Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os problemas de seguridade no barrio dos Mallos chegan ó pleno municipal da Coruña.
A corporación aprobou este xoves, e por unanimidade, unha moción conxunta de todos os grupos políticos.
A moción fai fincapé nos gromos de delincuencia, pero aposta tamén pola súa rexeneración e humanización do barrio.

--- Os traballadores da planta de tratamento de lixo de Lousame irán a folga o próximo. Denuncian o desleixo por parte das administracións.


--- O Goberno de España prepara unha demanda civil para reclamar fibalmente todolos bens do Pazo de Meirás.


--- Os hoteis da Coruña recuperaron no verán os niveis de ocupación previos á pandemia. En agosto rozouse o 90 por cento.

--- Deportes. Hoxe arranca a Liga na Leb Ouro. O Basquet Coruña estrease na pista do Cáceres.

--- No tempo da entrevista, esta mañá recibimnos en RNE io ex alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro.

Alfonso Rueda asume de forma temoral as competencias de Facenda tra-lo falecemento do conselleiro Valeriano Martínez. A Xunta decretou tres días de loito, que conclúe este sábado. Valeriano Martínez foi despedido onte en Bueu, onde resdia. Hoxe oficiarase o funeral.

Este venres destaca ademais a ampla crónica laboral...coa convocatoria de novas mobilizacións na Mariña, de Alu Ibérica na Coruña e dos pensionistas.

O que hai é acordo da dirección de Renfe cos maquinistas para a desconvocatoria da folga.

En Lugo, quedou arquivada a peza principal da Pokemón.

E, en Meirás homenaxe ás víctimas do franquismo... un acto presidido polo secretario de memoria histórica, quen anunciou que o Goberno prepara una demanda civil para reclamr os bens do Pazo de Meirás.

A Xunta decreta tres días de loito oficial polo repentino falecemento do conselleiro de Facenda Valeriano Martínez. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asumirá temporalmente a súa carteira.

O Parlamento galego suspendeu a súa actividade en sinal de dó e os membros do Goberno gardaron un longo minuto de silencio na súa memoria.

Falamos hoxe tamén doutros asuntos... O xulgado de Lugo finaliza a investigación da principal peza da Operación Pokémon.

E iremos ao Pazo de Meirás, onde tras un acto de homenaxe ás vítimas da ditadura franquista, o Goberno anunciou que prepara unha demanda civil para recuperar os bens das Torres.

Ampliamos decontado estas e outras novas.

Xornada en Galicia de axendas suspendidas, tanto no goberno galego coma no parlamento, tralo falecemento do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez. A Xunta declara loito oficial e sucédense as mensaxes de condolencia.

Os sindicatos preparan mobilizacións na Mariña pola crise industrial na comarca. Estudan a convocatoria dunha folga xeral para finais deste mes e unha manifestación o día 17.

Na Coruña, manifestación dos traballadores de Alu Ibérica para denunciar a situacion de desprotección. Encadean varios meses sen cobrar e non teñen noticias do preconcurso de acredores solicitado polo administrador xudicial da fábrica.

O colectivo Galicia Baleira denuncia o trato das entidades bancarias ós seus clientes. As federacións de veciños de Lugo e Ourense pide unha intervención do Banco de España e do Ministerio de Consumo para poñer fin o peche de oficinas.

Os pensionistas volveron á rúa convocados pola CIG... Esta mañá manifestaronse en varias cidades. Denuncia que o acordo sobre as xubilacións de 2011 foi vergoñento e o novo pacto vai consagrar a pobreza dos maiores galegos.

A central térmica de Endesa nas Pontes podería volver producir electricidade.

A térmica continúa conectada á rede electrica española e, segundo a compañía, está preparada para reiniciar a producción

Sempre a petición do operador, de Rede Eléctrica.

Os sindicatos non teñen información oficial, pero dano por feito.

Mesmo anuncian a próxima chegada dun barco con carbón ó porto de Ferrol.

Desarticulada na Coruña unha banda adicada ó cultivo e tráfico de drogas. Operaba desde unha floristería.

Fixada para mañá a entrada ó Pazo de Meirás dos auxiliares dos peritos da familia Franco despois de que un xulgado ordease ó Estado que falicite o seu acceso.

Deportes. O Deportivo Abanca, clasificado para a segunda rolda da Copa da Raiña. Derrotou ó Pozuelo por un gol a nove.

No tempo da entrevista, esta mañá recibimnos en RNE io ex alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro.

Loito e pesar pola morte repentina do conselleiro de Facenda. Valeriano Martínez, que traballaba para ultimar o proxecto de orzamentos de 2022, faleceu de forma repentina no seu despacho. Hoxe será declarado loito oficial.

Sobre a pandemia, a Xunta ultima o plan para poñer nas próximas semanas a terceira dose contra a COVID e a vacina da gripe.

Os sistema eléctrico no deixa de sorprender. Agora Endesa prepárase paara volver a producir nas Pontes e vai recibir de novo un barco con carbón.

Conmoción na clase política galega tra-lo falecemento esta tarde do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez. Morreu no seu despacho de San Caetano dunha parada cardiorrespiratoria.

O Goberno galego cancelou as axendas públicas e sucedéronse nas últimas horas as mostras de condolencia que decontado recollemos.

E falamos tamén hoxe da administración da terceira dose da vacina contra o coronavirus. Os especialistas din que é seguro recibila canda a da gripe e explican que podería prever ata os efectos máis leves da enfermidade.

Lembrando a solidariedade que recibiron cando o afundimentos do Prestige, reciños de Corme recollen produtos para os afectados polo volcán da illa de La Palma. Tras un primeiro envío de tonelada e media, seguen coa iniciativa coa colaboración de entidades e comercios da comarca.