As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Os plans europeos para vedar a pesca de fondo en todas as áreas protexidas de aquí a 2030 non convencen nin ó goberno español nin á Xunta e tampouco ó sector. As confrarías galegas acusan ó comisario europeo de Pesca de conseguir xusto ó contrario do que buscan. Din que, no lugar de máis sustentabilidade ambiental, o peche dalgúns caladoiros á pesca de fondo só trouxo maior gasto de combustible dos barcos. Iso sen contar as perdas económicas.
Miramos hoxe de novo a Tui. Xa hai unha persoa detida, unha muller, pola queima de máis de vinte coches en pleno centro da cidade. A principal hipótese que se baralla é a de disputas familiares, non se descarta algún problema de saúde mental.
Boa tarde. Estamos pendentes de Bruxelas, onde os ministros de agricultura e Pesca están a estudar a eliminación da pesca de arrastre nas áreas protexidas pro 2030. Tanto o ministro Luis Planas como a Federación Nacional de Confrarías están en contra desta proposta da comisión europea que se está a debater nunha xornada na que unha veciña de Tui foi detida como presunta responsable da queima de 21 coches que tivo lugar a pasada madrugada na localidade.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
A partir do verán, o Sergas duplicará as prazas de hospitalización pra mozos con problemas psiquiátricos. O Hospital Álvaro Cunqueiro incorporará 6 novas habitacións de afectados por unha enfermidade mental grave, unhas patoloxías que se incrementaron coa pandemia.
Os traballadores de GKN acordan contención salarial durante cinco anos. Empresa e persoal alcanzaron un acordo que permitirá á auxiliar da automoción acceder a un contrato de 10 anos coa multinacional Volkswagen
O 24% dos rapaces menores de 15 anos son incompetentes en galego. Un estudo da Mesa pola Normalización Lingüística conclúe que hai un importante desequilibrio entre galego e castelán nos centros. E agrávase cos libros dixitais, que en moitas ocasións non existen na nosa lingua
As forzas da orde buscan ó autor ou autores da queima dunha vintena de coches en TUI esta mañancina. Arderon en seis lugares diferentes de maneira simultánea. Rexistráronse danos nalgunhas casas pero non houbo que lamentar feridos.
No tempo... nas vindeiras horas aumentará a nubosidade, e tamén as chuvias...
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
O presidente da deputación coruñesa estivo diante dos micrófonos de Radio Nacional. Valentín González Formoso insistiu en que a súa decisión de volver presentarse a alcaldía das Pontes ten moito que ver coa re industrialización non so do concello senón de toda Galicia. E, para sorpresa, apuntou que é posible prescindir das Deputacións, eso sí, con matices.
A pesca galega mira hoxe a Bruxelas. Reunión alí dos ministros europeos de pesca. Sobre a mesa: a posibilidade de ampliar a veda á pesca de fondo a todas as áreas protexidas. Os pescadores, despois das limitacións que xa levan varios meses en marcha, ven esa opción coma un golpe definitivo ó arrastre.
A cara boa está nos armadores do cerco xa que pode pescarse de novo a sardiña ibérica despois de anos de vedas desde que se asinou no 2017 o plan de recuperación desta especie.
Nos vindeiros minutos escoitaremos tamén a Valentín González Formoso despois de anunciar que repetirá candidatura á alcaldía das Pontes. O secretario xeral socialista aproveitou para defender os plans de eólica mariña do goberno.
E hoxe remata o prazo de inscrición nas escolas infantís unitarias. E fano con problemas porque moitas non acadan o mínimo que marca a Xunta.
Comeza a Veda de pesca fluvial en Galicia os pescadores poderán voltar aos ríos galegos na busca de troita. Ainda que terán que agardar ao 1 de maio pra poder capturar tamén outras especies coma o salmón, ou reo.
A tempada rematará con caracter xeral o 31 de xullo.
Mañá abrirá tamén a pesca da Sardiña no mar. Os pescadores do Cerco agardan un bo nivel de capturas trala total recuperación da especie
Entrevista con el presidente de la Diputación Provincial de A Coruña, Valentín González Formoso, realizada por Víctor Alvariño.
Entrevista coa Doctora en Arquitectura, María Amparo Casares Gallego.
Realizada por Pablo Lago.
Dous dos feridos no accidente ocorrido esta pasada tarde en Vilaboa, en Pontevedra, faleceron no hospital onde foran trasladados con feridas graves.
Noutros asuntos os presidentes de Galicia e Asturias piden obter axudas e vantaxas fiscáis pola falta de poboación. Algo pro que solicitan ao Goberno e Europa que se teñan en conta o avellentamento ou a dispersión á hora de declarar zonas en risco de despoboamento.
- Tres de ellos habían sido trasladados al hospital de Montecelo, en Pontevedra, y al Álvaro Cunqueiro, en Vigo
- El conductor del turismo implicado, indica el 112, ha perdido el control del vehículo al tratar de aparcarlo
Galicia e Asturias queren que Europa amplíe os criterios polos que se determinan as zonas en risco de despoboación. Así o comentaron os presidentes das comunidades autónomas logo dun cumio pra abordar la caída demográfica.
Grave accidente en Vilanova. Un turismo invadiu unha terraza de Vilanova e hai catro persoas feridas, dúas graves.