Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Protesta en Betanzos contra a contaminación da empresa madeireira de taboleiros Betanzos HB. O movemento 'Infesta non se contamina' denunciou polas rúas do concello a actual situación de contaminación de cinzas e queima de lodos concentrados, así como fuel, produtos plásticos e químicos sen un proxecto de tratamento sostible dos residuos. Todo con danos a cultivos e filtracións a acuíferos.

1. Chamamento á cidadanía de Noia e comarca para crear unha plataforma de afectados pola autorización de vertidos da mina de San Finx

2. O concello de Santiago aprobará hoxe o proxecto de reurbanización da rúa García Lorca cun prazo de execución de dous anos

3. Acordo en Corcubión vinte anos despois para construír un porto mixo aínda que o concello lamenta a falta de orzamento

4. O Deportivo empata a un fronte ó Real Madrid Castilla en Riazor

As comunidades do Cantábrico, incluída Galicia, reúnense en Vitoria. Unha cita convocada polo presidente vasco para abordar demandas que llles son comúns: as conexións ferroviarias ou transición enerxética.

Este domingo, non sen dificultades, quedou amarrado no porto de Vigo o petroleiro que tivo unha avaría fronte a costa galega. E hoxe rematará en Pontevedra o xuizo polo triplo crime de Valga.

Deportes. O celta xa está máis cerca dos postos europeos que do descenso tra-la vixésimo quinta xornada. En baloncesto, gañaron Breogan e Obradoiro, os dous fóra.

O tempo. Hoxe o peor está no mar con aviso amarelo por vento e ondas de tata 7 metros.

Aumentan as agresións ó persoal sanitario. A tensión nos centros de saúde medra pola falta de persoal e o incremento das agardas. Unha situación que empeorou tra-la pandemia e que distintas organizacións sindicais denuncian neste Día Europeo contra ás Agresións ós Sanitarios.

É un dos argumentos informativos deste día no que tamén estaremos en Betanzos, onde a plataforma "Infesta Non Se Contamina" convocou unha marcha para denunciar a contaminación que está a provocar unha empresa de madeira na zona.

Recolleremos ademais a nova cultural das últimas horas, co "Corpo aberto", de Ángeles Huerta, como a gran triunfadora dos Premios Mestre Mateo.

Na entrevista, hoxe falamos co presidente das confrarías galegas, con José Antonio Pérez Sieira

Clamor na Coruña contra o Plan de Eólica Mariña proxectado polo Ministerio de Transición Ecolóxica. Pescadores e ecoloxistas uniron as súas voces nunha mobilización que reuniu fronte á Delegación do Goberno a máis dun milleiro de persoas.

O delegado, José Miñones, defendeu dende Santiago a eólica mariña coma unha oportunidade pra Galicia e reiterou a vontade de diálogo por parte do Ministerio.

Polo demais, un sábado de claro ambiente pre-electoral, co comité galego do PSdeG en Santiago e novas presentacións de candidatos ás alcaldías no Partido Popular.

Xa no tempo da entrevista hoxe falamos con Iván Ferreiro, que ten novo disco

Os partidos comezan a quentar motores de cara as eleccións municipais que se celebrarán o 28 de maio...Hoxe soubemos que o lider dos socialistas Valentin Gonzalez Formoso, volverá competir pola alcaldia de As Pontes, posto que xa rexenta dende o ano 2007. Iso sí, non desvelou si optará as primarias como candidato socialista á presidencia da Xunta

Seguen os preparativos dos partidos políticos pras vindeiras eleccións municipais. Hoxe o secretario xeral dos socialistas galegos presentou a súa candidatura á alcaldía das Pontes. Pero non aclara, malia as insistentes preguntas dos xornalistas, qué sucederá cando se convoquen as elecóns autonómicas. Nalgunha ocasión apuntara que chegado o momento apoiaría a José Ramón Gómez Besteiro se o lucense dera este paso.

O Sergas fai recaer a falta de médicos no hospital de Ribeira sobre o persoal do Clínico de Santiago. A xerencia pídelles que traballen tamén no Hospital do Barbanza en Marzo e Abril e eles temen que a situación se prolongue ata despois do verán. Así que dan de prazo ata finais da semana próxima para que lles presenten unha proposta de solución.

- . Xosé Sánchez Bugallo presenta a súa candidatura para renovar á alcaldía e como principal novidade a incorporación ás listas do histórico socialista Xaquín Fernández Leiceaga.

- . Todo apunta a que Valentín González Formoso repetira como candidato a alcaldía das Pontes. Anunciarao esta mañá. Asìraría así a seguir ao frente da Deputación.

- . O concello da Coruña non desbota agora emprender algúnha acción legal pola presunta corrupción nas contratacións de traballadores a través do Sindicato de Traballadores da limpeza

A Xunta considera insuficiente o investimento anunciado polo goberno para o corredor de mercadorías. Calcula que tería que multiplicarse por oito.

De cara ás municipais, a 24 horas do comité nacional do PSdeG que debe aprobar os cabezas de lista, o seu secretario xeral desvelará se volve a aspirar á alcaldía das Pontes; e, en Santiago, o alcalde Sánchez Bugallo incorpora á súa lista ó senador Xaquín Fernández Leiceaga

Alfonso Rueda considera insuficiente a partida de 1.130 millóns de euros que o Goberno Central destina pro Corredor Atlántico do noroeste. O presidente da Xunta cree que serán necesarios 8 mil millóns pra poder crear a infraestrutura ferroviaria.

O presidente dos empresarios galegos, Juan Manuel Vieites, cree que outras empresas da cadea MarIndusttria se poderán beneficiar da sentenza que avala a permanencia de Ence no dominio público marítimo-terrestre.