na que debe decidirse se Ana Sandamil é culpable da morte da súa filla. Onte volveu dicir que a atopou morta pola mañá.
Este martes celebrarase tamén unha nova sesión no xuizo do lvia co turno para ós forenses.
E, doxe en tres meses celébranse as eleccións municipais... o PP expulsa o que durante máis de 20 anos foi o seu alcalde en Celanova por apoiar unha candidatura independente. Tampouco con outro histórico.. o rexedor de Beade
Ana Baneira regresa a Galicia. A activista coruñesa, de 24 anos, volveu hoxe a casa despois de case catro meses encarcerada en Irán. A súa familia pediu privacidade pro reencontro.
En Lugo, comezou a repetición do xuizo contra Ana Sandamil, acusada de asasinar á súa filla Desiré, de sete anos, hai case catro anos en Muimenta.