Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Non tiña droga. O Poseidón, o narcosubmariño atopado na ría de Arousa estaba valeiro, pero calcúlase que tiña capacidade para transportar 5 toneladas. a pregunta é onde se realizou a descarga. Non hai droga nin detencións. o semisumerxible, o segundo das mesmas características localiado en Galicia, vaise seguir investigando para ver se contén algunha proba.

En Pontevedra, pouco antes da medianoite coñeceuse o veredicto do triplo crime de Valga. O xurado declara culpable ó único acusado, José Luis Abet. Considera que matou ás tres mulleres de forma premeditada.

E en Vigo, o alcalde Abel Caballero saca peito co impacto das luces do nadal. Di que supera o do Xacobeo

Poseidón. Así se chama o submarino atopado onte en Vilaxoán. O nome pudose ler no casco ao poñelo esta tarde en terra firme nun peirao da Illa de Arousa.
É máis grande do que se pensaba nun primer momento. Agorá, poderán comezar as investigacións que confirmarán se garda relación coas lanchas atopadas en Ribeira.

E hoxe coñecimos canto diñeiro pediu a industria naval galega aos fondos europeos dispoñibles para impulsar este sector.

O achádego do que semella o segundo sumerxible destinado ó trasporte de droga ata Galicia esixe un aumento da vixilancia das forzas de seguridade. Así o advirte a fundacion galega contra o narcotráfico, que cre que é unha mostra de que as organizacións criminais seguen usando as costas galegas como porta de entrada de sustancias ó mercado europeo. Mentres, en Vilaxoán, seguen as tarefas de reflotamento e inspección do achado este luns.
 

A aparición dun novo semisumerxible lembranos que varían os métodos pero que as redes de narcotráfico seguen activas. Hoxe en Vilaxoan continuará os traballos para reflotar ó artefacto de fabricación artesanal ó que só se lle ve parte da proa. Sospeitase que participou no transporte de droga desde sudamérica.

Fronte común das comunidades do cantábrico para unha mellor conexión co Europa. E, na loita contra ENCE, o concello de Pontevedra presenta un incidente de nulidade contra a sentenza do Supremo que autoriza a prórroga da pasteira en Lourizán


Galicia alíase con Asturias, Cantabria e Euskadi para constituír unha "macrorrexión" que defenda o corredor ferroviario para conectar a zona con Europa. Nunha xuntanza celebrada en Vitoria, Alfonso Rueda, defendeu un trazado paralelo ao cantábrico tamén para un gasoducto de hidróxeno.

E aquí, na ría de Arousa, especialistas subacuáticos da Guarda Civil estiveron toda a tarde a inspeccionar un semi-submerxible atopado a unha milla do porto de Vilaxoán e que podería estar relacionado co narcotráfico.

O Goberno publicou hoxe a licitación do contrato pra localización e inspección do Villa de Pitanxo en Terranova. O concurso resolverase o vindeiro 29 de marzo e terá un coste duns 3 millóns de euros.

Volve pospoñerse o peche do xuizo polo triplo crime de Valga. Finalmente será mañá cando se entregue ó xurado ó obxecto do veredicto, é dicir, as instrucións pra súa deliberación.

Os traballadores do grupo Gano-magoga comezaron hoxe, cunha concentracón ante o concello de Ponteareas, unha semana de mobilizacións. Protestan contra o expediente de extinción de emprego pra os seus 200 traballadores. As negociacións dos despedimentos comezarán o xoves.

En Ourense, cinco familias desaloxadas ó carón do colexio Cardenal Cisneros aínda non poideron volver as úas casas. Están á espera dun informe que confirme a estabilidade do inmoble despois da caída dun muro de contención.

O tempo. Aviso laranxa no mar. En terra, as precipitacións van ser cada vez máis illadas.