Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O sector pesqueiro galego non obtivo palabras tranquilizadoras do comisario europeo de pesca. Os dous asuntos que máis preocupan, que depende da Unión Europea, seguen sobre a mesa: a posible eliminación das axudas ó gasóleo ou o regulamento de control da pesca.
O grego Sinkevicios escoitou as demandas do sector e únicamente se mostru aberto a axustar a lexislación a aspectos específicos como o que se dan en Galicia.

Dirección e sindicatos de Stellantis negocian a modificación das condicións de traballo por mor da desaparición temporal da cuarta quenda, a de fin de semana.

Baixan tódo-los indicadores da pandemia.
Os casos activos xa pasan pouco dos dous mil, hai catro persoas menos hospitalizadas e detectáronse 61 novos contaxios

En Lugo, os feirantes concentráronse diante do concello pra que lles expliquen porque non poden traballar no San Froilan cando si o fan noutras cidades.

Xa está no cárcere o presunto asasino da coruñesa Mónica Marcos. José Ramón Guerreiro, a súa parella, xa pasou a noite no penal de Teixeiro.
A xuiza de garda ordenou o seu ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza por homicidio doloso, coas agravantes de alevosía e ensañamento.
O acusado negouse a declarar en sede xudicial e tamén diante da policía.

Desde hoxe e ata o 4 de outubro, os coruñeses poden presentar propostas sobre a cidade ou o seu barrio para incluir na partida de orzamentos participativos

O alcalde de Zas fai pública a carta que lle remitíu ó presidente de Abanca pedíndolle que no pechara a sucursal no municipio. 15 días despois non ten resposta.

Deportes. O Obradoiro comeza Liga ACB con derrota. Perdeu na pista do Unicaja.

No tempo da entrevista, falamos coa alcaldesa de Betanzos, maría Barral.

Pasou a súa primeira noite en prisión o presunto autor da morte da súa parella na Coruña a pasada semana. Non quixo declarar nn ante a xuiza nin ante a policía.
O caso vai pasaar agora a mans do xulgado de violencia de xénero.
E, en Pontevedra comezan a declarar esta mañá a vintena de acusados no xuízo polo alixo incautado no Titán Tres en 2018. Foran aprehendidos 1.700 quilos de cocaína.
No ámbito económico recollemos as protestas pola suba da luz e veremos o plan de Stellantis para esta semana, despois de quedar sen actividade o sábado e o domingo.
Deportes. O Celta xa prepara un novo partido de Liga, xa con urxencias ó sumar só un punto nas cnco primeiras xornadas.
O tempo. Estabilidade pero máis frío.
 

Protestas, este mediodía, en 20 localidades galegas en contra do prezo da luz e a impunidade coa que actúan as empresas hidroeléctricas. As concentracións foron organizadas polo sindicato CIG.

Prisión provisional comunicada e sen fianza por homicidio doloso, coas agravantes de alevosía e ensañamento.
É a decisión adoptada pola xuiza de garda da Coruña sobre o presunto asasino de Mónica Marcos. A xuiza considera o caso un asasinato.

Segue a boa evolución dos datos epidemiolóxicos da pandemia do coronavirus. Contunúan baixando os contaxios e as hospotalizacións.

Continúa este domingo a vacinación contra o coronavuirus sen cita previa.

Deportes: O Breogán vence e convence no primeiro partido da Liga ACB. O Lugo perde no campo do Cartaxena.
 

Continúan mellorando os indicadores epidemiolóxicos da pandemia.
Os últimos datos reflicten un novo descenso dos contaxios, dos casos activos e das hospitalizacións.
Desde hoxe, en Galicia non hai nungún concello en risco extremo. Só Monforte está en nivel medio de restricións.
O presunto autor da morte da súa parella, o mércores na Coruña, pasará a disposición xudicial nas próximas horas

O presidente de Colombia está hoxe en Galicia.

O Celta perde en Balaídos co Cádiz. En 5 partidos de Liga só logrou un punto.
Hoxe arranca a Liga ACB. O Breogán estrease esta tarde en lugo diante do Tenerife.

A partir desta medianoite non quedan xa en Galicia restricións ás reunións sociais, agás na hostalaría. Muda tamén o mapa de risco e só Monforte queda no nivel medio, o resto dos concellos pasa ao nivel máis baixo.

Que tal, boas tardes... estamos pendentes a esta hora do traslado á Coruña do presunto asasino de Mónica Marcos, que esta fin de semana pasará a disposición xudicial.

Os balnearios poderían funcionar como centros sanitarios para curar as secuelas da covid persistente e os trastornos psicolóxicos da pandemia. E unha proposta analizada na Feira Internacional do Turismo Termal en Ourense.

O asasinato dun muller, o mércores, na Coruña é un caso de violencia machista.

Confirmouno o Ministerio de Igualdade.

Mónica Marcos, de 52 anos, convírtese así na primeira víctima da violencia de xénero en Galicia no que vai de ano, e a número 35 en España.

O presunto autor do asasinato de Mónica é a súa parella, unn home de 48 anos e con antecedentes por violencia de xénero contra outras duas mulleres.

Foi detido onte nun hostal de Madrid. Viaxou a capital de España en avión, polo que o crime cometeuse ao longo da xornada do mércores, e non de madrugada.

Non opuxo resistencia durante a súa detención.

Sen noticias a esta hora do presunto agresor que esta madrugada acabou coa vida da súa parella no barrio coruñés de Birloque... Mónica Marcos, de 52 anos, foi atopada polo seu fillo despois de ser asasinada con arma branca... O presunto agresor ten antecedentes por violencia de xénero...

A vicepresidenta Nadia Calviño confía en que Galicia capte moitos fondos Next Generation. Asegurou en Vigo que hai empresas moi potentes e innovadoras no noso territorio. Tamén apostou pola autonomía estratéxica de Europa na fabricación de microchips.

Os cidadáns xa poden pedir unha cita presencial co seu médico de familia. A federación de asociacións pra defensa da sanidade advirte do grave deterioro deste servizo. Cren que só queda mobilizarse pra recupera-lo recortado neste servizo esencial.

CCOO ve unha alternativa xurídica pra que Ence siga en Lourizán. Pasaría pola súa adscrición ó porto de Marín, porque así non lles afectaría a Lei de Costas.

A Denominación de Orixe Rías Baixas espera unha das mellores colleita da historia. Xa se recolleron 7 millóns de quilos de uva, dos 43 que se prevén. O único problema pras adegas é a man de obra temporal que este ano tamén escasea.