Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Tras tres horas de reunión do conselleiro de Sanidade cos alcaldes da área de Pontevedra non cambio nada na percepción que uns e outros teñen da situación da atención primaria. O representantes do PSOE e do BNG sairon decepcionados... os do PP recoñecen carencias pero tamén o labor da consellaría.
E este venres cita en Santiago en defenda do corredor ferroviario atántico: os presidentes de Galicia, Asturias e Castela e León teñen previsto asinar unha declaracion conxunta.

O tempo. xornada de transición cara á recuperación da influencia anticiclónica. Aínda se vai producir algún chuvasco no terzo norte. Ademais a conta de neve continúa nos 800. As que non varían son as temperaturas.

O paro reduciuse en 3.700 persoas o ano pasado en Galicia. Unha caída de algo menos de tres puntos, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa publicados hoxe. O desemprego reduciuse unha décima máis que a media española.

E na cidade do Lérez xuntanza esta tarde entre o conselleiro de Sanidade e os alcaldes dos dos concellos da área sanitaria de Pontevedra- O Salnés pra tratar a situación da sanidade pública.

O paro baixou en 3.700 persoas en Galicia en 2022, o que supón unha caída do 2,73% respecto de 2021, mentres que o emprego creceu en 13.200 postos. Son os principais datos que nos deixa a Enquisa de Poboación Activa, que sitúan á nosa como unha das tres comunidades onde máis caeu o desemprego de forma trimestral.

Son datos bos, é algo no que hai unanimidade de interpretación, pero con matices. Os sindicatos poñen o aceno en dous feitos: o problema demográfico con progresiva perda de poboación activa e a falta de impulso ó sector industrial. Algo no que coincide a oposición. O PSdeG demanda á Xunta un plan de axuda ás empresas ante a suba dos seus gastos.

Segue avanzando o mapa eólico en Galicia que nun par de anos transformará a imaxe de numerosas zonas de Galicia. Primeiro foron as autorizacións da Xunta e agora foi o Goberno central o que aprobou a Declaración de impacto ambiental para 7 parques destindos a abastecer distintos proxectos industriais.

Sanidade, hoxe o conselleiro de Sanidade abordará con representantes dos concellos de Pontevedra a situción na atención primaria.

E, a bonoloto deixa un premio de tres millóns de euros en Ourense. O único boleto de seis acertos foi selado no Bar Chincho

O Goberno autoriza para Alcoa e Showa Denko 7 parques eólicos e archiva 3 pola falta de documentación da Xunta. Precisamente esta tarde o Vicepresidente galego mantivo unha reunión co comité de Alcoa pra valorar a tramitación dos 5 parques dos que depende a fábrica da Mariña.

Todo despois de que os traballadores da fabrica de aluminio, acordasen coa empresa que non será a té 2025 cando as cuvas traballen ó 100%. O primordial din é modernizar as instalacións.

"Para poder recuperar a produción de aluminio primaria nas mellores condicións hai que modernizar as instalacións". Esta é a resposta do comité de empresa de Alcoa na Mariña á proposta da dirección para retomar a actividade na fábrica de Alúmina. Un plan que inclúe un atraso de máis de ano e medio na recuperación do pleno rendemento.

Os traballadores din que, máis aló de prazos, non conseguirán avanzar sen ter antes investimentos nas infraestruturas e sen garantir que non haberá impacto polo alto prezo do gas.
 

Protgonismo para o sector eólico. O goberno logrou que o Congreso convalidase o decreto anticrisis que exime da avaliación ambiental ós proxectos que non est´n en zonas protexidas. Mentres a Xunta no límite do prazo autorizou 77 parques que en dous anos teñen que estar instlados para non perder o dereito de conexión.

No xuizo do Alvia... loita para evitar responsabilidades entre Renfe e Adif... E hoxe concretarase en Pontevedra a devolución a Polonia de dous cadros expoliados polos nazis