Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Na cidade da Coruña o sector dos centros de telemarkéting ten a súa importancia desde hai anos. Onte estiveron en folga os teleoperadores de Abai Group, antiga Extel, onde traballan máis de 600, a meirade parte mulleres. A modificación das condicións laborais, unha vez máis, está na orixe da convocatoria de folga que convocaba a 3.000 operarios a nivel nacional.


--- A Asociación de Amas e Amos de Casa da Coruña propón establecer un sistema de cotización para este colectivo, ca fin de poder ter dereito a unha xubilación.


--- O Concello de Santiago prohíbe apoiarse nas columnas de Raxoi. Este é o aviso que recollen vareos carteis que se poden ven nos soportais do pazo.


--- A Consellería de Sanidade aida non ten decidido onde instalará a máquina de protón-terapia que doa a Fundación Amancio Ortega, se na Coruña ou Santiago.

Hoxe sairemos de dúbidas. Coñeceremos ata onde chega o relaxamento das medidas contra a COVID unha vez que a Xunta confirme que xa non estamos en situación de emerxencia sanitaria. Os hostaleiros agardan recuper os horarios e aforos anteriores ó inicio da pandemia. A incidencia está en niveis mínimos, pero haberá que ver como inflúe o aumento de casos noutros países.
E, este xoves reunión importante en Madrid. O presidente da Xunta vaise reunir coa ministra de transición ecolóxica: sobre a mesa asuntos importantes como o futuro de ENCE ou protocolo de transición xusta que afecta á térmicas.
Deportes. O lugo derrota Ás Palmas e sitúase a dous puntos da promoción de ascenso.

Unha empresa de drons de Lalin intenta rescatar os catro cans atrapados entre a lava na illa da Palma.

Parte da operación depende da reacción dos cans, porque deben entrar nunha rede atraidos por un cebo, e logo poder izalos.

O rescate só pode facerse un por un.

Pendentes da decisión do Tribunal Supremo sobre o ERE de Alcoa. Os maxistrados deliberan sobre o recurso presentado pola multinacional contra o fallo do Tribunal Superior de Galicia que anulou o expediente que pretende pechar a fábrica de aluminio e despedir a máis de 600 traballadores.

Os comités ENCE lembran que a Audiencia Nacional non ten a última palabra sobre a permanencia da pasteira na ría de Pontevedra. Consideran fóra de lugar a declaración do Ministerio de Transición Ecolóxica que se refería a unha demolición ordenada da pasteira.

Nestes días, os maiores de 80 anos van ser convocados para poñerlles a dose de reforzo contra a COVID. Acudirán desde o luns. Nos centros de saúde ofreceranlles tamén a vacina da gripe.

Amas e Amos de Casa da Coruña propoñen cotizar para ter dereito a unha xubilación. Trátase de crear un réxime especial, semellante ó dos autónomos, para cobrar unha pensión contributiva.

Diversos colectivos súmanse en Galicia á semana de actividades para reivindicar un tren social, público e sostible. Reclaman a recuperación de liñas e paradas suprimidas, para que o tren sexa unha alternativa ó coche.

Non hai acordo entre a Xunta e o goberno central sobre quèn debe indemnizar ós mariscadores da ría do Burgo namentras se realizan os traballos de dragaxe.
A consellería de Mar sistén que debe ser o goberno porque é o pròmotor das obras.
O goberno pásalle a pelota a Xunta. Di que é quen ten as competencias sobre marisqueo.
Hai 80 familias afectadas.

--- Os traballadores de Alú Ibérica aseguran que á fábrica non lle quedan máis de tres meses de vida se a Xunta e a goberno central non actúan.


--- A depuradora da Coruña seguirá financiando o Covid Bens, o programa que rastrexa o coronavirus a través das augas residuais. Os alcaldes da comarca píden á Xunta implicación económica.

--- A provincia da Coruña contará con un dos dez equipos de Protonterapia para o tratamento do cancro que a Fundación Amancio Ortega dona ó goberno de España


--- Deportes. Preto de 10.000 efeccionados animarán esta tarde ó xuvenil do Deportivo en Riazor. Os coruñeses teñen que remontar un 3 a cero do partido de ida en Polonia para continuar na Youth League.

Os traballadores de alcoa etán pendentes hoxe do Supremo. Este tribunal deliber sobre o recurso presentado pola multinacional contra a anulación do ERE decretada pola xustiza galega. Mentres, os seus compañeiros de Vestas, empresa tamén ameazada de peche, mobilizaránse hoxe diante do Parlamento. Unha xornada na que, precisamente, chegan á camara galega ós orzamentos para o inicio do seu debate.

Este mércores reúnese o comité clínico para debater sobre a situacion na que vai quedr a comuidade cando xa non estea en vigor a situación de emerxencia. Os cambios entrarán en vigor o sábado.

Deportes. Hai xornada de liga en Segunda, o Lugo recibe a partir das nove As palmas.

O tempo: máis nubes, chuvias máis probables nas provincias atlánticas e baixan as tmeperaturas.


A Audiencia Nacional anula por terceira vez nunha sentenza a prórroga concedida en 2016 a ENCE para o seu emprazamento actual na ría de Pontevedra. Ratifica que non está acreditado que a pasteira precise instalarse en dominio público para levar a cabo a súa actividade.


A Garda Civil detivo en Cangas a dous rapaces acusados de agredir sexualmente a dúas menores residentes do centro de acollida Príncipe Felipe de Pontevedra. Mañá pasarán a disposición xudicial.

Dous amigos de Alfoz, con cadansúa explotación apícola, fan dos mellores meles do mundo. Son da nova xeración de apicultores galegos e acadaron a máxima distinción en Galicia e das máis altas a nivel internacional.