Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os últimos movementos políticos aclaran os plans do PSdeG. O nomeamento de Gómez Besteiro como delegado do goberno semella se-lo paso previo á súa presentación como candidato á presidencia da Xunta nas eleccións autonómicas do vindeiro ano.
O secretario xeral do partido, González Formoso, cualificou a volta de Besteiro á actividade política como algo moi especial para os socialists galegos.

Os colexio de médicos van impugnar o sistema de xestión de cosultas do SERGAS. Consideran que deixa-lo en mans do persoal administrativo supón un risco paraa os pacientes e tamén para o persoal non sanitario.

O tempo. Vaise ir retirando o anticiclón e a última hora da tarde volven a chuvias. Pero de momento temos poucas nubes e temperaturas altas.

Xosé Ramón Gómez Besteiro xa é oficialmente o novo Subdelegado do Goberno en Galicia. Logo de 7 anos apartado da política volveu a primeira liña, tras ser exonerado de todalas cargas de corrupción polas que abandonara o cargo de secretario xeral dos socialistas galegos.

Substitúe a José Miñones quen tomou posesión esta mañá en Madrid como novo Ministro de Sanidade.
 

Nueva Pescanova a piques de perde-la presenza galega no seu capital.
Abanca, que conta co 97.8 por cento da propiedade, ten en marcha a venda da súa participación. Os dous aspiranets son a candense Cooke e o fondo de investimento californiano Platinum Equity.

Amplo seguemento en GAlicia da folga de inspectores de pesca marítima. Case todo o persoal está hoxe ausente dos seus postos. MObilízanse contra unha instrucción que os obriga a estar dispoñibles dúas horas fora do seu horario

Naturgy deixa de atender en galego ós seus clientes en horario nocturno. A empresa rompe o compromiso adquirido hai uns meses ante a Xunta e os traballadores, e foi eliminando traballadores do servizo de averías e incidencias de 10 da noite a 8 da mañá

Particulares e empresarios da comarca de Vigo crean unha Plataforma galega de afectados polas comunidades de montes. Denuncian que estas entidades lles reclaman por vía xudicial terreos privados, alegando levantamentos catastrais do século 19. Temen perde-los seus negocios e vivendas

No tempo, temos por diante outra xornada seca e de boas temperaturas.

Tra-lo nomeamento de José Miñones coma novo Ministro de Sanidade, anunciouse que Xosé Ramón Gómez Besteiro é o seu sucesor na delegación do Goberno en Galicia. Besteiro volve á primeira liña política 7 anos despois de dimitir como secretario xeral do PSdeG.

Por outra banda, os socialistas presentarán unha batería de iniciativas no Parlamento Galego pra pedir a retirada do recurso contra o importo estatal as grandes fortunas, que presentou a Xunta ante o Tribunal Constitucional.
 


Miñones quen cumpría este mércores dous anos como delegado do goberno en Galicia, convérteuse dende esta mañá no novo Ministro de Sanidade. Como anunciou o Presidente Pedro Sánchez, quen destacou a sua formación como Farmacéutico.

Mañá tomará posesión do seu cargo no Palacio da Zarzuela en Madrid, nun acto presidido polo Rey Filipe Sexto.
 

José Manuel Miñones es el primer licenciado en Farmacia que ocupa el cargo de Sanidad y el quinto ministro al cargo de la cartera desde que Pedro Sánchez llegó a Moncloa. Hombre de máxima confianza de Sánchez, ocupa desde hace dos años el cargo de delegado del Gobierno de Galicia, empezó su trayectoria política en el ámbito municipal, llegando a ser alcalde de Ames (A Coruña) entre 2015 y 2021. Miñones llega a la cartera en un momento especialmente convulso para laAtención Primaria y con temas abiertos como la puesta en marcha de la Agencia Estatal de Salud Pública, la ley de Equidad Sanitaria, y planes preventivos muy demandados como el del suicidio o la reforma de laley ‘antitabaco’.

Reunión de Medio Rural coas organizacións agrarias ante o retraso dos contratos do sector lácteo. José González compromete vixilancia pra que se cumpran tódolos requerimentos nos novos contratos. Lembra que os custos seguen altos e aposta por estabilidade nos prezos

Ante a escaseza de mexilla, os bateeiros xestionan a compra de mexilla fóra de Galicia. No Mediteráneo ou Portugal, onde hai a mesma especie de bivalvo. Unha medida desesperada, que os deixaría fora da denominación de orixe

Os sindicatos do servizo de transporte de viaxeiros por estrada culpan ás baixas temerarias de Monbús e Alsa do bloqueo do seu convenio. Un bloqueo que os levará á folga este venres. Denuncian salarios de menos de mil euros por xornadas de ata 12 horas

Os traballadores de GRI Towers, no Carballiño, enfrontan un posible expediente temporal. Afectaría a máis de 400 traballadores. A empresa, adicada ó sector eólico, asegura que propón a medida ante unha caída da produciÖN


Canto ó tempo, xornada hoxe de ceos despexados e temperaturas en alza.