Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Esta noite pasada Galicia deu un paso mais de cara a normalidade ao entrar en vigor as novas normas para a apertura do lecer nocturno. Finalmente case todos os locais non se acolleron á posibilidade de aumentar aforo e abrir ata as catro polas complicacións que lle supón. A Xunta agarda que o vaian facendo pouco a pouco.

E este mediodía sairon en manifestación os traballadores de Vestas en Viveiro para protestar contra a pretensión da multinacional de pechar a fábrica de Chavín e despedir aos 115 operarios.
 

Noite de venres, noite de festa para moitos... os que se decanten por acudir a algún local de lecer nocturno deben levar con eles o certificado covid... algúns dos establecementos, aqueles que decidan acollerse ó novo escenario para abrir ata máis tarde, deberán solicitarllo.... A xunta tira peito do aval xudicial ó seu plan... mais o sector considera que non ten medios para cumprir todas as normativas.. miran cara outras comunidades e desexan despedirse das limitacións...


Esta é unha das principais novas dun día que nos deixa unha data sinalada no calendario: o mes de decembro. Será cando chegue, por fin, o AVE a Galicia...


E seguimos cun ollo na Mariña.. onde os traballadores da industria que dá de comer á comarca seguen elevando a súa voz para pedir unha solución que lles garanta un futuro.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia considera xustificado pedir o certificado covid para entrar nos establecementos de lecer nocturno

A Xunta pide ao Estado que amplíe a reclamción xudicial da propiedade dos bens do Pazo de Meirás a outros 49 obxectos.

As estafas bancarias telemáticas superan xa a contía dun millón de euros na nosa comunidade. É a estimación que fai a unión de Consumidores de Galicia que tenta organizar unha reclamación conxunta ante as entidades

O BNG vai presentar iniciativas para que se rescate a concesión da AP-9. Tamén queren que se reprobe ós gobernos do PP e do PSOE que aceptaron a ampliación sen concurso previo.

Dous concellos galegos, uns oito mil veciños, non teñen auga potable. Trátase de Muxía, onde se confirma contaminación bacteriana da traída, e Curtis, por un verquido de purín ó río.

As enfermeiras que poñen as doses da vacina da covid... o persoal que atende nos centros de saúde... aqueles que levan meses sen ver a cara ós pacientes... parte do sector sanitario galego ten unha cita nuns minutos en Vigo para reclamar melloras para uns servizos que consideran empobrecidos, denuncian que a situación ESTÁ agravada pola pandemia... en seguida estamos alí....

Esta é unha das principais novas dunha xornada de dificultades para moverse no tren en Galicia debido á folga de maquinistas, paros que, saiban, continuarán mañán...

E hoxe tamén descubriremos os tesouros ocultos que emerxeron durante as obras de restauración da Catedral de Santiago.