Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O Museo da Limia homenaxea ao poeta co gallo do seu centenario.

Falecido en 2004, foi unha das voces poéticas máis destacadas do século XX.

Xa entrou en vigor o decaemento da situación de emerxencia sanitaria, trala publicación no diario oficial de Galicia.... E esta noite amplíanse aforos e horarios na hostalaría

Os presidentes de Andalucía e Galicia defendeN que o financiamento autonómico se decida nunha xuntanza multilateral. Demandan un reparto de fondos equitativo para que os cidadáns poidan ter os mesmos servizos independentemente de onde vivan.

Protesta en Lugo de gandeiros polos baixos prezos da carne.
Chegados desde distintos concellos da provincia denunciaron que, unido ó incremento dos prezos de combustibles ou pensos, fai inviable a actividade.

Trala rebaixa nas peaxes da AP-9 a Xunta busca agora abarata-la AP-53. A autoestrada que une Santiago e Dozón, que é a máis cara de Galicia e que tamén depende do goberno central.

Na Coruña, as familias con nenos cun tratamento por cacro dispoñen dun piso pra evitar desprazamentos diarios ó hospital. nha iniciativa do programa A Radio Conta á que se sumou o concello coruñés.

A agardada reunión entre o presidente da Xunta e a Ministra de Transición Ecolóxica non despexou a dúbida de se Galicia asina o protocolo de Transición Ecolóxica Xusta que permitirá ás bisbarras de As Pontes e Meirama os 111 millóns de euros que aporta a Unión Europea. Feijoo insiste en que a central pontesa debe quedar operativa.

--- O alcalde de Santiago bota en falta partidas específicas para a cidade nos Orzamentos da Xunta. Xosé Sánchez Bugallo di que moitos son proxectos de ámbito autonómico.


--- Os empregados de Alú Ibérica presentaron un recurso ante o Tribunal Supremo co obxectivo de que a actual dirección asuma as obrigas económicas co persoal ás que foi condenada Alcoa, antiga dona da planta da Coruña.

---O Consello de Seguridade Nuclear requírelle á Xunta un estudo radiolóxico sobre a mina de San Finx, na Coruña. Faino a instancias dunha denuncia de Ecoloxistas en Acción.

Desde a próxima media noite Galicia recuper aforos e horarios que non tiña desde que comezou a pandemia. Onde que non hai cambios e no uso da máscara. Ano e medio despois decae tamén a situación de emerxencia e o comité clínico deixará de reunirse de xeito ordinario como facía ata agora.
Este venres protagonismo de novo para ENCE, o ministerio de Trasición ecolóxica comprométese coa súa continuidade en Galicia e busca novos emprezamentos. Onte o presidente da Xunta abordou coa vicepresidenta Teresa Ribera situaicón da pasteira. Hoxe Núñez Feijóo viaxa a Sevilla onde se vai reunir co presidente andaluz, juan Manuel Moreno Bonilla para abordar a futuro da financiación autonómica.
O tempo. Empeza a xornada con nubes pero vai ir clareando e pola tarde quedará prácticamente despexado.

Investigadoras do CSIC estudan as pezas medievais máis valiosas da catedral de Ourense.

Un equipo de TVE foi testemuña do achado dun puñado de terra que podería pertencer á tumba de San Rosendo.

Os gardas do Campus de Vigo terán o apoio dun can robot con cámara de visión térmica. É o primeiro exemplo en Europa de uso dunha rede privada 5G aplicada á seguridade.

A Xunta desactivou a declaracion de emerxencia sanitaria. Así o acordou o goberno no seu consello semanal, segundo ven de comunicar o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. O executivo considera que a situación epidemioloxica xa o permite e que, en todo caso, hai ferramentas para seguir actuando. A Xunta tamén decidiu hoxe permitir a máxima ocupación locais.

O delegado do goberno en Galicia agarda que Núñez Feijóo lle ofreza hoxe á ministra Teresa Ribera unha alternativa a actual ubicación de ENCE. Vanse reunir pola tarde en Madrid.

A Asociación Eólica de Galicia critica a moratoria da Xunta para solicitar novos proxectos a partir de xaneiro. Os grupos ecoloxistas cren que a medida chega tarde.

Comisións Obreiras denuncia o desmatelamento progresivo do sector ferroviario na provincia de Ourense.

Declara no xulgado unha curmá de Déborah Fernández e dous policías. A policía inspeccionou a finais de setembro o coche do principal sospeitoso da morte violenta, exparella da víctima.