Entrevista Diego Vázquez. Pte. federación galega de constructores
Melloran todos os indicadores da pandemia do coronavirus.
Volven decender os contaxios e os casos activos, trala repunta rexistrada no anterior reconto do Sergas.
Segue tamén a baixada do número de hospitalizados.
Hai 34 persoas ingresadas, das que 7 permanecen en coidados intensivos.
--- Megasa reestructura a súa producción de aceiro por culpa do alto prezo da electricidade. A medida non afecta os traballadores
--- A Cig pídelle ó Sergas que inclúa os traballadores das ambulancias no primeiro grupo de vacinación contra a gripe.
--- Deportes. Volve o fútbol de primeira. O Ccelta recibe ma´ñá ó Sevilla en Balaídos
--- Na entrevista do sábado, falaremos co xerente da Orquestra Sinfónica de Galicia, con Andrés Lacasa.
Entrevista co Xerente da Orquestra Sinfónica de Galicia, Andrés Lacasa.
A entrevista foi realizada por Andrea Oca.
Está a piques de comezar en Viveiro unha vixilia simbólica convocada polos traballadores de Vestas. Hoxe chegou á sede da compañía en Dinamarca o traballador que emprendeu a viaxe en bicicleta pero os responsables da multinacional dinlle que o peche da fábrica de Chavín se debe a decisións empresariais.
Un grupo de lancheiros arousáns tiña preparada a súa loxística para introducir a través de Galicia parte do alixo que traía un veleiro dende o Caribe. Foi apreixado nas Azores e chegou hoxe escoltado a Vigo. Transportaba 2 toneladas e media de cocaína.
Hai catro anos, en Chandebrito (Nigrán) sufrían algo parecido a un inferno, no medio dunha das peores vagas de incendios que viviu Galicia. Alí morreron dúas mulleres cando tentaban fuxir do lume. En Carballeda de Avia e Vigo faleceron outras dúas persoas.
O lume arrasou grandes zonas de monte, pero tamén queimou casas, negocios e chegou a entrar en zonas urbanas.
Un Telexornal especial lembra aqueles días e comproba se fomos quen de aprender da traxedia.
En Chandebrito, á beira de Vigo, hai catro anos, os veciños sofriron algo parecido a un inferno, no medio dunha das peores vagas de incendios que viviu Galicia. Aquí morreron dúas mulleres cando tentaban fuxir do lume. Nos próximos minutos imos lembrar aqueles días de mediados de outubro e comprobar se fomos quen de aprender da traxedia. // A vaga de incendios de outubro de 2017 foi a segunda máis grave que rexistrou Galicia neste século. En todo aquel ano, o lume queimou 62.000 hectáreas de superficie forestal do noso país. O oitenta por cento desa superficie, unhas 50.000 hectáreas, arderon en só tres días de outubro. // Pasaron catro anos e o verde volve medrar na maioría dos terreos que as lapas calcinaron. Noutras zonas, a recuperación vai ser máis difícil. Os científicos salientan a voracidade dos incendios forestais en determinadas situacións climáticas, que cada vez son máis frecuentes. (15/10/2021)
Máis de 60.000 hectáreas queimadas, e catro vítimas mortais. CúmpRlense catro anos da vaga de incendios que asolou distintas partes de Galicia. Repasamos cos veciños máis directamente afectados cómo foron aqueles días fatídicos e os traballos para recuperar o terreo arrasado polo lume. // Desartellada unha organización internacional que pretendía introducir en Galicia 2.800 quilos de cocaína. A droga ía a bordo do veleiro GOLDWASSER, que chegou este mediodía ao porto de Vigo. Aduanas e a Policía Nacional abordaron o barco no Atlántico,nunha operación moi complexa pola forte ondaxe. // No Debate de Política Xeral, coñecido como Estado da Autonomía, O grupo popular e os socialistas pactan unha resolución na que declaran compartir o seu apoio ao autogoberno de Galicia, ao tempo que rexeitan as ideas independentistas. (15/10/2021)
A fin de semana comenza coa influenca das altas presions que se traduce nuna nova xornada de ceos pouco anubrados, ainda que aumentan as nubes baixas ao oeste pola noite, anticipo dunha fronte que traerá chuvias mañá. As temperaturas sofren un lixeiro descenso, con mínima de cinco graos en Lugo e a maxima de 24 en Ourense. (15/10/2021)
Partido Popular e o PSdeG PSdeG pactaron unha iniciativa que reivindica o autogoberno de Galicia e expresa o seu desacordo co independentismo. É un dos poucos acordos entre grupo maioritario e a oposición no pleno do estado da autonomía.
O Goberno encarga un estudo para ver as alternativas a actual ubicación de ENCE. O secretario de estado de Medio Ambiente comprometeu en Pontevedra fondos para o traslado da pasteira.
Os productores de carne de vacún sairán á rúa a protestar polo incremento dos custes de producción. Aseguran que non lles pagan para cubrir gastos.
