Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Hoxe, no noso tempo da entrevista falamos con Alberto Varela, presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, e alcalde Vilagarcía. COn el conversa Xosé Manuel García sobre os preparativos para acoller a refuxiados ucraínos, ou o futuro do PSdG

As confrarías galegas convocarán un amarre xeral da flota a partir do día 21 deste mes, se antes o ministro de Pesca non atendes as súas peticións.

- Mentres Núñez Feijo continúa expoñendo o seu proxecto político en Tenerife, aquí a oposición seguen cuestionando que exerza á vez como presidente da Xunta e candidato do Partido Popular.

-Os casos activos de coronavirus volven aumentar en Galicia, aínda que cun incremento máis atenuado que na xornada anterior

-Hoxe abre as portas na Coruña a exposición Textís de Artistas. Unha mostra británica que reúne máis de cen pezas deseñadas por artistas como Miró, Dalí ou Picasso.

NO informativo de hoxe afondaremos tamén na figura do ourensán FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, a quen se lle dedican as Letras Galegas deste ano

A continua suba do prezo dos carburantes e da enerxía non da tregua e está a agrabar os problemas de abastecemento que xa tiñan moitos sectores. O sector do transporte en Galicia vai resistindo.., polo de agora non secundarán a folga convocada por parte do Sector para o vindeiro lúns. Mentres os empresarios das Gasolineiras advirten das perdas que lles ocasiona a suba... Tamén pendentes da pesca. O sector reunirase mañá para decidir se o parón das flotas.

Moi Boas Tardes... E o sergas anunciou que a posible retirada das máscaras nos recreos galegos para a vindeira semana. O Conselleiro Julio García Comesña, anunciou que o comité clínico estudará a retirada, logo de que remate a vacinación da poboación diana esta fin de semana. O que sí se manterán duas semanas máis serán as restriccións na hostelería e o certificado en hopitáis e residencias.

Os combustibles xa están nalgunhas estacións de servizo a máis de 2 euros por litro. Aínda que pareza contradictorio tamén é malo para os donos das gasolineiras que aseguran que desde hai dez días vende a perdas.

Sanidade vai abordar nos vindeiros días a retirada das máscaras os patios dos colexios. Farao unha vez que esta semana remate a segunda doce da vacina ós menores de 5 a 11 aos.

Mantén o pasaporte COVID nas residencias e hospitais

Esta mañá declarou en sede xudicial en Tui, como investigado, o exnoivo de Déborah Fernández. O avogado da familia da víctima asegura que incorreu e varias contradiccións respecto ó que declarara outras veces ante a policía.

Na Coruña, a Fundación Barrié abre mañá a exposición Textís de Artistas.

Unha mostra que nos descubre una nova faceta artística de nomes tan recoñecidos como Pablo Picasso, Joan Miró, Salvador Dalí, Andy warhol ou Henri Matisse.

O tempo. pola tarde os chuvascos van ser máis ocasionais, pero á noite entra unha nova fronte.

A guerra en Ucraína está a probocar unha crise de materias primas e a suba dos prezos de producción. Fitos que están a afectar seriamente o tecido empresarial galego. Dende o sector do metal, alertan que o peor está por vir e adiantan a falta de compoñentes. Uns materiáis que afectarán tamén a construción que apura en adiar os prazos das obras púbricas.

Moi Boas Tardes... E Galicia é unha das poucas comunidades nas que a incidencia acumulada segue por riba das 500 casos por cada cen mil habitantes. Xusto na tarde na que o Ministerio de Sanidade estudaba suprimir o uso da máscara en interiores. Unha decisión que finalmente non chegará ata a próxima semana e sobre a que os expertos galegos piden estudar con cautela.