Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Hai hoxe un mes Galicia quedaba impactada pola noticia do afundimento en Terranova do Villa de Pitanxo. As familias dos 12 desaparecidos, que este venres serán declarados oficialmente mortos, seguen agardando o cumprimento das promesas do goberno de regresar á zona pra busca-los seus corpos. Non descartan presentar unha denuncia penal polo sucedido, a partir da versión dun dos superviventes, que apuntaba a unha tardía reacción do patrón. El acaba de rompe-lo seu silencio cunha versión dos feitos que non convence ós falecidos

O sector pesqueiro agarda obter hoxe unha resposta do ministerio á súa demanda de compensacións pola suba do combustibles. Da proposta que obteñan dependerá o posible amarre previsto para o luns próximo, aínda que hai moitos barcos que xa non saen.

Como tampouco traballan moitos transportistas... de momento a folga non está a ter repercusións singificativas.

Moitos outros sectores agarda que o Goberno aprobe a rebaixa fiscal á que se comprometeu. E hoxe lembramos ós mariñeiros do Villa de Pintanxo. Cúmprense un mes do naufraxio do arrastreiro en Terranov.

O tempo. Poucas nubes a anúnciase unha suba de temperaturas.

En galicia ,Son moitos os sectores que se están vendo perxudicados pola crise do combustible. a suba do prezo do carburante deixa a moitos traballadores con preocupación porque non poden asumir os gastos pra levar a cabo a sua labor. Neste sentido, o sector do transporte é un dos agraviados. hoxe comezaron un paro indefinido.

Na mesma liña, traballadores de autoescolas prevén subir o prezo das clases pra paliar a suba do gasoleo. Mentres, outros optan por pechar, como é o caso do Complexo deportivo Rías do Sur en Pontevedra que decidiu clausurar tódalas zonas acuáticas ante o incremento do prezo da luz.

Lalín acolle xa en vivendas de particulares os refuxiados ucraínos chegados na caravana humanitaria fretada polo concello.

Normalidade na maior parte de Galicia a pesar da convocatoria de folga dalgúns colectivos do transporte. Son especialmente camioneiros autónomos, que aseguran que as subas de combustibles os obrigan a traballar a perdas. Outros colectivos, como repartidores ou taxistas reclaman tamén medidas pra paliar estas subas. No sector metal galego ven con bos ollos a baixa de impostos apuntada polo presidente do goberno pero piden tamén valentía á Unión Europea pra regular os prezos da luz

Unha parte do sector do transporte iniciou esta pasada medianoite unha folga que non secundan asprincipais asociacións.... a pesca da unha semana de marxe: se antes do luns que vén non se aproban medidas compensatorias a suba do combustible amarrarán.

Xusto esta semana os distintos ninisterios teñen previsto manter contactos cos sectores máis afectados para concretr contía e prazos da rebiaxa fiscal á que se comprometu o Goberno na conferencia de presidentes que se celebrou na Palma.

Deportes. O Obradoiro sumou unha importante victoria ante o Baskonia.

O tempo. Mañá máis fría pero sen chuvias.