Informativo A Coruña 8:45 - 28/09/21 28/09/2021 14:59

O concello de Santiago pedirá, á delegación do goberno, o apoio da unidade de antidisturbios da policía nacional para evitar que, o xoves, se repitan os incidentes da semana pasada.
A policía municipal tivo que intervir para dispersar a centos de estudantes concentrados as portas de locais nocturnos do Ensanche compostelán
O alcalde compostelán quere que a presencia policial sexa só disuasoria.

--- En Ferrol, os veciños do barrio de Ferrol Vello reclaman a reapertura do consultorio médico Manuel Comellas. Está pechado desde marzo de 2020.

--- O alcalde das Pontes, valentín González Formoso, presenta o xoves a súa candidatura a secretaría xeral do Psdg.psoe.

--- O concello da Coruña constrúe unha rotonda para eliminar o paso soterrán da avenida de Arteixo baixo a ronda de Nelle.

--- Deportes.


--- No tempo da entrevista, hoxe falamos do Museo Carlos Maside con Xosé Díaz, fillo de Isaac Diaz Pardo

Más opciones