Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Xa sabemos as liñas xerais dos orzamentos do Estado para Galicia do ano que ven. Uns orzamentos históricos, en palabras do delegado do goberno, que incrementan un 29 por cento o investimento na comunidade ata un total de 1.075 millons de euros. A piques de rematarse o AVE, recibe un impulso a renovación da rede ferroviaria convencional, especialmente o corredor atlántico de mercadorías

Os sindicatos sanitarios esíxenlle ó Sergas que aplique xa medidas de mellora na atención primaria. Denuncia que as perfiladas hai dous anos seguen sen aplicarse porque o SERGAS non considera vinculantes as conclusións.

A Ciga pide un control dos paros no sector da automoción. Considera que as empresas están cumprindo as previsións de producción e os traballadores son os únicos que sofren as consecuencias da crise.

Os viticultores aseguran que seguen sen coñecer o prezo da uva antes da vendima. Unións Agrarias quere que ás axudas ás adegas se vinculen a un contrato

A Audiencia da Coruña condena a Unión Fenosa e Gas Natural por facturar con consumos estimados. O procedemento é consecuencia dunha demanda dos consumidores á que se sumou á fiscalía de Galicia

Tres millóns de euros. É a partida consignada para o tren ó porto exterior da Coruña, en Punta Langosteira, nos orzamentos xerais do Estado para 2022. É a primeira dotación orzamentaria para esta infraestructura.

Tamén se prevén 36 millóns en 2023, 26 en 2024 e 38 en 2025

O orzamento total é de 157 millóns, aos que hai engadir outros 14 para a realización das obras de accesibilidade na rede ferroviaria interior.

Para a dragaxe da ría do Burgo, os orzamentos do estado do ano que ven inclúen case 15 millóns de euros. Esta orzamentada en 32.

O proxecto está pendente dun recurso sobre a adxudicación dos traballos.

O delegado do goberno en Galicia, José Miñones, confía en que se resolva en tres meses.

O presidente da Xunta anuncia a creación dunha delegación do goberno galego en Ferrol.

Foi no Parlamento, durante o debate sobre o Estado da Autonomía.

Núñez Feijoo criticou ó goberno central. Acúsao de atacar ó tecido industrial de Galicia e, nomeadamente, a Ferrolterra.

Os orzamemtos xerais do Estado para 2.022 consigan unha partida de 3 millóns de euros para o tren ó porto exterior da Coruña.

O concello de Ferrol aproba a iluminación de Nadal para este ano e para 2022.

O Partido Popular propón que o concello de Santiago asuma a xestión directa das multas de tráfico.

No tempo da entrevista, falaremos co xerente da Universidade de Santiago, Javier Ferreira, sobre a Facultade de Farmacia.

O debate do Estado da autonomía deixa poucas concrecións e constata unha gran distantica entre a Xunta é a oposición.

A novidade, Núñez Feijóo anunciou que a gratuidade das gardarías se amplía a tódo-los nenos.

Un debate eclipsado en parte polos orzamentos do estado que supoñen un increento dos investimentos en Galicia, ata os 1074 millóns.

Polo demáis, a nova reunión da mesa de Vestas acabou sen ningún avance.

O tempo... hoxe poden aparecer algunhas nubes altas e baixarán lixeiramente as temperturas máximas.

A crise industrial, a situación dos servizos públicos en Galicia: a sanidade, a educación... centraron esta tarde o debate sobre o estado da Autonomía. A oposición acusa o seu deterioro e o presidente da Xunta e o PP defenden o seu modelo de Goberno.

E hoxe chegou ao Congreso a proposta de presupostos xerais do estado, unhas contas que prevén un investimento en Galicia de máis de mil millóns de euros.

De contado ampliamos esta e outras novas.

Último concerto mañá, no Teatro Rosalía, con ópera e zarzuela dos grandes compositores. Interpretan a soprano María José Moreno e o barítono Juan Jesús Rodríguez. Está dedicado ás persoas que faleceron na pandemia.

As escolas infantís serán totalmente gratuítas en Galicia a partir do próximo curso, tanto as públicas como a privadas, independentemente no número de fillos. A medida beneficiará a uns 10.000 nenos. // Galicia porá fin a próxima semana ao estado de emerxencia sanitaria vixente dende marzo de 2020. Un paso cara a normalidade, Ainda que as restricións non desaparecerán por completo. // Satisfacción no sector turístico e a hostalaría polo resultado de actividade durante a ponte festiva. A ocupación rozou o pleno en moitos puntos, e superou o 90 por cento en prácticamente toda Galicia, favorecida polo incremento de viaxeiros nacionais.// A soprano María José Moreno e o barítono Juan Jesús Rodríguez, no remate da edición deste ano do Festival de Lírica da Coruña. Concerto dedicado aos falecidos pola pandemia, con zarzuela e ópera no teatro Rosalía. (13/10/2021)

