Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A alcaldesa da Coruña recoñece que a sentenza do tribunal superior de Xustiza de Galicia, que anula a baixada das tarifas dos autobuses urbanos da cidade, prexudica os intereses do concello.
Os servizos xurídicos municipais estudan cómo presentar recurso.
Para a concesionaria, a sentenza permite recuperar a seguridade xurídica no transporte público da cidade.
A compañía de Tranvías aboga por reanudar as conversas co goberno local para acadar un entendemento.


--- Detectado un gromo de covid no colexio Eusebio da Guarda da Coruña. Hai catro alumnos contaxiados.


--- O coruñés Amador Enseñat y Berea, novo xefe do Estado Maior do Exército de Terra. Ten 60 anos.


--- A Orquestra Sinfónica de Galicia comeza hoxe a temporada de abonos. A do seu trinta aniversario. Interpretará 20 obras novas.

--- Deportes. O Deportivo Abanca debuta esta tarde na Copa do Raiña. Xoga no campo do Pozuelo. Volve o equipo a porteira María Sampalo.

Sanidade dase 15 días para eliminar a maioría das restriccións. Se a evolución se mantén nos termos actuais desaparecerán as limitacións nos aforos. De momento, xa se ampliaron ó 90 por cento na maioría dos ámbitos.

Outra novidade: aplicarase a tercaeira dose da COVID ós maiores de 70 anos. Será a partir do día 25.

Hoxe de novo protagonismo para Vestas. A direción comprometeuse a presentar unha alternativa de emprego tra-la reunión en Santiago cos traballadores, a Xunta e o Goberno central.

Néstor Rego, diputado del BNG en el Congreso, ha explicado en el informativo 24 horas que su formación está dispuesta a negociar su voto para aprobar los Presupuestos Generales del Estado: "Queremos conseguir unos buenos PGE para el Estado, pero también para Galicia, que no nos discriminen". El diputado gallego también ha sido prudente al valorar el acuerdo alcanzado en el seno del Gobierno en materia de vivienda y dice que hay medidas "en la buena dirección, pero que quedan a medio camino".

O 25 de outubro comeza a administración da terceira dose da vacina contra o coronavirus nas persoas maiores de 70 anos e de 65 se pasaron 6 meses da última dose. Acaban de acordalo as comunidades e o Ministerio, cos votos en contra de Galicia e da Comunidade de Madrid.

Que tal boas tardes... a nosa comunidade avanza na eliminación das restricións que quedan. Decontado debullamos as últimas normas que acordou o comité clínico.

E falamos tamén da situación dos traballadores de VESTAS, que recollen con certa satisfacción o compromiso da empresa de presentar unha alternativa ao peche da fábrica da Mariña.

Feitos con miga de pan que, segundo a tradición, dan sorte a quen os leva. Pero na pequena aldea do Ortegal apenas quedan artesáns que os fagan e, a curto prazo, non se albisca continuídade para este oficio singular que pasou de xeración en xeración durante séculos.

Galicia entra hoxe nos niveis de incidencia que marcan a nivel nacional a chamada "nova normalidade". A incidencia a 14 días sitúase nos 23 casos por 100 mil habitantes.

Normalidade que permite ampliar aforos con carácter xeral ata o 75 por cento en interiores, e 90 por cento en exteriores, con algunhas excepcións.

En Marín, hoxe retómanse as movilizacións pra denuncia-la situación do centro de saúde do Seixo. Seguen cun único facultativo para 2.200 persoas, e con listas de agarda que alcanzan os 20 días de demora.

Os traballadores de Vestas, a empresa de Viveiro ameazada de peche, vanse manifestar hoxe en Santiago. Iniciarán a marcha ás tres, unha hora antes da consticución dunha mesa, convocada pola Xunta, que buscará solucións industriais para a fábrica.

Paulo Carril será reelexido este sábado como secretario xeral da CIG. O obxectivo do sindicato nacionalista é seguir ampliando representatividade e a capacidade de mobilización.

Ourense toma o relevo da Coruña na organización do Mobile Week e acollerá este certame os vindeiros tres anos. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, considera que o certame axudará a mellorar a competitividade da provincia.

Preocupación en Ferrol polo futuro da empresa Electrorayma. Podería pechar se non acada un acordo con Navantia. Deixaría na rúa a 150 traballadores.


O alcalde de Teo queda en minoría ó rachar o pacto de goberno que mantiña co Partido Socialista. Rafa Sisto espera chegar a acordos co BNG.


4.000 veciños de Curtis continúan sen auga potable desde o xoves por culpa dun vertido de purín.


Deportes. Alex Suárez continuará no Obradoiro ata 2024.

Hoxe coñeceremos os reultados do comité clínico que este luns debatiu a nova estratexia na pandimia unha vez que os datos reflexan xa prácticamente unha situación de normalidade. A incidencia de casos así o reflicte. Por iso, agora estúdase prestar unha maior atención ós gromos para tratar de evitar a tempo unha nova repunta de casos.
Protagonismo hoxe para Vestas. Os traballadores vanse trasladar a Santiago onde ás catro da tarde se constitúe unha mesa, na que estará tamén a empresa, para tratar de evitar o peche da fábrica de Viveiro. Trátase evitar que pase a engrosar as listas do paro. Que xa non nos deron boas noticias en setembro.
O tempo. anunciase unha melloría, tamén das temperaturas.