Protesta contra a proliferación de macrogranxas. A plataforma "Stop Gandeiría Industrial" denuncia a contaminación que producen os seus residuos sobre todo na comarca da Limia
Polémica en Pontevedra pola decisión de habilitar o recinto feiral pra reunións de mozos. O PP cre que fomenta o consumo de alcohol. O concello defende a súa legalidade.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez Carlos Cerecedo e Santiago Ameixeiras.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Fátima Rodríguez Carlos Cerecedo e Santiago Ameixeiras.
O PP solicita un pleno extraordinario do concello da Coruña para analizar a inseguridade nos barrios da cidade.
O presidente da Xunta promete dous millóns de euros para campus industrial de Ferrol
O concello da Coruña saca a concurso oito conexións aéreas desde Alvedro para as aeroliñas que garantan voos directos e regulares.
No tempo da entrevista, falaremos dos problemas que están a crear as novas concesións do transporte por estrada entre traballadores e usuarios.
Ás once reanúdase o debate do estado da autonomía co debate e votacion das propostas de resolución con mínimos acordos entre o grupo maioritario do PP e a opsoición. Pero nas últimas horas falouse, sobre todo dos orzamentos do gobderno para galicia: o delegado do goberno asegura que xa non se pode falar de discriminación de Galicia.
O vindiero luns empesa a campaña de vacinación contra a gripe: este ano ordénase por grupos de idade e nos maiores de 70 o obxectivo é simltaneala co terceira dose da COVID
E en pouco máis dunha hora estaremos no porto de Vigo a onde chega o veleiro intercentado no Atlántico con dúas toneladas de cocaína.
O tempo: debilítase algo a influencia das altas presións, pero aínda teremos un día seco.
O luns comeza a campaña de vacinación da gripe. Primeiro será citado o persoal do SERGAS, despois os maiores de 65 anos e os usuarios e traballadores das residencias de anciáns.
A Audiencia Provincial da Coruña condena a Fenosa e Gas Natural, do grupo Naturgy, por cobrar nas facturas da luz os consumos estimados e non os reais. A sentenza considera abusiva esta práctica, así como seguir cobrando tamén o alugueiro dos contadores.
Vagóns, máquinas, estacións e historias humanas do ferrocarril en Galicia
- O Consello da Cultura Galega quere inventariar e estudar o patrimonio ferroviario para un aproveitamento cultural e turístico
- 2021 é o ano europeo do ferrocarril, na estratexia de favorecer o uso deste medio de transporte como económico e ecolóxico
Vagóns, máquinas, antigas estacións, un patrimonio relacionado cos trens e o seu impacto na historia dos últimos 200 anos, que o Consello da Cultura Galega quere inventariar e estudar para un aproveitamento cultural e turístico
Traballadores da automoción, reclaman en Vigo solucións ante a crise polo desabastecemento mundial de microchips que ameaza con frear a recuperación e segue a cobrar vítimas na industria galega. A empresa Galfor de Ourense, que fabrica cigüeñais, inicia un ERTE para os seus 320 empregados.
// Os investimentos previstos para Galicia nos Presupostos do Estado supoñen algo máis de mil millóns de euros. O corredor Ferroviario Atlántico acapara as maiores partidas. // Vagóns, máquinas, antigas estacións, un patrimonio relacionado cos trens e o seu impacto na historia dos últimos 200 anos, que o Consello da Cultura Galega quere poñer en valor para un aproveitamento cultural e turístico. // O que lle pasou á humanidade dende o confinamento ata hoxe. É o tema da mostra que acolle a Fundación Barrié. Con obras de hai anos que agora se reinterpretan a conta da pandemia. (14/10/2021)
Traballadores da automoción, reclaman en Vigo solucións ante a crise polo desabastecemento mundial de microchips que ameaza con frear a recuperación e segue a cobrar vítimas na industria galega. A empresa Galfor de Ourense, que fabrica cigüeñais, inicia un ERTE para os seus 320 empregados.
// Os investimentos previstos para Galicia nos Presupostos do Estado supoñen algo máis de mil millóns de euros. O corredor Ferroviario Atlántico acapara as maiores partidas. // Vagóns, máquinas, antigas estacións, un patrimonio relacionado cos trens e o seu impacto na historia dos últimos 200 anos, que o Consello da Cultura Galega quere poñer en valor para un aproveitamento cultural e turístico. // O que lle pasou á humanidade dende o confinamento ata hoxe. É o tema da mostra que acolle a Fundación Barrié. Con obras de hai anos que agora se reinterpretan a conta da pandemia. (14/10/2021)
Segue o tempo anticiclónico, nunha xornada que deixa en xeral ceos con poucas nubes, algunhas de tipo alto pero que non impiden completamente o paso do sol. As temperaturas baixan algo pero seguen en valores altos para a época do ano con máxima de 26 graos en Ourense. (14/10/2021)