Galicia porá fin a próxima semana ao estado de emerxencia sanitaria vixente dende marzo de 2020. Un paso cara a normalidade, Ainda que as restricións non desaparecerán por completo. // O Presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, formalizou hoxe a presentación dos avais necesarios para a sua candidatura á secretaría xeral do PSdeG-PSOE. // Os casos activos baixan hoxe de 500, son 495, 13 menos que o día anterior e contabilízanse 31 contaxios novos. Nos hospitais son 45 os pacientes ingresados con covid, seis menos, e nove permanecen nas UCI. // Un dos violinistas con máis sona mundial, o libanés Ara Malikian actúa esta semana en Galicia. Nova xira,'Le Petit Garage' que é un percorrido sonoro por un mundo de pandemia. Acompañado ao piano por Iván Melón Lewis interpretarán as cancións do novo disco dende un punto de vista máis clásico. (13/10/2021)

Segue o panorama de ceos moi despexados, con apenas algunha néboa matinal illada en puntos do interior. O máis chamativo é, de novo, a gran oscilación térmica ao longo do día, ao pasar dende mínimas como os 7 graos de Ourense, aos máis de 23 en tódalas cidades, cunha máxima de 28 en Pontevedra. (13/10/2021)

As escolas infantís serán totalmente gratuítas en Galicia a partir do próximo curso, tanto as públicas como a privadas, independentemente no número de fillos. A medida beneficiará a uns 10.000 nenos. // Galicia porá fin a próxima semana ao estado de emerxencia sanitaria vixente dende marzo de 2020. Un paso cara a normalidade, Ainda que as restricións non desaparecerán por completo. // Satisfacción no sector turístico e a hostalaría polo resultado de actividade durante a ponte festiva. A ocupación rozou o pleno en moitos puntos, e superou o 90 por cento en prácticamente toda Galicia, favorecida polo incremento de viaxeiros nacionais.// A soprano María José Moreno e o barítono Juan Jesús Rodríguez, no remate da edición deste ano do Festival de Lírica da Coruña. Concerto dedicado aos falecidos pola pandemia, con zarzuela e ópera no teatro Rosalía.(13/10/2021)

Debate sobre o estado da autonomía no parlamento galego, coa intervención esta mañá do presidente da Xunta, que puideron escoitar integramente en Radio 5. Arrincou cun minuto de silencio en recordo do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez. No seu recordo, Alberto Núñez Feijóo adiantou que os orzamentos estarán listos en tempo e forma, e que traerán novidades en materia de impostos e unha aposta polo tecido industrial... A oposición considera que Núñez Feijóo actuou máis como presidente do Partido Popular que como presidente da Xunta.

Comeza en Santiago unha nova reunión para abordalo futuro da fábrica de VESTAS.

A Audiencia Nacional constata irregularidades económicas na xestión de Alú Ibérica.

A suba da electricidad complica a actividade das depuradoras e cetáreas de marisco de Galicia

O Concello de Pontevedra reabrirá o recinto feiral como zona de botellón.

A próxima semana a Xunta aprobará o proxecto de orzamentos para 2022, segundo vai anunciar hoxe no Parlamento o presidente Núñez Feijóo. Tal é como adiantou mentres preparaba a intervención, a través da lei de acompañamento incluirán unha rebaixa de impostos. Outro anuncio previsto, o fin da situación de emerxencia.

O debate empeza ás dez.... pola tarde intervirán os portavoces da oposición.

Xa sabiamos que aumentan os delitos por internet...pero a Garda civil concretou o incremento: un 78 por cento máis nos primeiros 8 meses deste ano.

E hoxe Castroverde vaille dar o último adeus a Paco Pestana.

Alberto Núñez Feijóo foi un dos tres presidentes autonómicos que non acudiu ós actos organizados en Madrid con motivo da festa da hispanidade. Coma os outros líderes políticos galegos prepara o deate de política xeral que comeza mañá no Parlamento.

A Xunta xa adiantou que no seu discurso o presidente galego anunciará que a partir da vindeira semana decae a situación de emerxencia decretada a cando empezou a pandemia.

O epidemiólogo Juan Gestal cré que se dan as circunstancias para face-lo, aínda que despois de dous meses de descenso ininterrumpido hoxe repuntan os casos activos. Tamén subiron os novos contaxios e as hospitalizacions.

Falece o escultor Paco Pestana.

As artes plásticas galegas perderon nas a un dos creadores máis orixinais e irreverentes das últimas décadas. Faleceu de xeito repentino ós 72 anos.