Bo día...suspendida a reunión prevista pra hoxe da presidenta da Comisión Europea, Úrsula Von der Leyen, co presidente da Xunta, por motivos de axenda. Alfonso Rueda tiña previsto abordar na xuntanza asuntos coma os fondos europeos, a conexión ferroviaria do noroeste e a situación da pesca.
Por outra banda, as confrarías galegas presentarán un recurso xurídico contra a consellería do mar pola apertura de zonas de extracción de mexilla que foran consideradas en 2021 santuarios do percebe. E hoxe, os letrados da administración de xustiza votarán en asemblea a súa proposta pra avanzar no principio de acordo co ministerio que podería poñer fin á folga iniciada polos letrados o pasado mes de xaneiro.
O BNG celebra arestora un acto multitudianrio en Compostela de cara a vindeira cita electoral. Baixo o lema unha nova galiza, o acto congrega a candidatos, militantes e responsables politicos no pazo de congresos.
Hoxe iniciamos unha serie de reportaxes en clave política que iremos facendo de cara as vindeiras eleccións municipais polos concellos de maior tamaño... Un repaso que comezamos este domingo en Ferrol
Entrevista có historiador Ángel Arcay, autor de "Mujeres espontaneadas: fragilidad humana y cópula carnal en las comarcas del Eume y Ferrol (XVIII-XIX)".
Semana axitada na loita contra o narcotráfico en Galicia. O descuberto dun macrolaboratorio de procesado de cocaína desarticulado no concello de Cerdedo-Cotobade, Pontevedra, e o achado de tres embarcacións nas costas galegas nas últimas semanas, presuntamente adicadas ao trasnporte de estupefacienets... sitúa a nosa comunidade no epicentro na loita contra esta lacra. Neste eido, A federacion galega contra o narcotrafico pide mais control por parte do goberno-.
No tempo da entrevista...falaremos co historiador Angel Arcay, experto en mulleres espontaneadas, un procedemento xuridico galego inventado hai tres séculos pra preservala reputación da muller solteira que quedara embarazada.
Prisión permanente revisable pro autor do triplo crime de Valga, José Luis Abet, nunha xornada na que o procesado polo crime de Chapela, Manuel Matanzas, foi declarado culpable (pola maioría do xurado popular) do asasinato dun home en xaneiro de 2021. Agora será a maxistrada da Sección Quinta da Audiencia de Vigo quen dictará a condena correspondente
Mantemos hoxe a mirada no mar... Á primeira parada en Muxía, onde as forzas de seguridade traballan pra retirar do areal de Nemiña unha planeadora de 13 metros de eslora. Unha nova mostra da actividade dos narcotraficantes nas nosas costas.
Xa no sector pesqueiro, o Ministerio amosa a súa preocupación pola falta de relevo xeracional. Crearán unha esa de traballo pra impulsalo, e buscar alternativas que garantan a continuidade do sector
1. Rosa Quintana responde ós bateeiros pedíndolles unha reflexión sobre a actual produción de mexillón
A conselleira do Mar di que os produtores demandan cada vez máis semente de mexillón para poder producilo en menor tempo
2. González Formoso acusa a Alfonso Rueda de non atender ós intereses de Galicia tras anunciar un recurso de inconstitucionalidade contra o imposto ás grandes fortunas
O secretario xeral socialista tamén cualificou de populista a lei que establecerá un canon ós parques eólicos mariños
3. Folga dos traballadores da CRTVG para denunciar as represións ós empregados que alertan da manipulación informativa
Concentráronse en Compostela nunha nova xornada de reivindicacións que continuará mañá. Os servizos informativos están cubertos polos servizos mínimos
4. Continúa a retirada de cereal queimado na nave de Pontesa de Ponte Sampaio cinco meses despois do incendio no que faleceu un operario
Os veciños quéixanse dos cheiros que chegan ata as súas vivendas pero nin a Xunta nin o Estado lles deron resposta
Traer emprego, rebaixas na factura da luz e outros beneficios socioeconómicos dos proxectos de enerxías renovables. Son os obxectivos da nova lei que prepara a Xunta e que trae esixencias para a eólica mariña: un canon para as infraestruturas que evacúan a enerxía ata terra.
Non é a única nova relacionada coa industria das últimas horas. Ence vai solicitar a cualificación de proxecto estratéxico para a súa futura planta das Pontes, que recuperará papel e cartón e elaborará materiais coma papel tissue.
Localizada coa quilla ó sol unha planeadora duns doce metros de eslora na praia de Nemiña, en Muxía. Trátase dun modelo de embarcación similar os que utilizan os narcotraficantes.
o consello da Xunta iniciou hoxe os trámites pra futura lei que busca incentivar beneficios económicos e sociais en Galicia por empregar os recursos naturais. Unha norma que incluirá un canon pros parques de eólica mariña.
Por outra banda, ENCE presentou a planta de celulosa reciclada que pretende instalar nas Pontes. Todo isto nunha xornada na que a Audiencia Nacional condenou a prisión ós 18 detidos pola operación antidroga na que se localizou o, ata de agora, maior laboratorio de procesado de cocaína de Europa nunha vivenda no concello de Cerdedo Cotobade
Había denuncias das outras empresas participantes no concurso. Había queixas e denuncias dos usuarios por incumprimento dos pregos. E había advertencias políticas. BNG e PSOE cren que a conselleira non pode alegar ignorancia ante a sentenza do TSXG que ordena a COmpetencia investigar irregularidades na concesión de lilñas de transporte de viaxeiros. PIdenlle a Ethel Vázquez responsabilidades no que ven como un caso de connivencia coas emprEsas denunciadas.
Veremos qué responde o goberno galego. Arestora o presidente da Xunta comparece tralo consello semanal, que INICIA o trámite dunha norma que pretende que os proxectos renovables deixen máis impacto no noso territorio
- A patronal eólica considera esta lei un paso atrás principalmente pola futura empresa público-privada para proxectos de renovables
O obxectivo é deixar máis beneficios nos concellos afectados pero a industria recorda que a Xunta xa recauda pra ese fin un canon eólico moi elevado
- En plena semana da administración aberta, os cidadáns denuncian demoras e venda de citas previas
Nas oficinas de estranxeiría hai ata seis meses de demora para conseguir ser atendidos, o que provoca a proliferación de revenda de citas e pagamento de xestorías
- Sindicatos médicos denuncian presión ós facultativos coas novas medidas anunciadas polo Sergas
Denuncia que se condiciona o pago do complemento salarial a facer xornadas de tarde ou encargar menos probas para intentar reducir as listas de agarda
- Nova xornadas de paro e protestas dos bateeiros pola crise da mexilla.
Concentráronse en San Caetano para pedir á Xunta que lles permita recoller cría do bivalvo en toda a costa. Rexeitan as novas áreas abertas porque estas, din, non teñen mexilla