Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Foi a polémica do verán, e aínda podemos ver as súas consecuencias nos encoros de Lugo e Ourense... O excesivo turbinado por parte de Naturgy e Iberdrola, que deixou baleiras as concas, non será investigdo polo parlamento galego.

Unha iniciativa do BNG, que apoiaban os socialistas, pèro que o PP rexeitaba hoxe no pleno. Logo de duras críticas á confederación hidrográfica e o goberno central, e de que coñeceramos que as eléctricas avisaron á Xunta antes dese baleirado O PP apela a que as competencias son nacionais. Din que a investigación debería darse no Congreso.

O concello de Santiago pedirá, á delegación do goberno, o apoio da unidade de antidisturbios da policía nacional para evitar que, o xoves, se repitan os incidentes da semana pasada.
A policía municipal tivo que intervir para dispersar a centos de estudantes concentrados as portas de locais nocturnos do Ensanche compostelán
O alcalde compostelán quere que a presencia policial sexa só disuasoria.

--- En Ferrol, os veciños do barrio de Ferrol Vello reclaman a reapertura do consultorio médico Manuel Comellas. Está pechado desde marzo de 2020.

--- O alcalde das Pontes, valentín González Formoso, presenta o xoves a súa candidatura a secretaría xeral do Psdg.psoe.

--- O concello da Coruña constrúe unha rotonda para eliminar o paso soterrán da avenida de Arteixo baixo a ronda de Nelle.

--- Deportes.


--- No tempo da entrevista, hoxe falamos do Museo Carlos Maside con Xosé Díaz, fillo de Isaac Diaz Pardo

Acordo para o alivio das restriccions nos locais de lecer nocturno. Inclúe o uso do cerfificado de vacinación, pero para iso será necesario o respaldo do Tribunal Superior de Galicia que, no seu día rexeitou esta medida, logo validada polo supremo.
A evolución da pandemia permite ampliar horarios: hai un ano que Galicia non tiña tan poucos casos activos.
Nos tribunais o xuiz que instrúe a denuncia polo uso de cámaras ocultas nunha para gravar as partes intimas de mulleres e colga-las en páxinas porno rexeita os recursos e ratifica o sobreseemento provisional do caso.
E as primarias do PSdeG terán alomenos dous candidatos. Valentín González Formoso competirá con Gonzalo Caballero.
Deportes. O celta volve gañar en Balaídos.
O temo.. menos nubes e máis frío.
 

O certificado COVID será chave para o funcionamento de pubs e discotecas. O lecer nocturno terá, coma no resto da hostalaría, dous niveis de capacidade: no máximo os locais poderanse ocupar ata o 75% do espazo e pecharán ás 4 da madrugada. Para iso deberán esixir o documento. Se non, só poderán usar o 30% da cabida e cerrarán unha hora antes.


Xunta e sector acordaron hoxe o protocolo que mañá deberá ratificar o comité clínico. Un plan que ten que contar tamén co aval do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.


O vicepresidente da Comisión Europea Margaritis Schinas dixo hoxe en Santiago que Galicia é unha das rexións con maior potencial para captar fondos europeos.

Recibe a Calpurnia de Honra no Festival de Cine Internacional de Ourense, que lle recoñece a súa longa traxectoria como cineasta e o éxito das súas tres adaptacións de novelas galegas.

Galicia ten o 93,5% da súa poboación diana vacinada cunha dose e o 92,5% coa pauta completa. Datos que nos sitúan á cabeza de España, coma a autonomía coa mellor inmunización, pero que non son suficientes para o Sergas. O conselleiro de sanidade, Julio García Comesaña, di que aspira a ter o total da poboación diana vacinada o 30 de setembro

Desde as dúas os traballadores de Alcoa volven bloquear o complexo da Mariña. Impedirán que saia aluminio da pranta como medida de protesta ante a ruptura das negociacións para vendela fábrica.

A Xunta apoia a adscripción de ENCE ó porto de Marín. Trátase dunha solución xurídica, apoiada polo comité de empresa, para que a fábrica se manteña no seu actual emprazamento de Lourizán.

O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, intervén agora na Convención nacional do PP. Un evento político que inauguraron Pablo Casado e Mariano Rajoy que cadraron en censura-las políticas do goberno central que repercuten no tecido económico galego.

Acordo político para reclamar que o galego estea en igualdade de condicions con outras linguas no ámbito audiovisual. A Mesa pola normalización lingüística lembra que só están dispoñibles en Galicia, nas distintas plataformas, os contidos de producción propia.